Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-252/97 e P- 259/97 (pesca fluvial-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio

da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora da Delegación Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: E.N. 252/97.

Denunciado: Feliciano Vidal Miranda.

Último enderezo coñecido: Viso-Tuimil, 30. Redondela.

Feito denunciado: navegar con pneumáticos inchados entorpecendo a práctica da pesca no couto de Soutomaior. Feitos denunciados o día 15 de agosto de 1997, no río Oitavén, lugar de Aranza, Concello de Soutomaior.

Precepto infrinxido: artigo 33.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33.8º da Lei 7/1992 de pesca fluvial.

Sanción: 5.000 ptas.

Expediente: E.N. 259/1997.

Denunciado: Nor-Ibérica, S.A.

Último enderezo coñecido: Petelos s/n. Mos.

Feito denunciado: provoca-lo enturbamento das augas do río Perral polo vertido de substancias procedentes da dita industria, ocasionando a alteración das condicións de habitabilidade piscícola con dano para esta riqueza. Feitos denunciados o día 18 de setembro de 1997, no río Perral, lugar de Petelos, no Concello de Mos.

Precepto infrinxido: artigo 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 35.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 550.000 ptas.

3708