Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores E.N. 47/97 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles, ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Para os efectos previstos no Art. 19 do Real Decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5-º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: E.N. 47/97.

Denunciado: José Luís Fortes Soliño.

Último enderezo coñecido: r/ Mantela, nº 1 Lourido, Vigo.

Feito denunciado: estacionar un vehículo nas dunas da Lanzada, alterando as condicións do espacio natural protexido. Feitos denunciados o día 3 de agosto de 1997, na Lanzada, no concello do Grove.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4(1989 de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 ptas.

Expediente: E.N. 77/97.

Denunciado: Alfonso Carlos Flórez Díaz.

Último enderezo coñecido: r/ García, nº 28, 1 Xixón (Asturias).

Feito denunciado: estacionar nun lugar de acceso prohibido no Complexo Intermareal Umia-O Grove. Feitos denunciados o día 21 de setembro de 1997, na lagoa Bodeira, no concello do Grove.

Precepto infrinxido: Art. 38.2º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38.2 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: E.N. 90/97.

Denunciado: Manuel Ángel Piñeiro Riveiro.

Último enderezo coñecido: Señorío de Amoáin, 3-D. Mendillorri, Valle de Egües (Navarra).

Feito denunciado: acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos denunciados os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, concello de Bueu.

Precepto infrinxido: Art. 38.3º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38.3º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

3707