Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador E.N. 16/97 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) Oficina Principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial da Consellería de Medio

Ambiente

ANEXO

Expediente: E.N. 16-97.

Denunciado: Julio Fernández Soto.

Último enderezo coñecido: r/ Tomás A. Alonso, nº 24 Vigo.

Feito denunciado: realizar un voo rasante a baixa altura sobre A Lanzada molestando as aves. Feitos acontecidos o día 8 de febreiro de 1997, na praia da Lanzada, concello do Grove.

Precepto infrinxido: Art. 26.4º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 26.4º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.001 ptas.

Expediente: E.N. 31/97.

Denunciado: Luis Alberto Mínguez Parada.

Último enderezo coñecido: Toural, nº 15 Vilaboa.

Feito denunciado: Ter en catividade sen autorización unha curuxa laiona, especie catalogada de interese especial polo R.D. 439/1990. Feitos acontecidos o día 30 de marzo de 1997, no lugar de Cavadachán, no concello de Vilaboa.

Precepto infrinxido: Art. 38 da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38 da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 15.000 ptas.

Expediente: E.N. 112/97.

Denunciado: Susana Santomé Romero.

Último enderezo coñecido: Casal, 95 Moaña.

Feito denunciado: Acampar sen autorización en Chan da Pólvora. Feitos acontecidos os días 15, 16 e 17 de agosto de 1997, na illa de Ons, no concello de Bueu.

Precepto infrinxido: Art. 38.3º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: Art. 38.3º da Lei de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 10.000 ptas.

3706