Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada con data 5 de marzo de 1998 aprobou a modificación das seguintes bases incluídas na oferta pública de emprego de 1997 e que foran aprobadas pola Corporación Municipal en sesión do 30-12-1997, sendo o texto delas o seguinte:

Bases para a provisión en propiedade polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de aparellador (arquitecto técnico), incluída na oferta pública de emprego para 1997.

1. Obxecto da convocatoria.

A provisión, polo procedemento de concurso-oposición, dunha praza de aparellador (arquitecto técnico) incluída na oferta de emprego público para 1997, e encadrada na escala de Administración especial, subescala: técnica, clase: técnico medio e categoría aparellador (arquitecto técnico), dotada coas retribucións correspondentes ó grupo B, do artigo 25 da Lei 30/1984, e demais emolumentos acordados por esta corporación e concretados na correspondente relación orzamentaria.

As bases da convocatoria publicaranse integramente no BOP, no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de edictos do concello, anunciándose un extracto da mesma no Boletín Oficial del Estado. Os anun

cios sucesivos inseriranse soamente no primeiro dos boletíns citados, e no taboleiro de edictos.

2. Condicións dos aspirantes.

Para participar nas probas selectivas, os aspirantes terán de reuni-las seguintes condicións:

a) Ser de nacionalidade española.

b) Ter cumpridos os 18 anos de idade ou te-la idade que a convocatoria estableza como mínima antes de que finalice o prazo de presentación de instancias, e non excede-la idade establecida como máximo para o ingreso no corpo ou escala.

c) Posuí-lo título de aparellador ou arquitecto técnico.

d) Non padecer enfermidade ou eiva física que impida o normal exercicio da función.

e) Non estar incurso en causa de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

f) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter aboado o importe dos dereitos de exame ou resgardo do xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, que se fixa en 2.500 pesetas. Estaran exentos do pagamento dos dereitos de exame os parados que o xustifiquen documentalmente con certificado expedido pola Oficina de Emprego.

Os dereitos de exame só serán devoltos a quen non foran admitido ás probas selectivas por non reuni-los requisitos esixidos.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, polo menos ata a data do nomeamento.

3. Presentación de instancias.

As instancias para tomar parte no concurso oposición serán dirixidas ó alcalde-presidente da corporación, facendo constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos esixidos na base anterior, e presentaranse no prazo de vinte días naturais a partir do seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias presentaranse directamente no rexistro xeral da corporación ou a través do procedemento establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Á instancia uniranse os documentos xustificativos dos méritos que se aleguen mediante orixinais ou fotocopias compulsadas, pois non se tomarán en consideración nin serán avaliados aqueles que non que

den debidamente acreditados, en tódolos seus extremos, no momento de presentación de instancias.

4. Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, o presidente da corporación dictará resolución pola que se aprobará a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada no BOP e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, concedéndose un prazo de dez días para reclamacións:

As ditas reclamacións, se as houbera, serán resoltas polo órgano que aprobou a lista provisional, aprobándoas ou rexeitándoas e aprobando a lista definitiva, que será publicada na mesma forma que aprovisional. Nesta mesma resolución incluirase a composición do tribunal e ahora de comezo dos exercicios.

5. Tribunal cualificador.

O tribunal estará composto polos seguintes membros:

-Presidente: o da corporación ou membro dela en quen delegue.

-Secretario: o da corporación ou funcionario dela en quen delegue.

-Vocais:

Un representente designado pola Comunidade Autónoma.

Un funcionario de carreira do grupo A da corporación.

O secretario do concello ou funcionario en quen delegue.

Un técnico nomeado pola corporación.

Un funcionario de habilitación nacional nomeado pola corporación.

Un representante dos traballadores.

Un representante de cada grupo político municipal.

A composición do tribunal farase pública no BOP, e contra os nomeados poderán os aspirantes facer uso do dereito de recusación cando concorran as circunstancias determinadas na lei.

O tribunal quedará integrado ademais polos respectivos suplentes. Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente. En todo caso requirirase a asistencia do presidente eo secretario, ou persoas nas que delegue.

Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándoo á autoridade convocante, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando realizaran tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación da correspondente convocatoria.

Tamén poderá disporse a incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios, que estimen pertinentes, limitándose os asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas.

6. Comezo e desenvolvemento dos exercicios.

Os exercicios da oposición non poderán comezar ata transcorridos dous meses desde a data na que apareza publicada a presente convocatoria no BOP, anunciado quince días antes de comeza-lo primeiro exercicio, no mesmo medio, o día, hora e local no que terá lugar. Este anuncio poderá ser substituído por citación persoal ós aspirantes, debendo constar no expediente a xustificación de terse recibido a notificación. A convocatoria para os seguintes exercicios será efectuada no taboleiro de edictos da Casa do Concello, debendo transcorrer, como mínimo, corenta e oito horas entre a celebración dun exercicio e o comezo do seguinte. Os opositores serán convocados para cada exercicio en chamamento único, agás casos de forza maior debidamente xustificados e apreciados libremente polo tribunal. Acreditarán a súa personalidade coa exhibición do DNI.

7. Exercicios da oposición.

Fase do concurso.

Non terá carácter eliminatorio e nela avaliarase:

a) Por servicios prestados na Administración local en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, en igual posto de traballo, como funcionario de carreira, interino, comisión de servicios, laboral a xornada completa ou con contrato de prestación de servicios a xornada completa, por cada ano completo de servicios 1,50 puntos, ata un máximo de 6 puntos.

Se os servicios non prestaron a xornada completa avaliarase en proporción á xornada prestada. Tendo en conta que a xornada completa enténdese que é de 37,5 horas semanais.

Se os servicios se prestaron en concellos con plan xeral ou normas subsidiarias e complementarias de planeamento definitivamente aprobadas, incrementarase a puntuación anterior en 0,5 puntos por ano, ata un máximo de 2 puntos.

En ningún caso a puntuación total outorgada por este apartado a) poderá supera-los 8 puntos.

Estes méritos acreditaranse mediante certificación expedida pola entidade na que fosen prestados os servicios, debendo constar nas mesmas as circunstancias acreditativas dos méritos a baremar.

b) Por servicios prestados noutras administracións distintas da local ou na empresa privada, en igual posto de traballo, a xornada completa: por cada ano completo de servicios 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

Se os servicios non se prestaron a xornada completa avaliarase en proproción á xornada prestada. Tendo en conta que a xornada completa entendese que é de 37,5 horas semanais.

Este mérito acreditarse mediante certificado expedido pola entidade pública na que se prestaron os servicios ou por certificado expedido pola Seguridad Social, se se prestaron na empresa privada.

c) Por realizacion de cursos en materia de Urbanimo e Medio Ambiente (cunha puntuación máxima de 2,00 puntos neste apartado):

Por cada curso de menos de 40 horas: 0,20 puntos.

Por cada curso de 40 a 100 horas: 0,50 puntos.

Por cada curso de máis de 100 horas: 2,00 puntos.

A acreditación destes méritos efectuarase mediante certificado expedido polo organismo ou entidade organizadora dos cursos.

d) Por coñecemento da lingua galega:

Curso de iniciación: 1 punto.

Curso de perfeccionamento: 2 puntos.

Caso de terse os dous, unicamente estimarase o de maior puntuación e acreditaranse con certficado oficial da Xunta de Galicia.

A puntuación obtida nesta fase será publicada no taboleiro de edictos do concello e en ningún caso poderá ser aplicada co fin de supera-los exercicios da fase de oposición.

Fase da oposición:

A oposición comporase dos seguintes exercicios:

Primeiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio, consistirá en desenvolver por escrito, nun período máximo de tres horas, dous temas elexidos de entre catro sacados ó chou dos comprendidos na parte de materias específicas do programa achegado ás bases.

Segundo exercicio: obrigatorio e eliminatorio, consistirá en responder por escrito un tema de entre tres sacados ó chou dos temas que figuran no programa de materias comúns, durante un tempo máximo de unha hora.

Terceiro exercicio: de carater obrigatorio, práctico e eliminatorio, consistirá en redactar un informe/s, ou caso/s práctico/s referente a materias urbanísticas e relacionado co termo municipal de Fene.

Para a realización deste exercicio entregarase ós opositores a documentación necesaria, debendo acudir provisto do material de consulta e debuxo que estimen axeitado. O prazo máximo de realización deste exercicio será de catro horas.

Cuarto exercicio.-de carácter obrigatorio e non eliminatorio consistirá na traducción directa do castelán para o galego, dun texto proposto polo tribunal inmediatamente antes da celebración do exercicio, nun tempo máximo de 30 minutos.

8. Cualificación dos exercicios e resolución do concurso-oposición.

Os catro exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos, sendo preciso acadar un mínimo de 5 puntos en cada un deles para superalos, sendo o cuarto exercicio obrigatorio e non eliminatorio polo que a puntuación deste sumarase á obtida no resto das probas.

9. Relación de aprobados, presentación de documentación e nomeamento.

Rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunal publicará a relación de aprobados, por orde de puntuación, que de acordo co establecido na vixente lexislación, non poderá supera-lo número de prazas convocadas, que neste caso é de unha, e remitirá a proposta de nomeamento xuntamente coa acta da última sesión ó presidente da corporación a quen compete face-lo nomeamento correspondente.

O opositor proposto presentará na secretaría do concello, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir da publicación da lista de aprobados, os documentos acreditativos das condicións que para tomar parte na oposición se esixen na base segunda, e que son:

1. Fotocopia do DNI (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa).

2. Copia auténtica ou fotocopia (que se presentará acompañada do orixinal para a súa compulsa) do título de aparellador ou arquitecto técnico.

3. Declaración xurada de non atoparse incurso en causa de incapacidade ou inhabilitación para o exercicio de funcións públicas, así como non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

4. Certificado de non padecer enfermidade ou defecto físico que imposibilite o normal exercicio da función.

5. Os que tivesen a condición de funcionarios estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa demostrado para obte-lo seu anterior nomeamento, debendo presentar certificación da Administración á que pertenza.

Dentro do prazo indicado, agás os casos de forza maior, os opositores propostos que non presenten a súa documentación ou non reuniran os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados e quedarán anuladas tódalas súas actuacións, sen prexuízo das responsabilidades nas que poideran incorrir por falsedade.

No prazo dun mes, a contar da notificación do nomeamento, os aspirantes nomeados deberán tomar

posesión do seu cargo, prestando xuramento ou promesa de conformidade co disposto no R.D. 707/1979, do 5 de abril, quedando en situación de cesante cando, sen causa xustificada, non o fixesen dentro do prazo sinalado.

10. Resolución de dúbidas.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e para toma-los acordos necesarios para o bo orde do concurso-oposición en todo o non previsto nas bases.

11. Impugnación da convocatoria e dos seus actos.

A presente convocatoria e as súas bases poderán recorrerse mediante a interposición do oportuno recurso. Os actos administrativos derivados da convocatoria e da actuación dos tribunais poderán ser impugnados polos interesados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Programa

Materias comúns:

1. A Constitución española de 1978: concepto e características. Estructura e contido. Principios básicos da Constitución. Reforma da Constitución.

2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

3. Organización da Administración xeral do Estado: principios básicos e organización administrativa, Órganos da Administración xeral do Estado: centrais, territoriais, exteriores e colexiados.

4. A Administración local. A provincia: características, elementos e competencias. O municipio: características, elementos e competencias. Outras entidades locais.

5. A autonomía galega: orixe e evolución. O Estatuto de autonomía de Galicia: estructura e contido.

6. O Parlamento de Galicia: composición, sistema electoral, constitución e organización. A Xunta de Galicia. O presidente: funcións, nomeamento e cesamento.

7. O municipio: territorio, poboación e organización. Eleccións municipais: de concelleiros, do alcalde e constitución da corporación.

8. Os bens das entidades locais: clasificación, réxime xurídico, afectación e potestade respecto ós bens. Inventario de bens municipais. As facendas locais: sistema de recursos e réxime orzamentario.

9. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación. Principios informadores.

10. Fase do procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. O silencio administrativo.

11. O orzamento: concepto e xustificación. Principios orzamentarios: políticos, económicos e contables.

12. A Lei xeral orzamentaria: introducción, estructura e principios xerais. Os ingresos públicos: concepto e clasificación.

Materias específicas:

1. Planeamento xeral: contido. Planos xerais municipais de ordenación urbana: concepto, ámbito, finalidades e obxecto. Ordenación dos municipios sen plan de ordenación. Normas complementarias e subsidiarias de planeamento: determinación e clases.

2. Programas de actuación: concepto, determinacións e documentos. Plans parciais: concepto, obxecto e contido. Estudios de detalle.

3. Plans especiais: concepto, natureza, obxecto e finalidade. Plans especiais de reforma interior.

4. Áreas de reparto: concepto e delimitación. Aproveitamento tipo: ámbito de aplicación. Cálculo do aproveitamento tipo. Inaplicación do aproveitamento tipo.

5. Clasificación do solo como concepto básico. Clasificación e calificación do solo. Concepto de soar.

6. Réxime do solo non urbanizable: destino, prohibicións e autorizacións. Réxime do solo urbanizable non programado.

7. Réxime do solo urbano e urbanizable: facultades urbanísticas da propiedade, dereitos e deberes básicos dos propietarios.

8. Expropiacións urbanísticas: concepto. Supostos expropiatorios. Superficies expropiables e constitución de servidumes. Prezo xusto. Procedemento de expropiación individual. Reversión de terreos. Supostos indemnizatorios.

9. Valoracións urbanísticas: disposicións xerais. Valoración de terreos. Valoración de terreos a obter por expropiación. Valoración do solo urbano sen aproveitamento tipo. Valoración de obras e outros bens.

10. Execución do planeamento: disposicións xerais. Unidades de execución: definición, funcións e delimitacións. Sistemas de desenvolvemento das unidades de execución.

11. Actuacións asistemáticas no solo urbano: antecedentes. Transferencia de aproveitamentos: modalidades. Obtención de terreos dotacionais: modalidades de obtención.

12. Parcelacións: concepto e características. Supostos de indivisibilidade. Licencias de parcelación. Reparcelación: concepto e obxecto. Procedemento e formulación da reparcelación.

13. Licencias urbanísticas: actos suxeitos a licencia. Protección da legalidade urbanística. Infraccións urbanísticas: definición, tipificación e prescrición. Persoas responsables.

14. Declaración de ruína: regulación legal e concepto. Supostos de ruína. Clases de ruína. Procedemento: iniciación e tramitación. Efectos.

15. Regulamento xeral de policía de espectáculos públicos e actividades recreativas: ámbito de aplicación. Licencias municipais e procedementos en: obras de nova planta, obras de adaptación e reforma, e apertura de locais e recintos.

16. Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas: obxecto e ámbito de aplicación. Clasificación das actividades e emprazamentos. Esquema de tramitación de licencia.

17. Lei de contratos das administracións públicas: ámbito de aplicación. Disposicións comúns ós contratos das administracións públicas. Requisitos para contratar coa Administración: clasificación e rexistro de empresas.

18. Adxudicación dos contratos: procedementos e formas da adxudicación. Normas xerais de procedemento. O procedemento restrinxido. Procedemento negociado. Revisión de prezos. Extinción dos contratos.

19. O contrato de obras: disposicións xerais. Execución e modificación do contrato de obras. Extinción do contrato de obras. Execución de obras pola Administración.

20. PXOU/REV. 81: actos suxeitos a licencia. Procedemento e contido. Caducidade das licencias. Prazos e suspensión. Deficiencias emendables e non emendables.

21. PXOU/REV. 81: Normas xerais sobre a ordenación: definición e composición das ordenanzas. Condicións de aproveitamento e volumetría sobre: o solo, o aproveitamento, a forma de materializalo, e posición en planta do volume edificado.

22. PXOU/REV. 81: normas xerais sobre tipoloxías edificatorias: definición e clases. Definición e características dos corpos e elementos saíntes da edificación. Entrantes na liña de fachada. Cubertas.

23. PXOU/REV. 81: regulación de usos: tipos e clases. Usos provisionais. Regulación do uso industrial: categorías. Regulación do uso de aparcamento: definición e características.

24. PXOU/REV. 81: normas xerais de urbanización e uso dos espacios exteriores: obras de urbanización e protección do espacio exterior. Normas xerais estéticas: niveis.

25. PXOU/REV. 81: sistemas: definición, clases e obtención. Sistema viario: definición e clases. Cesións de tereos. Sendas e servidumes de paso. Edificacións fóra de ordenación.

26. PXOU/REV. 81: solo urbano: definición e ámbito. Zonificación. Desenvolvemento do Plan xeral no solo urbano: unidades de actuación e convenios urbanísticos. Ordenanza en rueiro pechado.

27. PXOU/REV. 81: ordenanzas tipo en lineal mixto e unifamiliar.

28. PXOU/REV. 81.: ordenanzas de solo urbano en: rueiro, ordenación actual, industrial e espacios libres.

29. PXOU/REV. 81.: regulación do solo non urbanizable: definición e división do solo non urbanizable. Usos residenciais no solo non urbanizable: tipoloxía edificatoria, condicións específicas e condicións de vivenda. Definición de formación de núcleo.

30. PXOU/REV. 81.: usos non residenciais no solo non urbanizable: definición, clasificación e condicións xerais. Condicións xerais de protección do solo non urbanizable.

31. PXOU/REV. 81.: catálogo de edificacións: definicións e obxectivos. Protección integral catálogo, obras permitidas e usos. Protección estructural: catálogo, obras permitidas e usos.

32. Demolicións de edificacións: ámbito de aplicación. Criterios de deseño. Criterios para demolición de elementos constructivos. Condicións de seguridade.

33. Explanacións e baleirados: ámbito de aplicación. Criterios de deseño. Especificacións. Condicións de seguridade.

34. Pavimentos de formigón: ámbito de aplicación e vantaxes destes pavimentos. Tipos de firmes. Parámetros básico no cálculo do pavimento. Determinación de parámetros.

35. Rede de saneamento: ámbito de aplicación. Criterios de deseño. Especificacións. Dimensionamento. Condicións de seguridade.

36. Medicións e valoracións: criterios de medición das unidades de obra. Prezos unitarios, auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas. Orzamento execución material e de contrata.

37. Sistemas de depuración de augas residuais para pequenos municipios. Características e natureza das augas residuais. Pretratamento: obxectivos e elementos. Tratamento primario e secundario.

38. Iluminación exterior: ámbito de aplicación. Criterios de deseño. Cálculo das separacións. Condicións de seguridade.

39. Abastecemento de auga: ámbito de aplicación. Criterio de deseño. Especificacións. Condicións xerais de execución e de seguridade no traballo.

40. Infraestructuras urbanísticas básicas. Obras públicas: concepto e clases. Estradas: clasificación, uso e defensa. Abastecemento de auga, saneamento e subministración de enerxía. Praias e costas.

41. NBE-CA-88 sobre condicións acústicas nos edificios: obxecto e ámbito de aplicación. Condicións dos elementos constructivos. Condicionantes do medio: fontes de ruído externas e internas.

42. NBE-CPI-96 sobre condicións de protección contra incendios nos edificios: obxecto, ámbito e réxime de aplicación. Restriccións e cálculo da ocupación. Dimensionamento de saídas e escaleiras. Sinalización e iluminación. Instalacións de protección contra incendios.

43. LSG 1/1997: os instrumentos de ordenación: normas provinciais. Directrices de ordenación do territorio. Plan xeral municipal de ordenación. Proxectos de ordenación do medio rural. Plans parciais. Plans especiais. Outros instrumentos.

44. LSG 1/1997: clasificación do solo. Réxime das distintas clases de solo. Prazos para o cumprimento dos deberes urbanísticos. Caducidade das licencias.

45. LSG 1/1997: áreas de reparto. Aproveitamento tipo. Instrumentos para a distribución das cargas e beneficios. A reparcelación. As transferencias de aproveitamento urbanísticos.

46. LSG 1/1997: execución dos planos de ordenación. Sistemas de actuación: compensación, cooperación e expropiación.

47. LSG 1/1997: obtención de terreos destinados a sistemas dotacionais. Patrimonio municipal do solo. Dereito de superficie. Dereitos de tanteo e retracto.

48. Lei 1/1995 de protección mabiental de Galicia: obxecto, principios e ámbito de protección. Clasificación do grao de protección e aspectos xerais delas. Infraccións e sancións.

Estas bases permanecerán expostas ó público na secretaría do concello por espacio de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, para os efectos de reclamacións.

Fene, 7 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

3527