Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOECHE

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade axudicadora.

a) Organismo: Concello de Moeche.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 27/1998.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: saneamento en Labacengos, 1ª fase.

b) lugar de execución: Labacengos.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total 5.730.077 ptas, IVE incluído.

5. Garantías. Provisional: 114.602 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de axudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Concello de Moeche. Enderezo: Campos do Foxo s/n. Localidade e código postal: Moeche, 15563. Teléfono: 40 40 06. Fax: 40 42 00.

Data límite de obtención de documentos e información: ata as 13 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: dentro do prazo de 26 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio de licitación no BOP ou no DOG, en horario de 9 a 13 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a documentación presentarase en tres sobres pechados: o sobre A, subtitulado oferta económica conterá a proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que figura no anexo II do prego tipo mediante concurso. Os sobres B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes e C, subtitulado referencias técnicas, coa documentación esixida na cláusula 12 do prego tipo mediante concurso.

c) Lugar de presentación: Concello de Moeche (rexistro). Campos do Foxo s/n. 15563. Moeche.

9. Apertura das ofertas.

a) Data: o quinto día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións. No caso de coincidir en sábado, transladarase ó luns seguinte.

b) Hora: ás 10 horas.

10. Gastos dos anuncios.

Os gastos correspondentes ós anuncios de llcitación serán por conta do adxudicatario.

Moeche, 13 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

3869