Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.300

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TESOURERÍA XERAL DA SEGURIDADE SOCIAL.

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se anuncia a terceira poxa pública para o alleamento dun inmoble da súa propiedade.

Resolución da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo pola que se anuncia a terceira poxa pública para o alleamento dun inmoble da súa propiedade.

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 11 de xuño de 1996, autorizou a Tesourería Xeral da Seguridade Social para allear un inmoble da súa propiedade; declarada deserta a segunda poxa pública mediante resolución da Dirección Xeral da Tesourería Xeral da Seguridade Social do 20 de xaneiro de 1998, convócase a segunda poxa pública para o alleamento do seguinte inmoble:

Urbana: vivenda do piso primeiro da casa número vintetres da rúa Río Neira da cidade de Lugo, dunha superficie aproximada de 215 metros cadrados.

Tipo mínimo de licitación: 6.147.184 pesetas.

Prego de condicións: os pregos de condicións poderanse retirar na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social de Lugo, Plaza de Ferrol, 11, 1ª planta de Lugo.

Data e lugar da poxa: a poxa dará comezo ás dez horas do día no que se cumpran vinte días hábiles, contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (ou seguinte hábil se fora sábado), na primeira planta da citada dirección provincial.

Lugo, 16 de abril de 1998.

Julio Veloso Balboa

Director provincial da Tesourería Xeral

da Seguridade Social de Lugo