Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (78/1997).

A Alcaldía-delegada para a Área de Urbanismo, con data do 3 de abril de 1998, dictou resolución do seguinte teor:

«1. Aprobar inicialmente o proxecto de expropiación forzosa redactado polos servicios municipais para a total apertura da rúa do parque eliminando un estreitamento existente ó final dela na súa confluencia coa rúa Santo Tomás, anexo á casa núm. 7 desta rúa, da que o custo previsto de execución ascende á cantidade de cinco millóns duascentas cincuenta e sete mil novecentas catorce (5.257.914) ptas., en relación co gasto do cal será praticada a

oportuna retención de crédito por parte da intervención municipal.

2. Optar, para a execución do citado proxecto, polo procedemento de taxación conxunta.

3. Somete-lo citado proxecto ó trámite de información pública polo termo dun mes, o que se formalizará mediante a inserción dos correspondentes anuncios en prensa e diarios oficiais, así como a notificación persoal ós interesados nos termos que prevé o artigo 144.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, todo iso para efectos de que durante o citado prazo poida ser consultado este nas dependencias do Servicio de Urbanismo desde ese concello, de luns a venres entre as 12 e as 13.30 horas, e poidan presentarse cantas alegacións se estimen oportunas en relación co obxecto do expediente».

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 145.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertíndolles ós posibles interesados que a consulta do expediente poderá facerse nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo de luns a venres entre as 12 e as 13.30 horas.

Alcaldía da cidade da Coruña, 3 de abril de 1998.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

3406