Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (425/1997).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o eu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo nº 425/1997 se dictou sentencia, con data do 13 de abril de 1998, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

Vistos, por José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado baixo o número 425 de 1997, entre partes, dunha como denunciante Banco Pastor, S.A., representado en autos polo procurador Regueiro Muñoz, coa dirección do letrado García Fernández, e da outra como denunciados, María Teresa Ramos Vigo, en nome propio e como representante legal da súa filla menor de idade, Ángeles Pájaro Ramos, María Concepción, Manuel, Domingo, Lucía, Sandra e María José Pájaro Ramos, representados nos autos pola procuradora Sánchez Silva, coa dirección do letrado Santiago Pérez, á entidade Recauchutados y cubiertas MAYPA, S.L., incomparecida e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido: coa desestimación da demanda executiva, declaro que non corresponde en dereito dictar sentencia de remate, impoñéndose as custas ó executante (Banco Pastor, S.A.), a quen, non obstante, se lle reservan accións a exercitar no procedemento declarativo correspondente.

Á firmeza desta resolución deberán alzarse medidas precautorias e de aseguramento se adoptasen contra a Ramos Vigo e fillos codemandados.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, facéndolles saber ás partes que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data.

E para que lle sirva de notificación á demandada Recauchutados y cubiertas MAYPA, S.L., expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o trece de abril de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4391