Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.264

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (11/1998-09).

En providencia do día da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 11/1998, que se seguen por estafa, cítase a Antolín Riopedre Mesa para que o vindeiro día 15 de maio, ás 11.15 horas, compareza na sala da audiencia deste xulgado, sito na Rúa Viena, s/n, Polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do devandito xuízo en calidade de denunciado, e co apercibimento de que se non comparece nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado segundo a lei dispoña, e recaerán, sobre eles os prexuízos que en dereito houber, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e acudindo o xuízo coas probas das que puidera valerse.

E para que conste e sirva de citación en forma a Antolín Riopedre Mesa, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 7 de maio de 1998.

A secretaria

Rubricado

4392