Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.264

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (12/1998-09).

En providencia do día da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 12/1998, que se seguen por ameazas, cítase a Antonio J. Arcos Prado e Juan Manuel Castiñeiras Formoso para que o vindeiro día 15 de maio, ás

13 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, Polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do devandito xuízo en calidade de denunciante e denunciado respectivamente, e co apercibimento de que, se non comparecen nin alegan xusta causa para deixar de facelo, poderán ser multados segundo a lei dispoña, e recaeran sobre eles prexuízos a que en dereito houber lugar, podendo, se son parte, seren asistidos por avogado e acudindo ó xuízo coas probas das que pudieran valerse.

E para que conste e sirva de citación en forma a Antonio J. Arcos Prado e Juan Manuel Castiñeiras Formoso, en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 7 de maio de 1998.

A secretaria

Rubricado

4423