Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.263

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (398/1997-01).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeria Instancia número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo, por instancia do Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., representado polo procurador García Piccoli, contra Ramón Francisco Cendán Diéguez e Marina Vázquez Couso, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por vez primeira e polo termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, o seguinte ben:

-Vehículo Volkswagen Passat 2.0-I-GL C-0084-BH.

O dito ben foi valorado na suma de novecentas cincuenta mil pesetas (950.000 ptas.).

A poxa terá lugar neste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n desta cidade, o día dezaseis de xuño ás nove horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para tal efecto, unha cantidade igual, polo menos ó 20 por 100 efectivo do valor do ben que sirva de tipo para a poxa sen o cal requisitio non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer licitación en calidade de decerlle o remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día trece de xullo ás nove horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa; sinálase para a terceira o día nove de setembro ás 9 horas, sen suxeción a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipou da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3531