Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.262

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (282/1996-01).

Eu, José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeria Instancia número un de Santiago de Compostela, e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de executivo 282/1996, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representado pola procuradora Losada Gómez, contra Manuel Brey Couto, María Inés Baltar Sa, Manuel Santiago Leal Pérez, Lidia Brey Couto, Luis Manuel Bodaño Meijome e Paz Villar Fernández, nos que por resolución do día da data se acordou sacar a venda en pública poxa, por vez primeira e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Lote primeiro: Agro do Carballal, sito no lugar de Carballeira, parroquia de Arnois, municipio da

Estrada, a labradío secano e monte, do 10 áreas e 20 centiáreas. Sobre o dito terreo, no seu interior e zona sur, encóntrase situada e lindando con el por tódolos seus aires, unha edificación en construcción, de planta baixa e piso alto, dedicada a vivenda unifamiliar, que ocupa uns setenta metros cadrados. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada no folio 181 do libro 392, tomo 497, predio número 53.980. Valorado en 7.840.000 ptas.

Lote segundo: rústico: predio número 103 do plano de concentración parcelaria da zona de Arnois, municipio da Estrada, no lugar de Campos, a monte de nove áreas e 10 ca, indivisible. Linda: norte, camiño; sur e leste coa número 102 de Manuel Nebra Canicoba; oeste, camiño. Inscrito no rexistro da propiedade da Estrada no folio 103, do libro 439 da Estrada, tomo 552, predio 59.374. Valorado en 364.000 ptas.

Lote terceiro: rústico: predio número 121 do plano de concentración parcelaria da zona de Arnois, municipio da Estrada, no lugar de Menide, a monte de 2 áreas e 30 ca, indivisible. Inscrito no Rexistro da Propiedade da Estrada, no folio 1221 do libro 439 da Estrada, tomo 552, predio 59.392. Valorado en 138.000 ptas.

Lote cuarto: rústico: predio número 649-1 do plano de concentración parcelaria da zona de Ancorados, municipio da Estrada, parcela do leste, terreo destinado a labradío e monte, no sitio de Campo, de 23 áras e 91 ca. Inscrito no rexistro da propiedade da Estrada, no folio 143 do libro 442 da Estrada, tomo 555, predio número 60.101. Valorado en 717.300 ptas.

Lote quinto: rústico: predio número 483 do plano xeral de concentración parcelaria da zona de Ancorados, municipio da Estrada, no sitio da Braña, a prado, de tres áreas e 18 ca. Inscrito no rexistro da propiedade da Estrada no folio 44 do libro 501 da Estrada, tomo 616, predio 33.363. Valorado en 63.600 ptas.

Lote sexto: vehículo tractor Renault modelo 7534, matrícula PO-44051-VE. Valorado en 1.050.000 ptas.

A poxa terá lugar neste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, na rúa Viena s/n, desta cidade, o día 15 de xuño ás 9 horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira: nos remates non se admitirán posturas que non cubran as dúas terceiras partes da taxación.

Segunda: para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos o 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa sen este requisito non serán admitidos.

Terceira: só o executante poderá facer oferta a calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta: en tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en plego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta: que por instancia do acredor se sacan os bens a pública poxa sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta: que as cargas e gravames anteriores e os referentes se os houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese postores na primeira poxa, sinálase para a segunda, coa rebaixa do 25 por 100 do tipo da primeira, o día dez de xullo ás 9 horas, debendo consignar previamente o 20 por 100 do tipo desta segunda poxa, sinálase para a terceira o día 4 de setembro ás 9 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20 por 100 do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

3361