Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.262

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CONTENCIOSO- ADMINISTRATIVO SECCIÓN SEGUNDA)

CÉDULA de notificación (5181/1997).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, certifico que no recurso contencioso-administrativo nº 5181/1997, interposto por Roberto García Castro, contra Resolución nº 762/1997, do Concello de Oleiros do 28-2-1997, pola que se declara o estado ruinoso do inmoble proiedade de Regina Doldán Fernández, sito no lugar das Margaridas, expediente de ruína nº 3/1995; con data do 19 de xaneiro de 1998 dictouse providencia na que se decía:«Dada conta; recibida comunicación da Comisión Provincial de Asistencia Xurídica Gratuíta na que se participa que foi denegada a xustiza gratuíta, fágase saber ó recorrente para que no termo de trinta días compareza ante a sala por medio de avogado e procurador ou só avogado con poder para o efecto, baixo apercibimento que de non facelo se procederá ó arquivo do presente recurso».

E para que conste e para a súa notificación a Roberto García Castro, co último domicilio coñecido no municipio de Oleiros (A Coruña), lugar das Margaridas, 15176 Nós, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula na Coruña o dezasete de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3495