Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de abril de 1998 pola que se lle outorga a Joaquín Outeiral Fernández, permiso de actividade para centro de expedición en Angados-Boiro (A Coruña).

Visto o expediente iniciado por instancia de Joaquín Outeiral Fernández no que solicita permiso de actividade para centro de expedición nas instalacións, autorizadas como estación depuradora, que posúe en Angados-Boiro.

Tendo en conta que se procedeu á súa tramitación de acordo coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101/1993), co Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares, situados na zona terrestre (DOG nº 142/1997) e demais lexislación concordante.

Vistos os informes que constan no expediente, así como a proposta da Delegación Territorial da Coruña de 28 de febreiro de 1997, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgarlle a Joaquín Outeiral Fernández (DNI 33.23.4161), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun centro de expedición, nas instalacións autorizadas á citada empresa como estación depuradora por Orde do 29 de xaneiro de 1991 (DOG nº64 con data do 4 de abril), no

lugar de Angados, concello de Boiro (A Coruña).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira: o permiso de actividade, que terá vixencia desde a publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia ata o 15 de marzo do 2001, poderá ser prorrogado discrecionalmente, por prazos iguais ós da estación depuradora, á petición do interesado presentada nos sesenta días anteriores ó remate da vixencia.

Segunda: a presente autorización non implica modificacións na estructura, distribución da nave, nin do dominio público marítimo-terrestre ocupado, sinalados na orde de outorgamento da estación depuradora.

Terceira: o permiso de actividade a que se refire esta orde extinguirase nos casos previstos no artigo 72 da Lei 6/1993, do 11 de maio, e no artigo 6 do Decreto 193/1997, do 5 de xuño, sinalados.

Cuarta: o establecemento cumprirá as condicións establecidas no Real decreto 308/1993, do 26 de febreiro (BOE nº 76/1993) polo que se aproba a regulamentación técnico sanitaria que fixa as normas aplicables á comercialización de moluscos bivalvos vivos e demais lexislación aplicable a este tipo de establecementos.

Quinta: o outorgamento do permiso de actividade non exime o seu titular da obtención das licencias, permisos e autorizacións que de acordo coa lexislación vixente, sexan procedentes.

Sexta: o interesado xustificará o aboamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións administrativas (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados),ou acreditará a declaración de non estar suxeito a tal imposto, feita pola Delegación de Facenda ou a oficina liquidadora correspondente.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous (2) meses, que se contarán a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

3644