Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.065

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de abril de 1998 pola que se declara a caducidade da autorización administrativa e concesión dunha granxa mariña sita en Muros (A Coruña), titularidade de Explotaciones Marinas, S.A.

Visto o expediente incoado a Explotaciones Marinas, S.A. con CIF A-15.231.459, na súa condición de titular dunha granxa mariña sita no lugar Agro da Punta, Abelleira, Muros (A Coruña), outorgada por Orde do 23-1-1992 (DOG nº 36).

Resultando que con data do 11-9-1996 a Delegación Territorial da Coruña acordou a incoación

do expediente de caducidade da citada concesión polas causas incluídas nos artigos 56.3º e 72 a) da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia.

Resultando que o citado acordo de incoación do expediente de caducidade lle foi remitiddo ó interesado con data do 18-9-1996 e devolta a notificación polo servicio de correos.

Resultando que con data do 16-10-1996 foi publicada no DOG e a incoación do expediente de caducidade e o nomeamento de instructor e secretario, e con data do 25-9-1996 exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña, sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.

Resultando que con data do 31-3-1997 foi publicada no DOG a proposta de resolución referente a este expediente de caducidade, e con data do 4-4-1997 exposta no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña sen que se formulasen alegacións dentro do prazo establecido.

Considerando que o expediente foi tramitado conforme o dereito.

Vistas a Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia; Lei 22/1988, do 29 de xullo, de costas; Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento da Lei de costas, e demais disposicións aplicables ó caso.

Esta consellería, á vista da proposta de resolución emitida polo instructor do expediente, no exercicio das súas atribucións e competencias, resolve:

Caduca-la autorización administrativa e a concesión que a continuación se relaciona, outorgada a Explotaciones Marinas, S.A. con CIF A-15.231.459:

Tipo de establecemento: granxa mariña.

Especies autorizadas: rodaballo.

Localización: lugar Agro da Punta, Abelleira, Muros (A Coruña).

Superficie: 60 m en dominio público e 858,84 m en dominio privado.

Data da concesión: 22-6-1984 (DOG nº 152).

Cambio de dominio e de actividade: 23-1-1992 (DOG nº 36).

Vixencia: 9-7-1994.

A presente resolución esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na forma e prazos previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4195