Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 8 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea B.G. número 3 (Redondela A-1).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se

aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta conselleria, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome da batea: B.G. nº 3.

Cultivo: mexillón.

Localización: redondela A, cuadrícula 1.

Data da concesión: 2-4-1958 (BOE nº 96).

Data na que remata a derradeira prórroga: 22-4-2003.

Anterior concesionario: Maximino Rouco Curro.

Novos titulates da concesión: Víctor Piñeiro Martínez (76.808.905 Z), Mª Luisa Pazo Fernández (35.298.380 N).

Os novos concesionarios quedan subrogados nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigados ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lles sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 8 de abril de 1998.

(P.D. Orde 27-6-, DOG nº 134, do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo

3643