Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 7 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Moreno, a favor de Elvira Domínguez Lojo.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59.3º da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31) e no artigo 10 do Decreto 406/1996 do 7 de novembro (DOG nº 228 do 21) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto correspondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Moreno.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 19.

Data da concesión: 24-2-1971.

Data de finalización da última prórroga: 30-3-2001.

Anterior concesionario: Mercedes Lojo Muñiz (33.112.532), Elvira e Ricardo Domínguez Lojo (52.450.669) (33.230.193), en proindiviso con 3/6 para a primeira e 1/6 parte para cada un dos demais con usufructo universal e vitalicio da parte que non é propietaria Mercedes Lojo Muñiz.

Novo titular da concesión e batea: Elvira Domínguez Lojo (52.450.669).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicions legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 7 de abril de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

3639