Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Luns, 11 de maio de 1998 Páx. 5.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 sobre concesión do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Logares, S.L. co número XG-171 e casa central na avenida Montero Ríos, 8, de Vigo.

Visto o expediente instruido por instancia de Bonifacio Logares Güenaga, na súa calidade de director xerente da entidade mercantil Viajes Logares, S.L., en solicitude de concesión do oportuno título-licen

cia da axencia de viaxes do grupo retallista a Viajes Logares, S.L.

Resultando que coa referida solicitude se acompañou a documentación que se indica no artigo 4 e concordantes do Regulamento das axencias de viaxes aprobado polo Decreto 155/1987, do 22 de xuño, que regula o exercicio da actividade profesional que compete ás axencias de viaxes, e no que se especifican os documentos que terán que presentarse coa solicitude de outorgamento do título-licencia.

Resultando que tramitado o oportuno expediente aparecen cumpridas as formalidades e xustificados os extremos que se sinalan nos artigos 4, 5 e 6 do regulamento.

Considerando que na empresa solicitante concorren tódalas condicións esixidas polo Decreto 155/1989, do 22 de xuño, para a obtención do título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista.

Vistos o Real decreto 2086/1983, do 1 de setembro, de traspado de funcións e servicios do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de turismo, a Lei 1/1983, do 22 de febrerio, reguladora da Xunta de Galicia e do seu presidente, o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o regulamento das axencias de viaxes de Galicia, e a Orde do 12 de xaneiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se delega no director xeral de Turismo a competencia para autoriza-los novos establecementos e dependencias auxiliares das axencias de viaxes xa autorizadas, esta Dirección Xeral de Turismo,

RESOLVE:

Conceder título-licencia de axencia de viaxes do grupo retallista, co nº XG-171, a Viajes Logares, S.L., con casa central en Vigo, na rúa avenida de Montero Ríos, 8, da que é titular a entidade mercantil Viajes Logares, S.L., que poderá exerce-la súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, son suxeición ó preceptuado do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunicade Autónoma galega.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustixa de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela. 15 de abril de 1998.

P.D. (Orde 12-1-1998)

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo

3638