Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.909

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 132/1998, do 16 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo dunha superficie agrupada de 5.654 m, sito no lugar da Graña, concello de Bueu, para a construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio.

O Pleno da Corporación Municipal de Bueu, en sesión ordinaria celebrada o día 6 de febreiro de 1998, acordou a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo de 5.654 m para a construcción dun centro de ensino secundario.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu Regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles superase o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Bueu acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo dunha superficie agrupada de 5.654 m, coñecido co nome de Rego e Prado, sito no lugar da Graña (concello de Bueu) que linda: norte, camiño de leito; sur, José Cerviño e José Vidal; leste, valado e logo Manuel Pousada, José Cerviño e outros, camiño e leito; oeste, camiño.

O antedito terreo figura inscrito no Rexistro da Propiedade número un de Pontevedra e resulta da agrupación dos seguintes predios:

-Predio nº 4734, de 2.428 m, inscrito ó folio 184 do libro 48 de Bueu, tomo 818, inscrición terceira.

-Predio nº 8012, de 1.915 m, inscrito ó folio 39 do libro 91 de Bueu, tomo 1330.

-Predio nº 8013, de 1.065 m, inscrito ó folio 40 do libro 91 de Bueu, tomo 1330.

-Predio nº 8014, de 246 m, inscrito ó folio 41 do libro 91 de Bueu, tomo 1330.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción dun centro de ensino secundario obrigatorio.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3959