Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Industria, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de febreiro de 1998 polo que se aproba definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Corme G-3.

En cumprimento do disposto no artigo 25.4 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de febreiro de 1998, na que a parte dispositiva ten o seguinte texto literal:

«1º. Aprobar definitivamente o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal denominado Parque Eólico Corme G-3.

2º. De conformidade co contido do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 1 de outubro de 1997 polo que se aproba o Plan Eólico de Galicia como proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, o planeamento do Concello de Ponteceso queda vinculado ás determinacións contidas no proxecto sectorial que se aproba.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas no citado proxecto».

O que se publica no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 25.4º da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

3362