Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.886

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/64-2, 4945 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas, S.A.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. caseta Guntín (Vilalba).

Situación: Vilalba.

Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea en conductor D.H.Z. 1 12/20 kV Al de 720 m de lonxitude. Centro transformación de 620 kVA relación 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión subterránea en conductor R.V. unipolar 0,6/1 kV en Al. Liña de baixa tensión aérea en conductor R.Z.A. en Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de 30 días.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3359