Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.885

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 227/1997).

Outorgada a declaración de utilidade pública por resolución desta delegación con data do 2 de marzo de 1998, que leva implícita a urxente ocupación de conformidade co Art. 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso, para execución das instalacións eléctricas que máis abaixo se describen, a favor da entidade Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Avda. de Arteixo, nº 171, 15009 da Coruña.

En cumprimento dos artigos 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e 56 de seu Regulamento do 26 de abril de 1957, fáiselles saber ós interesados propostos como titulares dos predios que se conteñen nas relacións anexas, que o representante e o perito da Administración se constituirán o día 21 de maio de 1998 nos predios para

a toma de datos e levantar a continuación nas oficinas de Casa do Concello as actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens e os dereitos afectados por expropiación ou servidumes, a partir das horas que seguen:

Expediente nº 227/97

Liña eléctrica a 20 kV con orixe na liña Confurco-Penas Roibas-Batería, e final no centro de transformación no lugar de Pieiro, no termo municipal de Ferrol.

Ás 12 horas predio número 1.

Advírteselles ós interesados, ós que se lles practicará notificación para o efecto, que deben concorrer ó acto, por si ou persoas que os representen, e se así o estiman cos seus peritos e un notario pola súa conta, podendo facer manifestacións nel e achegar datos que sexan útiles, e formular alegacións por escrito ata o citado levantamento, para os únicos efectos de emendar posible erros das relacións.

A Coruña, 24 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 227/1997Provincia: A Coruña

L.M.T. ó C.T. de PieiroTermo municipal: Ferrol

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PieiroMonte baixoHros. de Cervigón Guerra

Pilar Ponte Cervigón

Hros. de Cervigón Guerra

Francisco Ponte Cervigón

Montero Ríos, 50-1º I, 15706 Santiago de Compostela

Rúa Valle Inclán, 24-1º I, 15011 A Coruña

C.T.68128

3591