Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de notificación (112 e 189/1996).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira e o seu partido dou fe e certifico: que ante este xulgado se segue xuízo de cognición co nº 112 e 189/1996, por marcos por instancia de Josefa Noya Lourido no seu propio nome, contra, na primeira demanda, José Pérez Bello, Jesusa Turnes Rodríguez, Mª del Carmen Cebey García e Generosa Rodríguez Canedo e, na segunda demanda, ademais dos indicados, contra Evangelina García Varela. E que no mesmo se dictou sentencia cun encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentencia 35/1998.

En Negreira o trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Cristina Navares Villar, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira e o seu partido, os presentes autos de xuízo de cognición seguidos co nº 112 e 189/1996 seguidos na primeira demanda por instancias de Josefa Noya Lourido, maior de idade, casada, veciña

do municipio de A Baña, con domicilio no lugar de Alde, parroquia de Fiopas, asistida polo avogado de oficio Celestino Novo Lema, contra José Pérez Bello, e a súa esposa Jesusa Turnes Rodríguez maiores de idade, veciños do lugar de Alde, parroquia de Fiopáns, municipio da Baña, defendidos polo letrado Cardeso Maroñas. Contra Mª del Carmen Cebey García, maior de idade e da mesma veciñanza cás anteriores, asistida polo letrado Vázquez Mato e contra Generosa Rodríguez Canedo da cal se descoñecen as súas circunstancias persoales e a cal se encontra ausente deste procedemento e declarada en rebeldía. E na segunda demanda contra os mesmos denunciados dos cales as súas circunstancias xa constan e ademáis contra Evangelina García Varela, maior de idade, veciña do lugar de Alde, parroquia de Fiopáns, municipio da Baña e asistida polo letrado Vázquez Mato.

Decido que desestimando as demandas, principal e acumulada, deducidas por Josefa Noya Lourido contra José Pérez Bello, Jesusa Turnes Rodríguez, Generosa Rodríguez Canedo, Mª del Carmen Cebey García e Evangelina García Varelal, debo asolver e absolvo ós ditos denunciados das pretensións en aqueles contidas, e, todo elo, con expresa imposición de custas á parte actora tanto na demanda principal, como na acumulada.

Esta resolución non é firme, e contra ela cabe recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación ás partes, ante este xulgado por ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, acórdoo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e no Diario Oficial de Galicia, á denunciada rebelde Generosa Rodríguez Canedo da cal o seu domicilio se descoñece por encontrarse ausente e en ignorado paradoiro.

Expido, selo e asino a presente cédula en Negreira, o dous de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3496