Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de notificación (165/1996).

En virtude do acordado por Miguel Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Intrucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se segue co número 165/1996,

por instancia de Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Manuel Jamardo Fabeiro e María Teresa Nieto Martínez, que tiñan o seu domicilio na rúa Paseo Manuel Antonio, 63, de Rianxo (A Coruña) e na actualidade en ignorado paradoiro. En reclamación de 3.517.785 ptas. por un préstamo con garantía hipotecaria, polo que se lles notifica a presente cédula requirindo os demandados para que no prazo de dez días paguen á demandante a cantidade reclamada e, de non verificalo, procederase a poxa pública dos predios hipotecados.

E para que así conste a súa publicación por medio de edictos, expídese a presente cédula en Padrón o seis de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3410