Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.879

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

EDICTO (126/1997).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, dou fe e testemuño:

Que nos autos de suspensión de pagamento que se seguen neste xulgado baixo o número 126/1997, por instancia de Jesús Castro Puente, se dictou o seguinte auto:

«Na Estrada, o once de febreiro de mil novecentos noventa e oito. O anterior escrito dos interventores xudiciais únese ós autos da súa razón e feitos: único. A representación do suspenso solicitou a substitución da xunta de acredores pola tramitación escrita, conferíndose traslado de tal petición á intervención xudicial, a cal mediante o anterior escrito, mostrou a súa conformidade. Razoamentos xurídicos: único. Atendido o informe dos interventores xudiciais respecto da petición formulada pola representación legal do suspenso, e dado que o número de acredores excede de 200, de conformidade co establecido no Art. 18 da Lei do 26 de xullo de 1922, procede suspende-la celebración da xunta xeral de acredores do suspenso Jesús Puente Castro, que estaba fixada

para o día 27 de febreiro, ás 10.30 horas, na sala da audiencia deste xulgado; esta substitúese pola tramitación escrita, concedéndoselle ó suspenso o prazo de catro meses para que presente ó xulgado a proposta do convenio coa admisión dos seus acredores obtida de forma auténtica, procedéndose de acordo co establecido no Art. 19 da lei sinalada anteriormente.

En atención ó exposto.

Eu, Cristina García Velasco, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada, decido:

Suspende-la convocatoria da xunta xeral sinalada para o próximo día 27 de febreiro, ás 10.30 horas, na sala da audiencia deste xulgado, e substituíla pola tramitación escrita, concedéndoselle ó suspenso o prazo de catro meses para que presente ó xulgado a proposta de convenio. Publíquese a dita decisión no DOG, así como na La Voz de Galicia, entregándolle os edictos á parte para que coide do seu dilixenciamento.

Así, por este meu auto, dispóñoo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado: Cristina García Velasco».

E para que así conste e sirva de notificación en legal forma, así como para a súa publicación nos diarios oficiais, na La Voz de Galicia e a fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido o presente edicto que selo na Estrada, o once de febreiro de mil novencentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3340