Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.850

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 126/1998, do 23 de abril, polo que se modifica o Decreto 11/1993, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estructura, organización e funcionamento do Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos.

O Decreto 347/1997, do 9 de decembro (DOG do 10), establece a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 351/1997, do 10 de decembro (DOG do 11), fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia. En consecuencia, procede adapta-la composición do Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, regulada polos decretos 11/1993, do 28 de xaneiro, e 9/1994, do 20 de xaneiro, á denominación e á estructura que se determina naquelas disposicións.

O artigo 10 da Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos, establece que a estructura, organización e funcionamento do Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos se determinarán por decreto da Xunta de Galicia.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintetrés de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Modifícase o artigo 1 do Decreto 11/1993, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estructura, organización e funcionamento do Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos, que queda redactado como segue:

O Consello Galego de Educación e Promoción de Adultos estará presidido polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e integrado polos seguintes membros:

Vicepresidentes:

-Director xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

-Director xeral de Formación e Colocación.

Vocais:

-Director xeral de Política Lingüística.

-Director xeral de Comercio e Consumo.

-Director xeral de Desenvolvemento Rural.

-Director xeral de Promoción Cultural.

-Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

-Director xeral de Xuventude.

-Director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental.

-Un representante das deputacións provinciais, designado por estas.

-Un representante dos concellos de Galicia, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP).

-Un representante das entidades que desenvolven actividades nos ámbitos de formación de adultos, nomeado polo presidente do consello.

-Un representante de cada unha das centrais sindicais máis representativas de Galicia.

-Tres representantes da Confederación de Empresarios de Galicia.

-Dúas persoas de recoñecido prestixio no ámbito da formación de adultos, nomeadas polo presidente do consello.

Actuará como secretario, con voz pero sen voto, un funcionario da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria nomeado polo conselleiro.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 9/1994, do 20 de xaneiro, polo que se modificaba o Decreto 11/1993, do 28 de xaneiro.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dicta-las disposicións que sexan precisas para a aplicación do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintetrés de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

3894