Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.770

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOURENZÁ

ANUNCIO.

O Pleno do Concello nas sesións celebradas os días 19 de xaneiro e 16 de marzo de 1998 adoptou co quórum legal a aprobación definitiva das modificacións puntuais da revisión e adaptación á LASGA das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do Concello de Lourenzá unha vez emitido o informe favorable da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 7/1985 do 29 de xuño e no artigo 42.5º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos na devandita lexislación.

Mesmamente e cumprindo o disposto no artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril de bases de réxime local, e no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, publícase no BOP de Lugo a normativa e ordenanzas modificadas que entrarán en vigor unha vez publicado o devandito texto íntegro conforme o disposto no artigo 65.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Contra o presente acordo, definitivo na vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique este anuncio no último dos boletíns oficiais (BOP ou DOG) logo de comunicación ó Concello de Lourenzá, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Acordo plenario de 16-3-1998:

4º.-Aprobación da modificación número cinco do proxecto de modificación puntual da revisión e adaptacion á LASGA das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de Lourenzá.

Considerando que o Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada 13-12-1996 adoptou o acordo de inicia-lo expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Lourenzá á vista do informe do arquitecto técnico municipal, encargándoselle a súa redacción á enxeñeira de camiños, canles e portos Mª Luisa Menéndez Miramontes, redactora das normas subsidiarias de planeamento urbanístico do concello.

Considerando que o proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á LASGA das normas subsidiarias de planeamento urabanístico de Lourenzá, redactado, inicialmente, con data de maio de 1997 por Mª Luisa Menéndez Miramontes, e consistente en seis modificacións puntuais, foi aprobado inicialmente polo Pleno da Corporación na sesión ordinaria celebrada o día 9-6-1997.

Considerando que foi exposto ó público polo prazo dun mes para efectos de reclamacións mediante anuncio no DOG nº 132 de data 10-7-1997 e no BOP nº 152 de data 4-7-1997, sen que durante o dito período se presentasen alegacións a el.

Considerando que, posteriormente, e unha vez transcorrido o prazo de exposición ó público, o concello remitiu copia do expediente á Comisión Territorial do Patrimonio Histórico de Lugo da Consellería de Cultura, para que informase ó respecto e que dito organismo, con data 18-8-1997, resolve informar favorablemente as seis modificacións puntuais, e que dito extremo se lle comunica ó concello mediante escrito número 2.301 con data do 20-8-1997.

Considerando que con data 11-12-1997 se remitiu copia do expediente á deputación provincial de conformidade co disposto no artigo nº 44.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, e que o dito organismo emitiu informe favorable do proxecto (tamén nas seis modificacións puntuais), segundo certificación do acordo da Comisión de Goberno Provincial con data do 26-12-1997 remitida polo dito organismo.

Considerando que o dito proxecto de modificación puntual, e segundo o disposto no artigo 41.3º da citada Lei 1/1997, do solo de Galicia, foi remitido a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Urbanismo, para o seu informe.

Considerando que a dita dirección xeral con data do 2-1-1998 emitiu informe favorable en relación coas modificacións nº 1, 2, 3 e 4 e en relación coa modificación ni 6 aconsellábase a emenda de deficiencias polo propio concello e que se emitiu informe desfavorable sobre a modificación nº 5 do dito proxecto.

Considerando que, á raiz do informe desfavorable da modificación número cinco por parte da Dirección Xeral de Urbanismo, se emitiu un novo informe-aclaración a redactora das normas, María Luisa Menéndez Miramontes.

Considerando que o Pleno, na sesión ordinaria celebrada o día 19 de xaneiro de 1998, aproabou o dito informe-aclaración e que o remitiu á Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Considerando que a dirección xeral, con data do 26-2-1998 emite informe favorabale do novo texto corrixido da modificación número cinco do proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á LAGSA das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de Lourenzá.

O Pleno, unha vez visto o contido da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e o da Lei 771995, do 29 de xuño, sobre delegación de competencias en materia urbanística, acordou en votación ordinaria e por unanimidade dos once concelleiros presente na sesión e que legalmente a constitúen, e

polo tanto co quórum esixido pola normativa vixente, o seguinte:

Primeiro.-Aprobar definitivamente a nova redacción da modificación número cinco de proxecto de modificación puntual da revisión e adaptación á LAGSA das normas subsidiarias de planeamento urbanístico de Lourenzá (outubro 1997) segundo o informe técnico arriba aludido e que, polo tanto, quedaría redactada da seguinte forma:

«Artigo 256. Limitacións da propiedade.

1. Como se detalla nos gráficos das páxinas seguintes, as marxes da rede viaria interurbana, cando discorran por solo non urbanizable estarán sometidas ás limitacións de propiedade e servidume que determina o Regulamento xeral de estradas (Real decreto 1812/1994, do 2 de setembro), en caso de estradas pertencentes á rede do Estado, e á Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, nas restantes.

Nos cambios viciñais a edificación retirarase un mínimo de 3 m da aresta exterior da explanación e os cerramentos 1 m cun mínimo de 4 m do eixe.

As especificacións anteriores refírense a cerramentos que se constrúan con obras de fábrica, vexetación ornamental ou outros elementos permanentes, excluíndose desta obriga a colocación dos marcos ou cerramentos de postes e arames destinados a delimita-la propiedade rústica.

No tocante a vivendas vinculadas en solo non urbanizable común, faise constar que os seus recuamentos frontais e a lindeiros es especifican no artigo 341 e) contido no proxecto de modificación (que remite ó 256 antes citado para os recuamentos frontais).

Igualmente, o artigo 341 b) establece os límites a partir dos que non se poderá autoriza-la construcción de novas vivendas, para efectos de garanti-las condicións de illamento que non se modificaron.

Finalmente, compriría facer consta-la motivación que conduciu ó concello a promove-la reducción dos recuamentos a camiños veciñais, no sentido da propia natureza destes camiños (de concentración parcelaria) cunha función de acceso ós predios e intensidade de tráfico reducida, así como a configuración das parcelas, permite unha adecuada funcionalidade da vía cos recuamentos previstos na modificación puntual que se tramita.»

Segundo.-Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia e xuntamente co proxecto que conteña a normativa e as ordenanzas, no BOP na forma regulamentaria.

Terceiro.-Remitir copia autenticada do expediente administrativo completo e dos exemplares do proxecto de modificación cos planos e documentos que o integran, á Consellería de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda, en cumprimento do disposto no artigo 8 a) da citada Lei 7/1995, do 29 de xuño.

Lourenzá, 6 de abril de 1998.

Fe Rodríguez Rocha

Alcaldesa-presidenta

3393