Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MOS

ANUNCIO.

Por este anuncio advírtese da exposición ó público, durante o prazo de catro días fixado no artigo 122 do texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local, do prego de condicións xurídicas e económico-administrativas que rexen a contratación por procedemento aberto e de poxa para execución da obra urbanización e acondicionamento do contorno da área educativa e recreativa de Petelos-Mos, polo procedemento de urxencia coa finalidade de que as persoas que o desexen poidan presenta-las reclamacións e observacións que consideren convenientes.

Así mesmo, convócase a licitación pública para adxudicar por procedemento aberto e de poxa da obra urbanización e acondicionamento do contorno da área educativa e recreativa de Petelos-Mos. O prazo de recepción de solicitudes de participación é de trece días naturais, contados a partir da publicación do presente anuncio no BOP. En todo caso, a licitación aprazarase de presentarense reclamacións contra o prego de condicións, ata que non sexan resoltas.

Obxecto: execución da obra urbanización e acondicionamento do contorno da área educativa e recreativa de Petelos-Mos.

Tipo de licitación: 85.311.940 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Presentación de proposicións: na secretaría da corporación de 9 a 12 horas, en días hábiles.

P.D.

Alejandro Vila González

Teniente alcalde

3953