Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.771

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización das rúas transversais á rúa Herminia Fariña Cobián.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 30 de marzo de 1998 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización das rúas transversais á rúa Herminia Fariña Cobián, formulado mediante

iniciativa particular por BBT, S.L., e redactado polo arquitecto Ricardo Aguilar Argenti, con visado da Delegación de Pontevedra do COAG con data do 18-12-1997 e anexo á memoria e orzamento e plano de detalle do muro e de planta de saneamento subscritos polo citado técnico e intervidos colexialmente o 11-3-1998, que reforman e anulan ós correlativos do proxecto, dispoñéndose o seu sometemento á información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Tareixa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 13 de abril de 1998.

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

3464