Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.772

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO VICEDO

PREGO de cláusulas administrativas particulares para a venda, mediante poxa, por procedemento aberto, dun edificio de propiedade municipal resultante da segregación do edificio destinado a centro sanitario, sito no número 10 da r/ Vías e Obras Provinciais.

Aprobado polo Pleno deste Concello en sesión celebrada o día 31 de marzo de 1998, o prego de cláusulas administrativas particulares para a venda, mediante poxa, por procedemento aberto dun edificio de propiedade municipal resultante da segregación do edificio destinado a centro sanitario, sito no número 10 da r/ Vías e Obras Provinciais, exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para que se poidan presentar alegacións.

Simultaneamente anúnciase a poxa pública aprazándose a licitación se se produciran reclamacións ó prego.

Anuncio de licitación.

Resolución do Concello do Vicedo polo que se anuncia a venda dun edificio municipal por procedemento aberto e poxa, conforme o seguinte contido:

1. Obxecto: e obxecto do contrato a venda dun edificio de propiedade municipal.

2. Tipo de licitación: fíxase en 21.318.450 ptas., podendo ser mellorado a alza.

3. Ingreso: o ingreso efectuarase na forma e prazos determinados no prego.

4. Garantía provisional: será o 2% do tipo de licitación.

5. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito días primeiros hábiles seguintes á publicación deste anuncio, supendéndose a licitación en caso de impugnación.

6. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

7. Presentación de proposicións: durante os 26 días naturais seguintes á publicación do último anuncio de licitación no BOP de Lugo e no DOG.

8. Presentación de proposicións: terá lugar ás 13 horas do segundo luns hábil seguinte á conclusión do prazo de presentación de proposicións.

9. Modelo de proposición: o recollido na cláusula 9 do prego de cláusulas.

O Vicedo, 7 de abril de 1998.

Isaac Prado Villapol

Alcalde

3921