Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.750

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (9/1996-2).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Dou fe: que no xuízo de tercería de mellor dereito que se segue neste xulgado co número 00009/1996-2, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia: en Santiago de Compostela o 24 de marzo de 1998, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de tercería de mellor dereito menor contía seguido neste xulgado co nº 00009/1996-2, no que actuaron como denunciante María Luisa Castiñeiras Tarrío, maior de idade e veciña de Valga, representada pola procuradora dos tribunais Mª Rita Goimil Martínez e asistida polo letrado Julio Quintáns Trenco e, como denunciado, Banco Español de Crédito, con domicilio social en Madrid, representado pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistido polo letrado Jesús Varela Ferreiro; e Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, Graveiras Xeixo, S.A., José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen García González, maiores de idade e en ignorado paradoiro.

Decido: que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o mellor dereito da denunciante a reintegrarse sobre bens e dereitos de Antonio Fernández Vázquez e de Arenas y Gravas del Ulla, S.A. (no caso de que tal sociedade coincida coa executada Graveiras Seixo, S.A., o que no seu caso haberá de acreditarse en execución desta sentencia) realizados no xuízo executivo 125.91 deste xulgado con preferencia ó Banco Español de Crédito, S.A. executante neste, para o completo pagamento do crédito recoñecido na sentencia definitiva recaída no xuízo de menor contía substanciado no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela co número 249.85, sen facerse imposición das custas. Firme esta resolución, prac

tíquese anotación dela no xuízo executivo. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamentre xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e lles sirva de notificación ós demandados rebeldes Antonio Fernández Vázquez, Elisa Gutiérrez Fernández, Graveiras Xeixo, S.A., José Ángel González Piñeiro e Mª del Carmen García González, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o un de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3342