Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.749

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (283/1995).

En virtude do acordado por Miguel Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Xulgado do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria que se segue co número 283/1995, a instancia do Banco Pastor S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Servicio y Gestión del Norte, S.A., en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública por primeira vez, o seguinte predio:

Urbano: número dezanove, nave industrial que forma parte do denominado Parque Industrial Picaraña, sito no lugar de Picaraña, parroquia de Cruces, municipio de Padrón, cunha superficie de novecentos cincuenta metros cadrados. Linda tomando como fronte a estrada dos Ánxeles: fronte, naves números sete, oito e dezaoito; fondo e esquerda, resto do predio matriz de Servicio y Gestión del Norte, S.A.; e dereita nave número nove. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 568, libro 131, folio 25, predio 17.857.

O remate terá lugar no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, sito na r/ Tetuán s/n desta cidade, o día 8 de xuño de 1998, ás 17.30 horas, previndo os licitadores:

Primeiro.-O tipo da poxa é o de 23.900.000 ptas., fixado na escritura do préstamo, e non se admiten licitacións que non cubran a dita cantidade.

Segundo.-Para tomaren parte na poxa, deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado número 1576.0000.18.0283.95 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da dita cantidade, sen este requisito non serán admitidos.

Terceiro.-Poderá facerse o remate en calidade de cederllo a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas, desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse licitacións por escrito, en prego cerrado, facendo o depósito ó que se fixo referencia anteriormente.

Quinto.-Que os autos e as certificacións ós que se refire a regra 4 do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, entendéndose que todo licitador acepta como suficiente a titulación achegada.

Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen se destinar á súa extinción o prezo do remate.

De non haber licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día 2-7-1998, ás 17.30 horas,

para a que servirá de tipo o 75% do tipo da primeira; celebrarase terceira poxa, se é o caso, o día 10-9-1998, ás 9.30 horas e sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o un de abril de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

3277