Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.748

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE INSTRUCCIÓN NÚMERO CORENTA DE MADRID

EDICTO (545/1997-X).

Eu, María del Rosario Esteban Meilán, maxistrada-xuíza do Xulgado de Instrucción número corenta dos de Madrid, fago saber que nos autos de xuízo verbal de faltas tramitado neste xulgado co número 545/1997 entre as partes que logo se dirán, dictouse a sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia en Madrid o vintedous de outubro de mil novecentos noventa e sete.

María del Rosario Esteban Meilán, maxistrada-xuíza do Xulgado de Instrucción número corenta dos desta cidade vin e oín o presente xuízo verbal de faltas seguido neste xulgado co número 545/1997, sobre lesións e ameazas, no que son parte o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública, e como denunciantes-lesionados: Óscar García Martín e Alma María Rodríguez López e como denunciado: Aquilino Ramón Romay Fontán, e decido, que debo condenar e condeno a Aquilino Ramón Romay Fontán como autor responsable de dúas faltas contra as persoas a pena de arresto de seis fins de semana pola primeira delas; e á multa de vinte días a razón de duascentas pesetas/día, cunha responsabilidade subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, pola segunda das faltas; e ó pagamento das custas causadas no presente procedemento se as houbese. Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo dos cinco días seguintes ó da súa notificación

durante o período do cal se encontran as actuacións en secretaría a disposición das partes para a súa formalización, que deberá ser por escrito, presentado ante este xulgado, e dirixido á Audiencia Provincial de Madrid, que coñecerá de tal recurso; e con tantas copias del como partes sexan no proceso, expoñéndose ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción do precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, fixando ó mesmo tempo domicilio para as notificacións e, se é o caso, solicitude da práctica de dilixencias de proba que non puido propoñer na primeira instancia, das que foron indebidamente denegadas e das admitidas que non foron practicadas, conforme establecen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Segue a sinatura e a súa rúbrica. A anterior sentencia foi lida

e publicada pola maxistrada-xuíza que a subscribe, no mesmo día da súa data, estando celebrando audiencia pública, por ante mín, o secretario, dou fe».

E para que lle sirva de notificación en forma a Aquilino Ramón Romay Fontán, actualmente en ignorado paradoiro, e para a súa inserción no Boletín Oficial de la Comunidad de Madrid e no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente edicto en Madrid o vintesete de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

3103