Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.748

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998 pola que se nomea, profesora titular de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Historia, Arte e Xeografía, a Mª Yolanda Barriocanal López (praza 42/1997).

Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 30 de abril 1997 (BOE do 22 de maio) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Historia Arte e Xeografía, a prol de Mª Yolanda Barriocanal López, con documento nacional de identidade número 13.291.134 e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Mª Yolanda Barriocanal López, profesora titular de universidade da área de coñecemento de historia da arte, do departamento de Historia, Arte e Xeografía.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no BOE.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no BOE.

Vigo, 6 de abril de 1998.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo

3216