Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.750

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 2 de abril de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se publican actas e propostas de liquidación dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria e que afectan ós contribuíntes e conceptos que se indican (Constenla Eirín, Antonio).

Pola presente cédula, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse actas e propostas de liquidación ós contribuíntes e conceptos cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan e que foron dictadas polo Servicio de Inspección Tributaria en aplicación do artigo 146 apartado 2º da Lei xeral tributaria.

Contra esta notificación os interesados poderán formular alegacións perante o Servicio de Inspección Tributaria desta delegación territorial, praza de América, bloque 1, portal oficinas 2ª planta, Vigo, no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo sen que se formulen alegacións, o Servicio de Inspección Tributaria procederá a confirma-la dita liquidación.

Contribuínte: Constenla Eirín, Antonio.

DNI: 35693.

Enderezo: r/ Vía Norte, 25-6º A, Vigo.

Concepto: acta A-02. Nº 2983 6 Imp. sucesións e doazóns.

Expte. 662/92.

Vigo, 2 de abril de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

3912