Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 30 de abril de 1998 Páx. 4.630

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de abril de 1998 pola que se regulan os programas de fomento da contratación da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio de 1998.

O Estatuto de autonomía de Galicia no seu artigo 29.1º atribúelle á Comunidade Autónoma, en con- cordancia co artigo 149.1.7 da Constitución espa- ñola, competencia para a execución da lexislación do Estado en materia laboral, asumindo as facul- tades, funcións e servicios correspondentes a este ámbito.

Na actual estructura orgánica da Xunta de Galicia, en virtude do disposto no Decreto 488/1997, do 26 de decembro, a convocatoria, xestión e control das axudas á contratación por conta allea, como ins- trumentos da política activa de emprego, e dentro do ámbito funcional da súa Dirección Xeral de Fomento do Emprego, correspóndelle á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A Xunta de Galicia, a través da consellería con competencias en materia de emprego, vén convo- cando anualmente un marco de axudas á contratación por conta allea ó abeiro dos sucesivos plans de fomento do emprego, en atención a programas pro- pios e a programas cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Nesta mesma liña, axustada ó marco de axudas resultante do Acordo Interconfederal para a Esta- bilidade do Emprego asinado polas organizacións sindicais máis representativas no ámbito estatal, e adaptada ás directrices emanadas do Consello Euro- peo Extraordinario de Luxemburgo, e en coordina- ción con Plan Nacional de Acción polo Emprego, articúlanse un conxunto de medidas para o fomento da contratación que teñen como finalidade facilita-la creación de emprego estable e de calidade que favo- reza a competitividade das empresas e contribuír á diminución da taxa de temporalidade, da rotación no mercado de traballo e á reducción do desemprego.

Neste contexto proxéctanse axudas públicas á con- tratación indefinida inicial ou por transformación de contratos temporais, a tempo completo e a tempo parcial, nun sistema mixto que complementa os incentivos estatais e, pola súa vez, reforza o apoio a aqueles colectivos con maiores dificultades de inserción e reinserción laboral, con especial aten- ción a xoves, mulleres, parados de longa duración, desempregados maiores de 45 anos, colectivos en perigo de exclusión social e discapacitados, se ben as medidas de incentivación destes últimos se regu- lan separadamente pola súa concreta especificidade.

Por outra parte, e como novidade resaltable, esta- blécese un incentivo específico pola contratación indefinida do primeiro traballador, co obxecto de estimular e incidir naquelas empresas que con potencialidade para a creación de emprego non adoptan tal decisión polo risco que pode implica-la contratación inicial, o que ten unha especial relevancia en Galicia polo significativo número de microempresas no que se detecta tal situación.

Sen esquece-la perspectiva da necesaria estabi- lidade, tamén se articulan para supostos suficien- temente xustificados a incentivación da contratación de duración determinada ou temporal, como son:

a) Os contratos en prácticas, en canto permiten o acceso ó emprego dos xoves e melloran a súa empregabilidade, favorecendo a súa permanencia no mercado de traballo; precisamente, no marco da incentivación do emprego estable, este programa no seu deseño inicial complementarase cunha liña de axudas que se implantarán no próximo exercicio, consistente en reforzar, mediante o seu incremento, as axudas previstas para a transformación destes contratos en prácticas en indefinidos.

b) Os contratos de interinidade por substitución de traballadoras de baixa por causa de maternidade, co obxecto de incidir de xeito positivo nos obstáculos que adoitan dificulta-lo acceso e permanencia das mulleres no mercado laboral.

c) E, por último, a contratación temporal das per- soas en perigo de exclusión social, co fin de faci- lita-la súa integración laboral e, en definitiva, o seu desenvolvemento persoal e social.

Nese marco de actuación, esta orde ten por obxecto establece-las bases reguladoras da concesión das axudas que integran os programas deseñados para a incentivación da contratación por conta allea. As ditas axudas financiaranse con cargo ós orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, e, para o caso de tratarse de accións cofi- nanciadas, con cargo ós fondos que se reflictan no marco comunitario de apoio da Unión Europea.

A presente convocatoria axústase ó disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e, en concreto, no relativo ós principios de obxectividade, con- correncia e publicidade na concesión das axudas e subvencións, e no establecido na Lei 1/1998, do 7 de abril de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Capítulo I

Programas e beneficiarios

Artigo 1º.-Programas.

1. A presente orde ten por obxecto establece-las bases polas que se regulan os incentivos á contra- tación por conta allea en 1998 xestionadas pola Con- sellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través dos seguintes programas:

I. Programa de fomento da contratación indefinida.

I.1. Axuda á contratación inicial indefinida e a tempo completo.

I.2. Axuda á transformación dos contratos de dura- ción determinada ou temporais en indefinidos.

I.3. Axuda excepcional á creación do primeiro emprego.

II. Programa de fomento dos contratos en prácticas.

III. Programa de apoio á substitución de traba- lladoras por causa de maternidade, adopción ou acollemento.

IV. Programa de axudas á contratación de traba- lladores de difícil reinserción no mercado laboral.

2. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1998, na presente orde e nas demais normas de xeral e pertinente aplicación.

3. As axudas previstas nos programas da presente orde financiaranse con cargo ás aplicacións orza- mentarias 14.04.242B.475.0.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarios dos incentivos pre- vistos nesta orde as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e contraten o traballador para prestar servicios neste ámbito territorial, nos termos previstos nos distintos pro- gramas establecidos na presente convocatoria.

2. Non poderán ser beneficiarios destas axudas nin as administracións públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Capítulo II

Programa de fomento da contratación indefinida

Artigo 3º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto fomenta-la esta- bilidade no emprego mediante a concesión de incen- tivos económicos ás contratacións indefinidas por conta allea a tempo completo, así como ás trans- formacións de contratos temporais en indefinidos.

Artigo 4º.-Axudas á contratación indefinida a tem- po completo.

1. Os contratos indefinidos a xornada completa subvencionaranse cunha axuda que poderá alcanzar unha contía máxima de 300.000 ptas., sempre que se realicen con traballadores desempregados, ins- critos na oficina de emprego, que pertenzan a algúns dos seguintes colectivos:

a) Xoves desempregados menores de 30 anos.

b) Desempregados que leven en situación de desemprego, polo menos, doce meses.

c) Desempregados maiores de corenta e cinco anos.

2. A subvención poderá incrementarse ata unha contía máxima de 500.000 ptas. cando, ademais dos

requisitos esixidos no apartado anterior, concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Contratación de traballadores que realizaron cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP, directamente relacionados co posto de traballo para o que se contrata, correspondentes ás progra- macións de 1996, 1997 ou 1998.

b) Contratación de desempregados que participa- ran en programas de escolas obradoiro ou casas de oficio en 1996, 1997 ou 1998, ou ben en obras ou servicio de interese xeral realizados en virtude dou- tros programas de fomento de emprego en 1997 ou 1998.

3. A subvención poderá incrementarse ata unha contía máxima de 700.000 ptas. cando, ademais dos requisitos esixidos no apartado un, concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Contratación de mulleres en profesións ou ofi- cios nas que o colectivo feminino se atope subre- presentado.

b) Contratación de mulleres que se reincorporen á actividade laboral tras unha ausencia prolongada dun mínimo de tres anos.

c) Contratación de xoves desempregados menores de 30 anos que busquen o seu primeiro emprego.

Para estes efectos, entenderase que buscan o seu primeiro emprego aqueles que non realizaran con anterioridade ningunha actividade laboral, por conta propia ou allea, durante un período superior a 180 días ininterrompidos ou a 360 con interrupción.

d) Contratación de parados de moi longa duración, entendendo por tales aqueles que leven en situación de desemprego, polo menos, 24 meses.

Artigo 5º.-Axuda á transformación de contratos de duración determinada ou temporais en indefinidos.

1. Incentivarase cunha subvención de 300.000 ptas. a transformación en indefinidos dos contratos de duración determinada ou temporal, cal- quera que sexa a modalidade contractual obxecto de transformación, vixente o 17 de maio de 1997, data de entrada en vigor do Real decreto lei 9/1997, do 16 de maio, así como os de alternancia (relevo) e de substitución por anticipación da idade de xubi- lación, calquera que sexa a data da súa celebración. Así mesmo incentivarase coa mesma contía a trans- formación en indefinidos dos contratos de apren- dizaxe, en prácticas e para a formación que esgotaran o período mínimo legal de duración.

2. Cando a transformación afecte a mulleres que prestan servicios en actividades ou oficios nos que se atopan subrepresentadas ou que os seus contratos se transformen en indefinidos para prestar servicios nas ditas actividades u oficios, a subvención poderá alcanza-la contía de 500.000 ptas.

Artigo 6º.-Axuda excepcional á creación do pri- meiro emprego.

1. As empresas que contraten con carácter inde- finido e a tempo completo o seu primeiro empregado, poderán beneficiarse da subvención que se establece no apartado seguinte, sempre que o contratado sexa desempregado, inscrito na oficina de emprego, e reú- na os requisitos establecidos no artigo 4º.1 desta orde, como prioridade que se mantén para este tipo de axuda, e sempre que os ditos empresarios ini- ciaran a actividade cunha antelación mínima dun ano ó comezo da prestación de servicios polo traballador.

2. A axuda, pagadoira dunha soa vez, consistirá nunha subvención por unha contía máxima equi- valente ó importe do 30% da base mínima do grupo de cotización a que pertenza o traballador contratado establecida para o ano 1998, calculada sobre tres anualidades. En ningún caso a axuda poderá supe- ra-la contía de 1.000.000 de ptas.

Artigo 7º.-Exclusións específicas.

Os incentivos previstos neste programa para as contratacións indefinidas iniciais non se aplicarán nos seguintes supostos:

a) Contratacións realizadas con traballadores que, nos 24 meses anteriores á data da contratación, pres- taran servicios na mesma empresa ou grupo de empresas mediante un contrato por tempo indefinido.

O disposto no parágrafo precedente será tamén de aplicación no suposto de vinculación laboral anterior do traballador con empresas ás que a solicitante dos beneficios sucedera en virtude do establecido no artigo 44 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

b) Traballadores que finalizaran a súa relación laboral de carácter indefinido nun prazo de 3 meses previos á formalización do contrato polo que se soli- cita a subvención.

Artigo 8º.-Requisitos e obrigas.

1. Como consecuencia da contratación ou trans- formación que se fomenta ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa de modo que supere a media aritmética dos doce meses anteriores á data de inicio da prestación laboral.

Para os efectos de cómputo do cadro de persoal non se terán en conta as baixas dos traballadores que se producisen por propia vontade do traballador, ou por morte, xubilación, incapacidade permanente total ou absoluta ou gran invalidez legalmente recoñecidas.

2. Os beneficiarios estarán obrigados a mante-lo cadro de persoal de traballadores fixos durante polo menos 3 anos computados desde a data de realización do contrato.

3. As axudas previstas neste capítulo serán de aplicación ás contratacións indefinidas e ás trans- formacións que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Capítulo III

Programa de fomento dos contratos en prácticas

Artigo 9º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto impulsa-la rea- lización de contratos en prácticas regulados no artigo 11 do Estatuto dos traballadores, para favorece-la inserción laboral e a formación teórico-práctica dos xoves.

Artigo 10º.-Axudas.

Os contratos en prácticas que se realicen con xoves titulados segundo o establecido no artigo 11 do E.T. incentivaranse cunha contía de ata 500.000 ptas. sempre que a súa duración inicial non sexa inferior a doce meses.

Artigo 11º.-Requisitos e obrigas.

1. Os contratos en prácticas deberán cumpri-las esixencias e formalidades establecidas no artigo 11 do Estatuto dos traballadores e normas que o desenvolvan.

2. Estes contratos deberán realizarse con traba- lladores desempregados que non tiveran relación laboral coa empresa a través dun contrato da mesma modalidade.

3. Subvencionaranse os contratos en prácticas rea- lizados a partir do 1 de xaneiro de 1998, sempre que foran concertados por unha duración non inferior a doce meses.

Capítulo IV

Programa de apoio á substitución de traballadoras por causa de maternidade, adopción ou acollemento

Artigo 12º.-Obxecto.

Este programa ten por obxecto favorece-la cober- tura daqueles postos de traballo que quedan vacantes temporalmente como consecuencia da suspensión do contrato de traballo da muller traballadora por maternidade, adopción ou acollemento de menores de cinco anos, en virtude do establecido no artigo 45.1º e 48.4 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 13º.-Axudas.

As empresas que realicen un contrato de interi- nidade pola causa sinalada no artigo anterior, con traballadores desempregados inscritos na oficina de emprego, poderán beneficiarse dunha axuda econó- mica en contía equivalente ás cotas empresariais á Seguridade Social correspondentes á traballadora con suspensión da relación laboral por causa de maternidade, durante o período da substitución.

Artigo 14º.-Requisitos e obrigas.

1. O contrato de interinidade deberá cumpri-los requisitos e formalidades establecidos no Art. 15.1º c) do Estatuto dos traballadores e normas regulamen- tarias de aplicación.

2. No suposto de cesamento do traballador interino, a cobertura do posto por un novo traballador que

reúna as mesmas condicións que o anterior, terá que realizarse dentro dos 5 días seguintes ó da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa bene- ficiaria á delegación provincial da consellería que concedese a axuda, dentro dos dez días seguintes ó da cobertura do posto.

3. Subvencionaranse os contratos de interinidade por causa de maternidade, adopción ou acollemento, incluídos os realizados con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, sempre que estiveran vixentes nesa data.

Capítulo V

Programa de axudas á contratación

de traballadores de difícil reinserción

Artigo 15º.-Obxecto.

O obxecto do presente programa é fomenta-la con- tratación, indefinida ou temporal, de traballadores pertencentes a colectivos de difícil reinserción no mercado de traballo.

Artigo 16º.-Colectivos.

Para os efectos do presente programa, entenderase por colectivos de difícil reinserción no mercado de traballo aqueles colectivos que, polas súas carac- terísticas físicas, biolóxicas ou culturais, ou ben polos seus antecedentes vitais, sufran un rexeita- mento social que os sitúa en inferioridade de con- dicións para supera-los procesos selectivos de entrada no mercado de traballo: os perceptores da renda de integración social de Galicia, as minorías étnicas, os toxicómanos e ex-toxicómanos, os ex-reclusos e outros semellantes.

Artigo 17º.-Axudas.

Ás empresas que contraten traballadores desem- pregados inscritos na oficina de emprego perten- centes a estes colectivos poderánselles concede-las seguintes axudas:

a) Ata 750.000 ptas., se o contrato é indefinido e a tempo completo.

b) Ata 300.000 ptas., se o contrato é temporal, sempre que teña unha duración mínima dun ano e sexa a tempo completo.

Artigo 18º.-Requisitos e obrigas.

1. Os contratos de traballo obxecto de subvención deberán formalizarse por escrito e observa-los requisitos e prescricións establecidas na normativa de aplicación.

2. As axudas previstas neste capítulo serán de aplicación ás contratacións indefinidas ou temporais que se realicen a partir do 1 de xaneiro de 1998.

Capítulo VI

Sección 1ª

Normas comúns

Artigo 19º.-Exclusións xenéricas.

Exclúense dos beneficios establecidos nos progra- mas desta orde:

a) As relacións laborais de carácter especial pre- vistas no artigo 2.1º do Real decreto lexislativo

1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto de traballadores, ou noutras disposicións legais.

b) Os contratos realizados co cónxuxe, ascenden- tes, descendentes e demais parentes, por consan- guinidade ou afinidade, ata o segundo grao inclusive, do empresario ou de quen desempeñe cargos de dirección ou sexan membros dos órganos de admi- nistración das empresas que revistan a forma xurí- dica de sociedade, así como as que se produzan con estes últimos.

Artigo 20º.-Incompatibilidades.

1. Os beneficios establecidos nesta orde á con- tratación indefinida non poderán, en concorrencia con outras axudas públicas para a mesma finalidade, supera-lo 60% do custo salarial anual correspon- dente ó contrato que se subvenciona.

2. En ningún caso as axudas establecidas para cada colectivo no capítulo II da presente orde serán acumulables entre si.

3. As subvenciones previstas nesta orde para as contratacións de carácter temporal serán incompa- tibles con outras que, polos mesmos conceptos, poi- dan outorga-las administracións públicas como medida de fomento de emprego, salvo incentivos en forma de bonificacións á Seguridade Social.

Sección 2ª

Normas de procedemento

Artigo 21º.-Solicitudes e prazo.

1. As solicitudes deberán formalizarse, por tripli- cado exemplar, nos modelos que figuran como anexo da presente orde, e presentaranse ante as corres- pondentes delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuven- tude, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce- demento administrativo común.

2. As solicitudes deberán presentarse no prazo máximo de dous meses contados desde a data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato en indefinido. En todo caso o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro.

Artigo 22º.-Documentación.

Cada solicitude deberá ir acompañada, por tri- plicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia debidamente compulsada, da seguinte documen- tación:

1. Se o solicitante é persoa física, documento nacional de identidade e acreditación do nº de iden- tificación fiscal, e se é persoa xurídica documento nacional de identidade e poder suficiente do repre- sentante para actuar en nome da entidade e nº de identificación fiscal da empresa, así como alta no imposto de actividades económicas.

2. Compromiso de contratación ou de conversión do contrato temporal en indefinido con traballador determinado ou, de se-lo caso contratos formalizados e alta na Seguridade Social.

3. DNI e documento acreditativo da situación de desemprego e do tempo de permanencia no paro do traballador.

4. Cando se soliciten incentivos á contratación indefinida previstos no capítulo II desta orde, deberá xuntarse unha declaración na que se faga consta-lo cadro de persoal fixo da empresa en cada un dos doce meses anteriores ó inicio da relación laboral do traballador contratado ou da transformación, con indicación, de se-lo caso, das baixas producidas polas causas sinaladas no artigo 8 desta orde. Para o caso de que aínda non se realizase ou transformase o contrato no momento da presentación da solicitude, a declaración referirase ós doce meses anteriores a esta, sen prexuízo de que con anterioridade ó paga- mento da subvención se acredite o incremento do cadro de persoal en relación coa data da contratación indefinida.

5. De se-lo caso, documentación acreditativa das circunstancias indicadas no artigo 4º.2. e 3 desta orde.

6. Na axuda excepcional á creación do primeiro emprego, documentación que acredite este extremo.

7. De se-lo caso, documento acreditativo da baixa por maternidade, adopción ou acollemento da tra- balladora substituída.

8. Nas axudas á contratación de traballadores de difícil reinserción no mercado de traballo, documen- to, de se-lo caso, de ser perceptor da renda de inte- gración social de Galicia (Risga) ou, noutros supos- tos, o informe social sobre o traballador que se vai contratar, salvo no caso de colectivos tales como minorías étnicas, no que non será preciso.

Artigo 23º.-Tramitación e instrucción.

1. Se a solicitude non estivese debidamente cuber- ta ou non se xunta a documentación esixida, as uni- dades tramitadoras do expediente requirirán o inte- resado para que no prazo de 10 días enmende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixera, se dará por desistido da súa petición, arquivándose esta, de con- formidade co disposto no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do proce- demento administrativo común.

2. Unha vez completos os expedientes, remitiranse á comisión de valoración, para o seu informe, pro- posta de resolución e posterior elevación ante o órga- no competente para resolver.

3. Para os efectos do disposto no número anterior, a comisión de valoración estará constituída polo secretario da delegación provincial, que a presidirá, e serán vocais o xefe de Servicio de Fomento do

Emprego, que actuará como secretario, e un fun- cionario destinado na respectiva delegación provin- cial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, designado polo delegado.

Artigo 24º.-Resolución.

1. A resolución das axudas, unha vez recibido o informe da comisión de valoración e fiscalizadas as propostas polas respectivas intervencións, corres- ponderalle ós delegados provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, e notificaráselles ós interesados. As resolucións denegatorias deberán ser sempre moti- vadas.

2. Non obstante, a conselleira de Familia e Pro- moción do Emprego, Muller e Xuventude poderá resolver sobre a concesión de axudas e subvencións para accións que se desenvolvan no ámbito provin- cial naqueles sectores productivos que polas súas características así o aconsellan.

3. O prazo para resolver será de tres meses e, empezará a computarse desde o momento no que o expediente estea completo; transcorrido o prazo para resolve-lo procedemento sen que se dicte reso- lución expresa, entenderase que esta é desestima- toria da concesión da axuda ou subvención.

4. As resolucións que se dicten neste procede- mento poñen fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-adminis- trativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 25º.-Criterios de valoración.

Para a valoración das solicitudes terase en conta o tamaño das empresas, a súa localización en zonas especialmente desfavorecidas, así como o colectivo de mulleres cando non se considere a súa prioridade de forma específica.

Artigo 26º.-Forma de pagamento e xustificación.

1. Unha vez concedida a subvención, con ante- rioridade ó seu aboamento, no prazo, nos termos e na forma que se sinalen na resolución, o bene- ficiario deberá xunta-la documentación que se esixa de forma expresa nela, entre a que deberá figura-la seguinte:

a) Certificacións acreditativas de estar ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

b) Documento de alta na Seguridade Social e con- tratos de traballo debidamente formalizados, de non terse entregado con anterioridade, e, de se-lo caso, documentos acreditativos da transformación do con- trato en indefinido.

c) Cando se trate dalgunha das axudas previstas no capítulo II, os documentos TC1 e TC2 corres- pondentes ás mensualidades que se indiquen na resolución.

d) Ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o soli- citante é titular da conta.

Artigo 27º.-Obrigas dos beneficiarios.

No suposto de extinción da relación laboral do traballador polo que se concedese a subvención, a cobertura do posto por un novo traballador, que deberá reuni-los mesmos requisitos que o traballador substituído, terá que realizarse dentro do mes seguinte ó da baixa, feito que deberá ser comunicado pola empresa beneficiaria á delegación provincial que concedese a axuda, dentro dos 10 días seguintes á substitución. Esta nova contratación en ningún caso dará lugar a unha nova axuda. No caso de contratación de interinidade por causa de maternidade, adopción ou acollemento, aplicarase o disposto no artigo 14º.2 desta orde.

Esta obriga manterase durante tres anos desde a data de realización do contrato indefinido obxecto de subvención e, se é temporal, durante a duración do contrato.

Artigo 28º.-Comprobación.

As delegacións provinciais poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións con- cedidas para os fins programados. Para estes efectos os beneficiarios deberán cumpri-las obrigas de com- probación que se establezan na resolución con- cesoria.

Disposicións adicionais

Primeira.-En tanto non proceda o Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais a determina-las profe- sións ou oficios nos que o colectivo feminino se atope subrepresentado, observarase o disposto no anexo III da Orde do 6 de agosto de 1992, pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas para o fomento da contratación indefinida establecida na Lei 22/1992, do 30 de xullo, de medi- das urxentes sobre fomento do emprego e protección por desemprego.

Segunda.-Non poderán acceder ás axudas previs- tas no capítulo III da presente orde, os contratos formativos que se realicen ó abeiro do programa de escolas obradoiro e casas de oficio.

Terceira.-As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro da Orde do 18 de decembro de 1996, modi- ficada parcialmente pola Orde do 4 de xullo de 1997, pola que se regulaba o programa de fomento á con- tratación para o dito exercicio, que non puideran ser atendidas por falta de dispoñibilidades orzamen- tarias e que reunisen os requisitos legais estable- cidos nelas, poderán ser atendidas con cargo ós cré- ditos orzados para o exercicio de 1998 e en función da normativa que lles era de aplicación no momento da presentación da solicitude.

Cuarta.-Serán subvencionables as contratacións indefinidas a xornada completa e as transformacións de contratos temporais en indefinidos que, cumprin- do os requisitos e condicións establecidos nesta orde, se formalizaron entre o 1 de outubro e o 31 de decem- bro de 1997. Nestes supostos, o prazo de presen- tación das solicitudes será de dous meses a partir da entrada en vigor da presente orde.

Quinta.-Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Adminis- tración do Estado e da Comunidade Autónoma, do Fondo Social Europeo, ou a Unidade Administradora do Fondo Social Europeo no Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, a Consellería de Familia e Pro- moción do Emprego, Muller e Xuventude poderá rea- liza-las comprobacións y verificacións que consi- dere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normas vixentes que resultan de aplicación.

Sexta.-O incumprimento total ou parcial de cal- quera das condicións, así como a duplicación da axuda polo mesmo concepto con cargo a outros cré- ditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local ou da Unión Europea constituirán causa deter- minante de revogación da axuda e do reintegro desta por parte de beneficiario ou solicitante, xunto cos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 78.6º da Lei 11/1992.

Sétima.-As delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderán requirir do solicitante a apor- tación doutros documentos ou datos complementa- rios que considere necesarios para resolver sobre a solicitude presentada.

Oitava.-A concesión das axudas reguladas na pre- sente orde terán como límite global o crédito asig- nado nos orzamentos xerais da Comunidade Autó- noma para 1998 para o fin que persigan, e os com- promisos que se reflicten no marco comunitario de apoio provenientes do Fondo Social Europeo.

Novena.-Se por calquera causa, no momento no que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e, sempre que sexa posible, o nomea- mento deberá recaer noutro funcionario do mesmo servicio que o substituído.

Disposicións finais

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito das súas com- petencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

3843