Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 30 de abril de 1998 Páx. 4.584

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de abril de 1998 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de actividades de orientación profesional para o emprego.

A evolución do mercado de traballo, o aumento da poboación activa e a persistencia do desemprego, fan necesario articular medidas tendentes a paliar esta situación, que inclúan accións de atención constante e especializada dirixidas a aqueles colectivos con dificultades de inserción laboral. Neste sentido, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pretende poñer en marcha un sistema de orientación laboral, baseado en accións de información, orientación e busca activa de emprego, coa finalidade de mellora-la ocupabilidade dos demandantes de emprego.

O Decreto 488/1997, do 26 de decembro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, dispón que é esta o órgano da Xunta de Galicia ó que lle corresponde levar a cabo, entre outras, as funcións en materia de políticas activas de emprego, atribuíndolle, a través da Dirección Xeral de Formación e Colocación, as competencias en materia de formación ocupacional e intermedia

ción no mercado de traballo, colocación e orientación laboral.

En virtude do exposto, e co fin de promove-las posibilidades de inserción laboral en Galicia, faise necesario articular unha vía de colaboración en materia de orientación laboral para o emprego con entidades externas, sen ánimo de lucro, que achegen os recursos humanos, técnicos e materiais necesarios para o desenvolvemento das citadas accións.

No Real decreto 1375/1997, do 29 de agosto, establécese o traspaso á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión realizada polo Instituto Nacional de Emprego, no ámbito do traballo o emprego e a formación.

Así mesmo, a orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social do 20 de xaneiro de 1998, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego, establece na súa disposición adicional segunda que as comunidades autónomas que asumiran o traspaso das funcións e servicios en materia de información, orientación profesional, busca activa de emprego e información e asesoramento para o autoemprego, poderán aco

moda-lo establecido nesa orde á súa propia organización e necesidades.

Polo tanto, atendendo á Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, á Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998, e existindo crédito na aplicación 14.03.243C.482 para o financiamento das presentes subvencións.

Dado que se deu audiencia ós axentes sociais representados no seo do Consello Galego de Relacións Laborais, co informe previo dos servicios xurídicos da consellería, por proposta da Dirección Xeral de Formación e Colocación e en uso das facultades que me son conferidas de acordo co artigo 34 da Lei 1/1993, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto o establecemento das bases para a concesión de subvencións por parte da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a entidades colaboradoras que realizen accións de orientación profesional para o emprego, articuladas en itinerarios de inserción ocupacional e dirixidas a mellora-las posibilidades de ocupación dos demandantes de emprego inscritos no servicio público de emprego.

Artigo 2º.-Accións.

A Dirección Xeral de Formación e Colocación, mediante o Servicio Galego de Colocación, directamente ou por medio de centros colaboradores distribuídos nas áreas funcionais determinadas, levará a cabo accións de información, orientación profesional e asesoramento para o emprego.

As ditas accións realizaranse preferentemente de xeito personalizado, coa finalidade de avalia-lo perfil curricular de cada demandante, actuando ó mesmo tempo sobre as súas aptitudes e capacidades e establecendo actuacións tendentes a adecua-los seus intereses e motivacións á situación actual do mercado de traballo. Ó mesmo tempo, poderán desenvolverse accións colectivas dirixidas á adquisición das capacidades básicas que permitan ós demandantes articular itinerarios activos e eficaces na busca de emprego.

Capítulo II

Das entidades colaboradoras

Artigo 3º.-Definición.

Poderán ser entidades colaboradoras co Servicio Galego de Colocación nas accións de información e orientación laboral: as asociacións empresariais e sindicais máis representativas na Comunidade Autónoma, os centros asociados ó Servicio Galego de Colocación e as entidades sen ánimo de lucro,

cun ámbito de actuación relacionado co mercado laboral, e que así se recolla nos seus estatutos ou normas de constitución, e que reúnan os seguintes requisitos:

a) Dispoñer dun local con despacho para atención individual ós demandantes de emprego.

b) Dispoñer dun fax con liña dedicada.

c) Dispoñer dun acceso básico de Rede Dixital de Servicios Integrados.

d) Dispoñer dun ordenador persoal, con conexión externa exclusiva á Rede Dixital de Servicios Integrados e protocolo de comunicacións TCP/IP.

Tanto o software de base instalado como as características do hardware do ordenador deberán posibilita-lo correcto funcionamento do aplicativo cliente do Servicio Galego de Colocación.

Artigo 4º.-Solicitude

1. As entidades que, reunindo os requisitos establecidos no artigo anterior, desexen obte-lo recoñecemento como centro colaborador do Servicio Galego de Colocación na área de orientación laboral, deberán formaliza-la correspondente solicitude segundo o modelo oficial que se xunta como anexo á presente orde, subscrita polo titular ou representante legal da entidade debidamente acreditado e dirixida ó director xeral de Formación e Colocación.

2. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Copia compulsada da escritura de constitución e dos estatutos da entidade.

b) Tarxeta de identificación fiscal.

c) Documentación acreditativa de representatividade suficiente para asina-la solicitude.

d) Título lexítimo que habilite para a posesión dos inmobles e instalacións correspondentes.

e) Licencia municipal de apertura.

f) Proxecto-memoria das accións que se van realizar na que se indique:

-Período durante o que se realizarán as accións.

-Recursos técnicos, humanos e materiales requiridos, delimitando dentro destes, aqueles dos que dispoña a entidade no momento da solicitude e aqueles que incorporará antes do inicio das accións.

-Descrición dos procedementos de xestión e seguimento das accións.

-Experiencia no desenvolvemento das accións solicitadas.

-Orzamento, con especificación do custo de persoal técnico e de apoio e dos gastos xerais, materiais e técnicos.

-Sistemas de avaliación dos servicios que se van prestar ós demandantes de emprego.

g) Datos bancarios onde se desexe percibi-la subvención.

3. As entidades que sexan centros asociados ó Servicio Galego de Colocación estarán exentas de presenta-la documentación indicada nas letras a), b), c), d) e e) do apartado 2º deste artigo.

4. Así mesmo, as entidades colaboradoras que sexan administracións públicas estarán exentas da presentación do documento indicado na letra a) do apartado 2 deste artigo.

5. As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.- Prazo.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir da entrada en vigor da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6º.- Tramitación.

1. A tramitación e instrucción dos expedientes realizarase na Dirección Xeral de Formación e Colocación conforme o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O director xeral de Formación e Colocación dictará resolución motivada que porá fin ó procedemento administrativo, e seralle notificada ós interesados.

A dita resolución dictarase segundo o diposto no artigo 3º da presente orde, das avaliacións efectuadas na Dirección Xeral de Formación e Colocación en relación á cobertura existente dentro do Servicio Galego de Colocación segundo as áreas funcionais, do traballo desenvolvido polos centros asociados ó Servicio Galego de Colocación na área funcional na que se localicen, e das necesidades previstas de acordo co número de demandantes de emprego de cada área funcional.

3. A resolución dos expedientes deberá producirse nun prazo de tres meses contados dende o día seguinte ó do remate do prazo para a presentación das solicitudes. Transcorrido o devandito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimatoria.

Artigo 7º.- Convenios de colaboración.

Unha vez pechado o prazo de solicitude de centro colaborador en materia de orientación laboral, e no caso de que nas avaliacións efectuadas na Dirección

Xeral de Formación e Colocación se deduza que non existe a cobertura necesaria para garantir unha atención integral ós usuarios do Servicio Público de Emprego, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá asinar para os efectos un convenio de colaboración con calquera entidade que cumpra os requisitos sinalados no artigo 3º da presente orde.

Artigo 8º.-Ámbito de actuación.

Os centros colaboradores levarán a cabo as accións de información, orientación e asesoramento cos demandantes de emprego direccionados polo Servicio Galego de Colocación.

Artigo 9º-Obrigas dos centros colaboradores.

Calquera centro colaborador do Servicio Galego de Colocación na área de Orientación Laboral estará obrigado a:

a) Presentar trimestralmente información relativa ás accións realizadas, na que constará sempre a sinatura dos participantes, e que se presentarán á DirecciónXeral de Formación e Colocación polos mecanismos que se establezan.

b) Comunicar á Dirección Xeral de Formación e Colocación calquera alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.

c) Facilitar, no prazo máximo de 10 días, os datos que a Dirección Xeral de Formación e Colocación requira sobre o desenvolvemento e resultado das accións cos demandantes de emprego inscritos no Servicio Público de Emprego.

d) Utiliza-las metodoloxías, documentos, táboas de axuda, programas informáticos, etc., que estableza a Dirección Xeral de Fomación e Colocación, sen prexuízo de que por parte dos centros colaboradores se poidan utilizar metodoloxías propias, supervisadas e aprobada pola Dirección Xeral de Formación e Colocación.

e) Utilizar axeitadamente as identificacións segundo as instruccións que estableza a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

f) Obter autorización previa por parte da Dirección Xeral de Formación e Colocación para a difusión publicitaria das accións previstas no artigo 2º, así como tamén respecta-las instruccións e utiliza-lo modelo de anuncio ou cartel publicitario que determine a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

g) Manter a disposición do Servicio Galego de Colocación o expediente completo correspondente ó usuario demandante de emprego durante o período en que se executen as accións.

h) Informar á Dirección Xeral de Formación e Colocación, previamente e por escrito, sobre calquera cambio que se puidera producir nos datos expresados polo centro no inicio da súa colaboración.

i) Non percibir ningunha retribución económica dos usuarios pola realización das accións desenvolvidas en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación no marco desta disposición.

j) Informar previamente á Dirección Xeral de Formación e Colocación sobre se perciben compensacións económicas doutras administracións por levar a cabo accións iguais ou análogas ás reguladas na presente orde.

k) Garda-lo segredo profesional respecto ós datos contidos nos ficheiros automatizados de titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou rexistrados en soportes físicos susceptibles de tratamento automatizado. Esta obriga subsistirá cando que finalice a súa colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación, de acordo co establecido no Real decreto 1332/1994, do 20 de xuño, polo que se desenvolven determinados aspectos da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado de datos.

Os datos de carácter persoal obxecto do tratamento automatizado unicamente poderán ser cedidos para o cumprimento dos fins directamente relacionados coas accións do Servicio Galego de Colocación.

l) Facilitar información á persoa demandante de emprego do estado dos seus datos de carácter persoal incluídos nos ficheiros automatizados, con calquera das formas expresadas no artigo 14.2 da Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación do tratamento automatizado de datos.

m) Todas aquelas obrigas que se desprendan do articulado da presente orde.

n) En caso de cesamento das súas actividades, perda da súa condición de centro colaborador co Servicio Galego de Colocación na área de orientación laboral ou que a Consellería de Familia, e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude lle suprimira este servicio, o centro remitirá os expedientes dos usuarios que estean vixentes ó centro ou entidade que lle indique a Dirección Xeral de Formación e Colocación.

Artigo 10º-Selección e contratación do persoal para a realización das accións.

1. A entidade colaboradora en materia de orientación laboral, unha vez dictada resolución estimativa, realizará, en colaboración coa Dirección Xeral de Formación e Colocación, a selección de técnicos para o desenvolvemento das accións referidas no artigo 2º da presente orde.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación realizará, sempre que se considere necesario, a formación inicial dos técnicos seleccionados. Igualmente organizará, con medios propios ou alleos, o perfeccionamento e actualización formativa dos técnicos que imparten as accións.

Capítulo III

Contía das subvencións

Artigo 11º.-Contía.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación subvencionará as retribucións totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social, por tódolos conceptos de persoal necesario para a execución das accións, así como axudas de custo e desprazamentos que se xeren para o seu desenvolvemento, en función do convenio colectivo aplicable, ou de acordo coa normativa de aplicación nas administracións públicas para funcionarios nas contías seguintes:

a) Para os técnicos, as retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 4.000.000 de pesetas por ano.

b) Para o persoal de apoio, as retribucións establecidas na respectiva normativa de aplicación para cada categoría, nivel ou grupo profesional, ata un máximo de 2.500.000 pesetas por ano.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación tamén subvencionará ata un 10% do total da subvención aprobada en concepto de gastos xerais, materiais e técnicos.

3 As retribucións refírense á prestación de servicios a xornada completa. As retribucións acomodaranse proporcionalmente á xornada que se desenvolva no caso de que a prestación de servicios sexa a tempo parcial.

Artigo 12º.-Forma de pagamento.

1. A Dirección Xeral de Formación e Colocación aboará o 50 por 100 do importe da subvención concedida, logo de certificación da contratación do persoal técnico e de apoio, ou acreditación da prestación dos seus servicios por conta allea na entidade beneficiaria da subvención e do inicio das accións por parte da entidade colaboradora.

Do 50 por 100 restante, o 25 por 100 transferiráse cando a entidade colaboradora teña certificado e xustificado, conforme o previsto no artigo 13º.1, o 50 por 100 concedido inicialmente, e unha vez finalizadas as accións, transferirase o 25 por 100 restante ata completa-lo total da subvención concedida.

2. Cando algunha das accións non puidera executarse dentro do ano natural do exercicio orzamentario en que se concedeu a subvención, procederase a recoñece-la obriga con anterioridade ó 31 de decembro do dito ano natural e a realiza-lo pagamento unha vez xustificadas as accións.

Artigo 13º.-Requisitos para o aboamento

1. Antes de proceder ó cobramento das subvencións establecidas nesta orde, as entidades beneficiarias, se é o caso, terán que acreditar que se

atopan ó día nas súas obrigas tributarias e sociais, e no pagamento das súas obrigas coa Comunidade Autónoma, e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

2. Unha vez finalizadas as actividades, as entidades beneficiarias deberán acreditar certificación selada e asinada pola entidade, na que se faga consta-la realización das accións descritas .

Artigo 14º.-Prazo de execución das accións.

1. No suposto previsto no artigo 12º.2, as accións poderán executarse ata o 31 de marzo do ano natural seguinte ó da súa concesión. Neste caso, o proxecto conxunto de actuacións deberá terse iniciado antes do 31 de decembro do exercicio no que se concedeu a subvención.

2. No suposto anterior, procederase a recoñece-la obriga con anterioridade ó 31 de decembro, e a realiza-lo último pagamento unha vez xustificadas as accións.

Artigo 15º.-Liquidación final.

1. Durante o mes seguinte ó de finalización da execucións das accións obxecto da subvención, a entidade colaboradora presentará liquidación final dos gastos realizados no modelo que dispoña a Dirección Xeral de Formación e Colocación, que conterá alomenos, o seguintes datos:

a) Accións realizadas, con especificación dos demandantes de emprego atendidos en cada unha delas.

b) Relación de facturas, na que consten os gastos realizados desagregados por conceptos.

2. A Dirección Xeral de Formación e Colocación poderá solicitar á entidade colaboradora os xustificantes de gastos orixinais.

Capítulo IV

Seguimento e control

Artigo 16º.-Seguimento das accións.

Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá realiza-las comprobacións e verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normativas vixentes que resulten de aplicación.

Artigo 17º.-Reintegro das subvencións.

1. Procederá o reintegro das cantidades percibidas nos termos e coas condicións sinaladas no artigo 15 do Decreto 52/1994, do 4 de marzo, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustifica-la realización da actividade

b) Incumprimento da finalidade para a que a axuda foi concedida

c) Incumprimento por parte da entidade colaboradora das obrigas sinaladas nesta orde.

2. Así mesmo, procederá o reintegro por parte da entidade colaboradora das seguintes cantidades:

a) As correspondentes a accións non executadas por causas non imputables á entidade colaboradora..

b) As que excedan ó custo da actividade desenvolvida.

c) As que excedan da cantidade que se vai percibir polas accións realizadas, unha vez deducidas outras subvencións ou axudas recibidas pola entidade colaboradora para a mesma finalidade.

Artigo 18º.-Recursos.

Contra as resolucións do director xeral de Formación e Colocación poderase interpoñer recurso ordinario perante a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de acordo co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposicións adicionais

Primeira.-As accións incluídas na presente orde, financiaranse con cargo á consignación orzamentaria 14.03.243C.482, cun importe de 750.000.000 pesetas.

Segunda.-A concesión das subvencións terá como límite global o crédito asignado para este fin nos orzamentos xerais de cada ano, da Comunidade Autónoma.

Terceira.-En todo o non disposto na presente disposición, será de aplicación a Orde do 20 de xaneiro de 1998, do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a realización de accións de orientación profesional e asistencia para o autoemprego, así como a súa normativa de desenvolvemento

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Formación e Colocación para que dicte, no ámbito das súas competencias, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

3839