Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Xoves, 30 de abril de 1998 Páx. 4.555

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de abril de 1998 pola que se establecen os programas de axudas para o fomento da economía social, para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade para o ano 1998.

As diversas medidas de fomento do emprego postas en práctica pola Comunidade Autónoma tense que completar con medidas de fomento e axudas a outras actividades e iniciativas englobadas baixo o concepto de economía social.

As distintas fórmulas de autoemprego colectivo promovidas polos traballadores asociados en cooperativas ou sociedades laborais, a creación do seu propio posto de traballo constituíndose en autónomo, e a creación de centros especiais de emprego como vehículo de integración laboral das persoas con discapacidade, reveláronse tradicionalmente como medidas eficaces para a xeración de emprego, mobilización de recursos, corrección de desequilibrios comarcais, e fixación de man de obra productiva, establecendo vínculos de interese mutuo entre a poboación e o seu propio territorio.

O fomento das fórmulas de economía social, sen que isto supoña interferir na libre competencia, é unha obriga dos poderes públicos, recollida no seu artigo 129.2º da Constitución española, e recomendado no dictame 89/C298/16 do Comité Económico e Social da Comunidade Económica Europea.

Por outra banda, no título VII da Lei 13/1982, de integración social do minusválido, establécese como finalidade primordial da política de emprego de traballadores minusválidos a súa integración no sistema ordinario de traballo, ou, no seu defecto, a súa incorporación ó sistema productivo mediante fórmulas especiais de traballo protexido como son os centros especiais de emprego.

Segundo o establecido no artigo 29.1º do Estatuto de autonomía de Galicia e de conformidade co Decreto 168/1984, do 15 de novembro, correspóndelle á Comunidade Autónoma a xestión de calquera tipo de axuda, subvencións e préstamos que realizaba o Fondo Nacional de Protección ó Traballo, e segundo o artigo 19.4º da orde do Ministerio de Traballo e Seguridade Social do 21 de febreiro de 1986, a xestión das axudas dos diversos programas de creación de emprego recollidas nela, adaptada ás actuais circunstancias e ás directrices emanadas do Consello Europeo Extraordinario de Luxemburgo.

A presente convocatoria axústase ó disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia e, en concreto no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións e no establecido na Lei 1/1998, do 7 de abril, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para 1998.

Por todo o exposto, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, e no exercicio das facultades que

me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.

DISPOÑO:

Capítulo I

Ámbito y réxime das axudas

Artigo 1º.- Obxecto.

1. A presente orde ten por obxecto regula-las bases das axudas e subvencións establecidas pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para o ano 1998, coa finalidade de fomenta-lo emprego en cooperativas e sociedades laborais, así como incentiva-lo traballo autónomo por conta propia e promove-la integración laboral das persoas con discapacidade, a través dos seguintes programas:

-Programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais.

-Programa de promoción de emprego autónomo.

-Programa de integración laboral das persoas con discapacidade.

2. As solicitudes, tramitación e concesión destas axudas e subvencións axustaranse ó disposto na Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1998, na presente orde e nas demais normas de xeral e pertinente aplicación.

3. Estes programas financiaranse con cargo ós créditos da aplicación orzamentaria 14.04.241A.470.0 que figuran na Lei de presupostos xerais da Comunidade autónoma de Galicia para 1998.

Capítulo II

Programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais

Sección primeira

Obxecto e beneficios

Artigo 2º.- Finalidade.

A finalidade deste programa é facilitar axudas e subvencións que contribúan á creación ou mantemento de postos de traballo en cooperativas e sociedades laborais, así como subvencionar actividades destinadas ó fomento e difusión da economía social.

Artigo 3º.- Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa as cooperativas e sociedades laborais que teñan o seu domicilio na Comunidade Autónoma galega e estean debidamente inscritas no correspondente rexistro, e/ou os seus socios traballadores ou de traballo.

Nas accións de formación profesional e difusión da economía social poderán ser beneficiarias as entidades indicadas no artigo 9 desta orde.

Sección segunda: tipos de axuda.

Artigo 4º.- Tipos de axuda.

Neste programa de fomento de emprego en cooperativas e sociedades laborais, recóllense os seguintes tipos de axudas e subvencións:

* Axudas para asistencia técnica.

* Subvención financeira de reducción de xuros.

* Renda de subsistencia.

* Axuda excepcional.

* Subvencións a accións de formación profesional e difusión da economía social.

Artigo 5º.- Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación, mantemento ou reestructuración das cooperativas ou sociedades laborais.

Esta asistencia técnica só poderá ser solicitada durante o primeiro ano contado desde a data de constitución da cooperativa ou sociedade laboral, e deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores, xerentes ou técnicos, por un período máximo dun ano, tendo en conta o previsto para a contratación de asalariados pola lexislación vixente de cooperativas e sociedades laborais.

-Labores de asesoramento e auditoría.

A asistencia técnica poderá ser subvencionada na súa totalidade, cando sexa promovida de oficio, e ata o 50% cando sexa solicita por instancia de parte; neste último caso o importe da subvención non poderá supera-lo 10% do investimento en activo fixo, excepto na súa modalidade de contratación de directores, xerentes ou técnicos.

Artigo 6º.- Subvención financeira de reducción de xuros.

A subvención financeira ten por finalidade a reducción de xuros de préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e solicitados a nome das cooperativas ou sociedades laborais. Non obstante, no caso de constitución de cooperativas ou sociedades laborais poderá destinarse ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención será como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que conceda o préstamo e non poderá supera-la contía de 500.000 pesetas por socio traballador integrante da cooperativa ou sociedade laboral cando o seu posto de traballo non fose tido en conta con anterioridade para a concesión deste mesmo tipo de axuda.

Artigo 7º.- Rendas de subsistencia.

1. Poderán concederse subvencións de ata 500.000 pesetas, en concepto de rendas de subsistencia por unha soa vez a cada socio traballador que no momento de adquiri-la dita condición estea desempregado e sexa menor de 25 anos, ou maior de 25 años parado de longa duración, e que non percibise con anterioridade

este tipo de axuda. Para obte-la renda de subsistencia non poden mediar máis de tres meses desde a data de alta na Seguridade Social ata a data da solicitude. Non obstante, para aqueles socios traballadores que se desen de alta con posterioridade ó 30 de setembro de 1997 e antes da entrada en vigor da presente orde, o referido prazo de tres meses computarase a partir da data da súa entrada en vigor.

2. Non obstante o anterior, poderán ser beneficiarios desta axuda en concepto de renda de subsistencia os traballadores maiores de 25 años desempregados con independencia do tempo de permanencia na dita situación, se pertencen a algún dos seguintes colectivos:

a) Menores de 30 anos que busquen o seu primeiro emprego. Para estes efectos enténdese que buscan o seu primeiro emprego aqueles que non realizasen con anterioridade ningunha actividade laboral, por conta propia ou allea, durante un período superior a 180 días ininterrompidos ou 360 con interrupción.

b) Mulleres que accedan ó seu primeiro emprego ou que se incorporen para realizar profesións ou oficios nos que o colectivo se atope subrepresentado. De acordo co disposto no anexo III da Orde do 6 de agosto de 1992, pola que se establecen as bases reguladores de concesión das axudas para o fomento da contratación indefinida establecida na Lei 22/1992, do 30 de xullo, de medidas urxentes sobre fomento do emprego e protección por desemprego.

c) Traballadores que realizasen cursos de formación profesional ocupacional do Plan FIP, directamente relacionados co posto de traballo para o que se contrata, correspondentes ás programacións de 1996, 1997 ou 1998.

d) Desempregados que participasen como alumnos en programas de escolas obradoiro ou casas de oficio en 1996, 1997 ou 1998, ou ben en obras ou servicios de interese xeral realizados en virtude doutros programas de fomento de emprego en 1997 ou 1998.

e) Os traballadores que, para manteren o seu posto de traballo, adquiran os bens inventariables da empresa na que prestaban os seus servicios, e adopten a forma xurídica de cooperativa ou sociedade anónima laboral.

f) Os perceptores de prestación de desemprego na súa modalidade de pagamento único que a capitalizasen por un período igual ou superior a 12 meses.

Artigo 8º.- Axuda excepcional.

Poderán concederse axudas de carácter excepcional ás cooperativas de traballo asociado de nova creación cando estean constituídas exclusivamente por xoves menores de 25 anos, nunha contía de ata 400.000 ptas. por socio, destinadas a investimentos en activos fixos.

Artigo 9º.- Formación profesional e difusión da economía social.

Poderán subvencionarse accións de formación profesional dirixidas ós socios traballadores de cooperativas e sociedades laborais, así como as dirixidas ós traballadores que desexen constituír ou integrarse neste tipo de empresas.

As entidades que desenvolvan as ditas accións poderán ser universidades, centros colaboradores de forma

ción ocupacional homologados por esta consellería ou entidades e institucións do movemento cooperativo ou das sociedades laborais.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá promover e financiar directamente actividades de difusión, fomento, formación e promoción da economía social.

Sección terceira: solicitudes e documentación.

Artigo 10º.- Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán formalizarse por separado nos modelos que figuran como anexo da presente orde e deberán ir acompañadas, por triplicado exemplar, un deles orixinal ou fotocopia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas:

a) Se o solicitante é persoa física, documento nacional de identidade e acreditación do nº de identificación fiscal, se é persoa xurídica, documento nacional de identidade e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e nº de identificación fiscal da empresa.

b) Certificación da inscrición da entidade no rexistro correspondente, ou no seu defecto, solicitude de inscrición.

c) Memoria sucinta en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela, excepto no caso de solicitude da renda de subsistencia.

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Cando se trate da modalidade de contratación, o currículum vitae da persoa que preste o servicio.

b) E cando se trate de estudios, o orzamento detallado e o índice do seu contido, así como a memoria da entidade ou o currículum vitae da persoa que realice o estudio-asesoramento e o plan de investimentos en activo fixo.

3. Documentación específica para a subvención financeira de reducción de xuro:

a) Compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figure as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin.

b) Certificación da relación nominal de socios traballadores.

c) E, facturas pro forma ou orzamentos dos activos que se vaian financiar polo préstamo.

4. Documentación específica para as rendas de subsistencia:

a) Certificación de incorporación, ou no seu defecto, solicitude de ingreso na cooperativa ou sociedade laboral.

b) Documento acreditativo da situación de desemprego e do tempo de permanencia na dita situación.

c) Se é o caso, documentos acreditativos da concorrencia das circunstancias recollidas no artigo 7º.2 da presente orde.

5. Documentación específica para as axudas excepcionais:

a) Memoria económica do proxecto, que inclúa orzamento de investimento e e plan de financiamento.

b) Facturas pro forma ou orzamentos dos activos fixos que se vaian financiar.

c) Relación de socios e copia do DNI de cada un deles.

6. Documentación específica para accións de formación profesional e difusión da economía social.

Para esta axuda deberá presentar unha memoria descritiva da acción na que conste, entre outros datos, tempo de execución e orzamento desagregado por conceptos.

Sección cuarta: pagamento e xustificación.

Artigo 11º.- Pagamento e forma de xustificación.

1. Unha vez concedida a subvención e precedendo ó seu pagamento, o beneficiario terá que acreditar que está ó día na súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, que non ten pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e achegar certificación de inscrición da entidade no rexistro correspondente, no caso de que non se achegase anteriormente, así como a documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución concesoria. Deberá, así mesmo, achegar ficha de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira da existencia da conta.

2. Cando se trate da axuda para asistencia técnica na súa modalidade de contratación, achegarase ademais unha copia do contrato e alta na Seguridade Social.

3. Cando se trate de subvención financeira de reducción de xuros, xuntarase unha copia do contrato de préstamo e documentos acreditativos da incorporación e alta dos socios traballadores.

Con posterioridade, o beneficiario, no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

4. Cando se trate de rendas de subsistencia, para o caso de que non se achegase anteriormente, xuntarase a certificación da incorporación á cooperativa ou sociedade laboral e o alta no correspondente réxime da Seguridade Social.

Capítulo III

Programa de promoción de emprego autónomo

Sección primeira

Obxecto e beneficiarios

Artigo 12º.- Finalidade.

A finalidade deste programa é promover e axudar a financiar proxectos e iniciativas que faciliten o emprego autónomo por conta propia.

Artigo 13º.- Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas deste programa os desempregados que proxecten a creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en traballadores autónomos por conta propia, sempre que sexan titulares do negocio ou explotación.

Sección segunda: tipos de axuda.

Artigo 14º.- Tipos de axudas.

Este programa de promoción de emprego autónomo recolle os seguintes tipos de axudas:

* Subvención financeira.

* Renda de subsistencia.

Artigo 15º.- Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade a reducción de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo. Os ditos préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Esta subvención será como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo e non poderá supera-la contía de 500.000 ptas. non procedendo a súa concesión cando se percibise con anterioridade este tipo de axuda.

Artigo 16º.- Rendas de subsistencia.

Poderán concederse subvencións de ata 500.000 ptas., en concepto de renda de subsistencia, por unha soa vez, para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que non medien máis de tres meses desde a data de alta na Seguridade Social ata a data da solicitude desta subvención. Non obstante, para aqueles que se desen de alta con posterioridade ó 30 de setembro de 1997 e con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, o referido prazo de 3 meses computarase a partir desta última data.

Con carácter xeral, a contía da renda de subsistencia non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente acreditada.

Con carácter excepcional e por proposta da comisión de valoración, cando concorran razóns de interese social e circunstancias especiais para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada, poderase conceder axudas en concepto de renda de subsistencia por unha contía máxima de 200.000 ptas., sen necesidade de acreditar investimento en activo fixo.

Sección terceira: solicitudes e documentación.

Artigo 17º.- Solicitude e documentación.

As solicitudes deberán formalizarse nos modelos que figuran como anexo da presente orde, e deberán ir acompañadas da seguinte documentación, por triplicado

exemplar, sendo un deles orixinal ou fotocopia compulsada:

a) Documento nacional de identidade e acreditación do nº de identificación fiscal do solicitante.

b) Documento acreditativo da súa condición de desempregado.

c) Memoria xustificativa do proxecto empresarial que inclúan o plan financeiro que acredite a viabilidade do proxecto, acompañada de facturas pro forma ou orzamento dos activos que se vaian financiar.

d) Alta como autónomo ou compromiso de constitución como tal.

e) Nos casos en que se solicite subvención financeira, achegarase o compromiso da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin.

Sección cuarta: pagamento e xustificación.

Artigo 18º.- Pagamento e forma de xustificación.

1. Unha vez concedida a subvención e precedendo ó seu pagamento, o beneficiario terá que acreditar que está ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, que non ten pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e acompaña-la alta no réxime especial de autónomos da Seguridade Social ou no réxime especial do mar como traballadores por conta propia ou en mutualidade de colexio profesional, alta no IAE, así como a documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución de concesión. Deberá, así mesmo, presentar ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

2. Cando se trate de subvención financeira de reducción de xuros xuntarase, ademais, copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

Capítulo IV

Programa de integración laboral das persoas con discapacidade

Sección primeira

Tipos de accións

Artigo 19º.- Obxecto.

Este programa ten por obxecto a integración laboral das persoas con discapacidade mediante o apoio á creación e mantemento de centros especiais de emprego e a promoción do emprego autónomo por conta propia

de discapacitados, para o que se establecen liñas específicas de axuda para:

-Centros especiais de emprego.

-Emprego autónomo de persoas con discapacidade.

Sección segunda: axudas a centros de emprego.

Artigo 20º.- Finalidade.

A finalidade deste programa é incentiva-la creación, ampliación e mantemento dos centros especiais de emprego, en canto constitúen iniciativas de relevancia para a xeración de emprego estable e axeitado para persoas con discapacidade desempregadas.

Artigo 21º.- Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios os centros especiais de emprego, que figuren inscritos como tales no rexistro de centros especiais de emprego desta Comunidade Autónoma.

Artigo 22º.- Creación e ampliación de centros especiais de emprego.

1. As axudas para creación e ampliación de centros especiais de emprego reguladas nesta orde concrétanse nas seguintes:

a) Axudas para asistencia técnica.

Poderanse subvenciona-los gastos ocasionados pola asistencia técnica necesaria para a creación, mantemento ou reestructuración de centros especiais de emprego.

Esta asistencia técnica só poderá ser solicitada durante o primeiro ano contado desde a data de constitución do centro, e deberán prestala empresas ou persoas físicas especializadas que reúnan garantía de solvencia profesional e poderá consistir nalgunha das modalidades seguintes:

-Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.

-Contratación de directores, xerentes ou técnicos, por un período máximo dun ano.

-Labores de asesoramento e auditoría.

A asistencia técnica poderá ser subvencionada na súa totalidade, cando sexa promovida de oficio, e ata o 50% cando sexa solicitada a instancia de parte; neste último caso o importe da subvención non poderá supera-lo 10% do investimento en activo fixo, excepto na súa modalidade de contratación de directores xerentes ou técnicos.

b) Subvención financeira de reducción de xuros.

A subvención financeira ten por finalidade a reducción dos xuros dos préstamos para financiar investimentos en activo fixo, concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude e solicitados a nome dos centros especiais de emprego. Non obstante, no caso de constitución do centro especial de emprego, poderase destinar ata un 25% do préstamo a financia-lo activo circulante.

Esta subvención será como máximo de seis puntos, do tipo de xuro fixado pola entidade de crédito que

conceda o préstamo e non poderá supera-la contía de 500.000 pesetas por traballador con discapacidade que non fose tido en conta con anterioridade para a concesión deste mesmo tipo de axuda.

c) Subvención para activo fixo.

Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda para financiar parcialmente o activo fixo.

2. As iniciativas e proxectos referentes ós centros especiais de emprego que soliciten os beneficios recollidos neste artigo, deberán reunir viabilidade técnica, económica e financeira e supoñe-la creación de emprego estable, non podendo superar, entre os tres tipos de axudas, a contía de dous millóns de pesetas por cada posto de traballo creado, excepto en casos excepcionais en que así o autorice a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Artigo 23º.- Mantemento de centros especiais de emprego.

Para o mantemento de centros especiais de emprego establécense as seguintes axudas:

a) Bonificación do 100% da cota empresarial á Seguridade Social, incluídas as de accidente de traballo e enfermidade profesional, así como as de recadación conxunta, logo da autorización administrativa da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Esta bonificación será deducida directamente das cotas que se liquiden mensualmente á Seguridade Social.

A autorización deberá renovarse cada vez que se produzan alteracións no número e condicións dos contratos.

A concesión desta axuda será comunicada, ademais de ós beneficiarios, á Seguridade Social.

b) Subvención do custo salarial dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade que realicen unha xornada de traballo laboral normal, ata un importe máximo do 50% do salario mínimo interprofesional.

c) Subvencións para adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas por un importe non superior ó 80% do seu custo e, en todo caso, cunha contía máxima de trescentas mil pesetas por posto de traballo.

d) Subvención por unha soa vez destinada a equilibrar e sanear financeiramente os centros especiais de emprego co fin de logra-la súa reestructuración para alcanzar niveis de productividade e rendibilidade que garantan a súa viabilidade e estabilidade.

e) Subvención dirixida a equilibra-lo orzamento nos centros especiais de emprego que carezan de ánimo de lucro e sexan de utilidade pública e imprescindibles polo labor que realizan.

Non se poderán conceder subvencións para equilibrio orzamentario, cando os resultados económicos adversos se deriven dunha deficiente xestión do centro.

Artigo 24º.- Criterios de graduación das axudas.

As subvencións e axudas graduaranse en función do rendemento económico e social do centro especial de

emprego, da porcentaxe e da capacidade productiva dos traballadores con discapacidade que integran o cadro do persoal do centro, e só alcanzarán o seu grao máximo cando os contratos dos ditos traballadores sexan indefinidos e a xornada completa.

Artigo 25º.- Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán formalizarse nos modelos que figuran como anexo á presente orde e deberán ir acompañadas, por triplicado exemplar, sendo un deles orixinal ou copia compulsada, da documentación que se relaciona:

1. Documentación común para tódolos tipos de axudas.

a) Se o solicitante é persoa física, documento nacional de identidade e acreditación do nº de identificación fiscal, e se é persoa xurídica, documento nacional de identidade e poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade e nº de identificación fiscal da empresa.

b) Certificación da inscrición do centro especial de emprego, ou, no seu defecto solicitude de inscrición.

c) Memoria sucinta en relación coa finalidade ou obxecto da axuda e xustificación da necesidade dela.

2. Documentación específica para a axuda de asistencia técnica:

a) Cando se trate da modalidade de contratación, o currículum vitae da persoa que vai presta-lo servicio.

b) E, cando se trate de estudios, o orzamento detallado e o índice do contido do mesmo, así como a memoria da entidade e o currículum vitae da persoa que realice o estudio-asesoramento e o plan de investimentos en activo fixo.

3. Documentación específica para a subvención financeira de reducción de xuros:

a) Compromiso da entidade financeira sobre a súa concesión, no que figure as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin.

b) Certificación da relación nominal de traballadores discapacitados do centro especial de emprego.

c) E, facturas pro forma ou orzamentos dos activos que se vaian financiar polo préstamo.

4. Documentación específica para as subvencións de activo fixo:

a) Memoria ampliada do proxecto e antecedentes.

b) Detalle do plan de investimentos en activos fixos (incluír facturas pro forma e orzamentos).

c) Estudio económico financeiro de viabilidade do proxecto.

d) Balance de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

e) Certificación da relación nominal de traballadores con discapacidade.

5. Documentación específica para bonificacións de cotas á Seguridade Social.

Presentarase coa primeira solicitude o contrato de traballo, parte de alta na Seguridade Social e certificado de minusvalidez de cada traballador. Igual procedemento seguirase coas sucesivas contratacións.

6. Documentación específica para a subvención de custo salarial.

a) Fotocopia compulsada dos documentos TC1 e TC2 dos meses cotizados ós que se refire a solicitude.

b) Coa primeira solicitude, a documentación do cadro de persoal de traballadores con discapacidade: contrato de traballo, parte de alta na Seguridade Social e certificado de minusvalidez de cada traballador e nóminas. Nos meses sucesivos presentaranse as nóminas, e en casos de altas, a documentación anterior correspondente ós novos traballadores contratados.

Tanto na primeira solicitude como nas sucesivas a documentación ten que vir acompañada dunha relación nominal dos traballadores polos que se solicite a subvención.

7. Documentación específica para a subvención de adaptación de postos de traballo.

Orzamento detallado do investimento que se vai realizar, acompañado de facturas pro forma ou orzamentos.

8. Documentación específica para as subvencións de saneamento financeiro ou equilibrio orzamentario.

A) Memoria explicativa do desequilibrio económico ou orzamentario e a súa orixe.

B) Estudio económico-financeiro de viabilidade.

C) Balances de situación e conta de perdas e ganancias dos dous últimos exercicios e provisionais para os dous próximos exercicios.

Artigo 26º.- Pagamento e xustificación.

1. Unha vez concedida a subvención e precedendo ó seu pagamento, o beneficiario terá que acreditar que está ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, que non ten pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso de que non se achegase anteriormente certificación da inscrición no Rexistro de Centros Especiais de Emprego, así como a documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución concesoria. Deberá, así mesmo, achegar ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

2. Cando se trate de asistencia técnica na súa modalidade contractual, acompañarase copia do contrato e alta na Seguridade Social.

3. Cando se trate de subvención financeira de reducción de xuros xuntarase copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade, o beneficiario no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

4. Cando se trate dalgunha das axudas recollidas no artigo 22 desta orde, achegase documentación acreditativa da contratación e alta na Seguridade Social, das persoas con discapacidade contratadas.

Sección terceira: axudas a persoas con discapacidade que se establezan como traballadores autónomos.

Artigo 27º.- Finalidade.

A finalidade destas axudas é promove-la integración laboral das persoas discapacitadas mediante o seu autoemprego.

Artigo 28º.- Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios das axudas os traballadores con discapacidade en situación de desemprego que proxecten a realización dunha actividade como traballador autónomo por conta propia, sempre que sexan titulares do negocio ou explotación.

Artigo 29º.- Tipos de axuda.

a) Subvención financeira.

A subvención financeira ten por finalidade a reducción de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como traballador autónomo, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en activo fixo. Os ditos préstamos, para ser subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Esta subvención será como máximo de seis puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo e non poderá supera-la contía de 500.000 ptas., non procedendo a súa concesión cando se percibise con anterioridade este tipo de axuda.

b) Rendas de subsistencia.

Poderán concederse subvencións de ata 500.000 ptas., en concepto de renda de subsistencia, por unha soa vez para contribuír a garantir durante o inicio da actividade uns ingresos mínimos, sempre que non medien máis de tres meses desde a data de alta na Seguridade Social ata a data da solicitude desta subvención. Non obstante, para aqueles que se desen de alta con posterioridade ó 30 de setembro de 1997 e con anterioridade á data de entrada en vigor desta orde, o referido prazo de 3 meses computarase a partir desta última data.

Con carácter xeral, a contía da renda de subsistencia non poderá supera-lo 50% do investimento inicial en activo fixo debidamente acreditada.

Con carácter excepcional e por proposta da comisión de valoración, cando concorran razóns de interese social e circunstancias especiais para o desenvolvemento dunha actividade en zona determinada poderán concederse axudas en concepto de rendas de subsistencia por unha contía máxima de 200.000 ptas., sen necesidade de acreditar investimento en activo fixo.

c) Subvencións para financiamento de activo fixo.

Poderá concederse unha subvención ata un importe de catrocentas mil pesetas destinadas ó financiamento do activo fixo.

Artigo 30º.- Solicitudes e documentación.

As solicitudes deberán formalizarse nos modelos que figuran como anexo da presente orde, e deberán ir acompañadas da seguinte documentación, por triplicado exemplar, sendo un deles orixinal ou fotocopia compulsada:

a) Documento nacional de identidade e acreditación do nº de identificación fiscal do solicitante.

b) Documento acreditativo da súa condición de desempregado.

c) Certificación da minusvalidez.

d) Alta como autónomo ou compromiso de constituírse como tal.

e) Memoria xustificativa do proxecto empresarial que inclúa o plan financeiro que acredite a viabilidade do proxecto, acompañada de facturas pro forma ou orzamento dos activos que se vaian financiar.

f) Nos casos en que se solicite subvención financeira, achegarase o acordo da entidade financeira sobre a concesión do préstamo, no que figuren as súas características e se faga constar que a operación se acolle ó convenio subscrito para tal fin.

Artigo 31º.- Pagamento e forma de xustificación.

1. Unha vez concedida a subvención e precedendo ó seu pagamento, o beneficiario terá que acreditar que está ó día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, que non ten pendente ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma e acompaña-lo alta no correspondente réxime de autónomos da Seguridade Social ou Mutualidade de Colexio Profesional e alta no IAE, así como a documentación xustificativa para acredita-lo cumprimento da finalidade para a que se concedeu a subvención, segundo o tipo de axuda, no prazo, nos termos e na forma que estableza a resolución concesoria. Deberá, así mesmo, acompañar ficha de solicitude de transferencia bancaria e certificación da entidade financeira acreditativa de que o solicitante é titular da conta.

2. Cando se trate de subvención financeira de reducción de xuros xuntarase, ademais, copia do contrato de préstamo.

Con posterioridade o beneficiario no prazo de trinta días desde a data de pagamento da subvención, deberá presentar certificación da entidade financeira acreditativa da amortización do principal do préstamo na contía subvencionada.

Capítulo IV

Procedemento

Artigo 32º.- Prazo de presentación de solicitudes.

1. As solicitudes de axudas e subvencións recollidas nos distintos programas formalizaranse nos modelos oficiais que figuran como anexo desta orde, presentaranse por triplicado exemplar ante a correspondente delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 1998.

Artigo 33º.- Instrucción e tramitación.

1. Se a solicitude non estivese cuberta cumprimentada ou non se acompaña a documentación esixida, as unidades tramitadoras do expediente requirirán ó interesado para que, nun prazo de 10 días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixera, será tido por desistido da súa petición, arquivándose esta de conformidade co preceptuado no artigo 71 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. Completa a documentación remitiránselle os expedientes á comisión de valoración, para o seu informe, proposta de resolución e posterior elevación ante o órgano competente para resolver.

3. Para os efectos do disposto no presente artigo, a comisión de valoración estará composta polo secretario da delegación, que a presidirá, e serán vocais o xefe do Servicio de Fomento do Emprego da delegación, que actuará como secretario, e un funcionario designado polo delegado provincial.

Artigo 34º.- Resolución.

1. A resolución das subvencións, unha vez emitido informe pola comisión de valoración e fiscalizadas as propostas polas respectivas intervencións, corresponderalles ós respectivos delegados provinciais e deberán ser notificadas ós interesados. As resolucións denegatorias deberán serlles sempre motivadas.

2. Non obstante o sinalado no parágrafo anterior, a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá resolver sobre a concesión de subvencións para accións que se desenvolven naqueles sectores productivos que polas súas características así o aconsellen.

3. O prazo para resolver será de tres meses, contados desde o día seguinte ó da finalización do prazo para a presentación de solicitudes. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, esta entenderase desestimada.

4. As resolucións que se dicten neste procedemento poñen fin á vía administrativa; contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Artigo 35º.- Criterios de valoración.

Cando se trate de axudas vinculadas á creación directa de emprego valorarase especialmente o seguinte:

1. As solicitudes formuladas ou que afecten a membros de colectivos con especial dificultade para accederen ó traballo, tempo de permanencia no desemprego, xoves en busca de primeiro emprego, mulleres e colectivos de difícil reinserción social.

2. As solicitudes nas que o ámbito territorial de execución comprenden comarcas con altas taxas de paro, baixo desenvolvemento, aproveitamento dos recursos propios e que supoñan ocupación para gran número de traballadores.

3. Cando se trate da implantación de actividades de servicios de utilidade colectiva, de lecer e culturais, ou de servicios personalizados de carácter cotián e social.

Artigo 36º.- Incompatibilidades.

1. O importe das axudas e subvencións reguladas na presente orde non poderán, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións de calquera Administración ou entidade pública, supera-lo 100% do custo da actividade subvencionada.

2. As axudas en concepto de rendas de subsistencia serán incompatibles con calquera outra establecida para o mesmo concepto.

3. Tamén serán incompatibles entre si as axudas do mesmo tipo, concepto e finalidade, previstas nesta orde.

Artigo 37º.- Seguimento e control.

As delegacións provinciais poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os seus fins programados.

Os beneficiarios das axudas e subvencións recollidas nesta orde están obrigados a realiza-la actividade que fundamente a concesión da axuda ou subvención durante un tempo mínimo de tres anos, salvo cesamento por causas alleas á súa vontade, o que deberá acreditar de maneira que faga fe.

Disposicións adicionais

Primeira.-Sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado e da Comunidade Autónoma, o Fondo Social Europeo, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá realiza-las comprobacións e verificacións que considere necesarias para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación.

Segunda.-O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións, así como a duplicación da axuda polo mesmo concepto con cargo a outros créditos dos orzamentos xerais do Estado, da Seguridade Social, Administración institucional, autonómica ou local ou da Unión Europea, constituirán causa determinante de revogación da axuda e do reintegro desta por parte do beneficiario ou solicitante, xunto co xuro de demora, de acordo co establecido no artigo 78.6º da Lei 11/1992.

Terceira.-A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude poderá requirir en todo momento a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións esixidas nos diferentes programas desta orde.

Cuarta.-As bonificacións e subvencións recollidas nos apartados a) e b) do artigo 23º non están suxeitas ó exercicio económico anual e presentaranse dentro dos

corenta e cinco días seguintes á conclusión de cada trimestre.

Quinta.-A concesión das subvencións reguladas na presente orde terán como límite global o crédito asignado nos orzamentos xerais para 1998, da Comunidade Autónoma.

Sexta.-Se por calquera causa, no momento en que a comisión de valoración teña que examina-las solicitudes, algún dos seus compoñentes non puidese asistir, será substituído polo funcionario que para o efecto designe o delegado provincial e, sempre que sexa posible, o nomeamento deberá recaer noutro funcionario do mesmo servicio que o substituído.

Sétima.-As accións subvencionables ó abeiro da presente orde que se iniciasen nos meses de outubro, novembro ou decembro de 1997 ou en 1998, antes da súa entrada en vigor poderán ser atendidas no presente exercicio, e comezarán a computarse os prazos a partir do día seguinte ó da súa publicación.

As solicitudes de axudas realizadas ó abeiro das ordes de convocatoria correspondentes a exercicios anteriores que reuniran os requisitos establecidos nelas, e/ou, se é o caso realizasen o investimento obxecto da axuda poderán ser atendidas actualmente tendo en conta a incidencia social e económica do solicitante.

Oitava.-Nas solicitudes que se presenten ó abeiro dos programas de autoemprego individual ou colectivo previstos nesta orde, indicarase expresamente si tamén se solicitaron ou van solicitarse as axudas previstas no Programa EMEGA, xestionado polo Servicio Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

De se-lo caso, a documentación coincidente de ámbolos dous programas, só será preciso presentala unha vez xunto coa solicitude que se realice ó abeiro desta orde.

Novena.-Cando por razóns de interese social, as circunstancias así o aconsellen, a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, poderá conceder unha subvención, de oficio ou por instancia de parte, por unha soa vez, para o mantemento da entidade.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Fomento do Emprego para que dicte, no ámbito da súa competencia, as resolucións e aclaracións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento desta orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

3810