Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Mércores, 22 de abril de 1998 Páx. 4.155

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Rodman Polyships, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rodman Polyships, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-3-1998, subscrito, actuando en nome da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 16-3-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicio da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa

Rodman Polyships, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación no centro de traballo de Rodman Polyships, S.A. existente en Ríos, Teis, Vigo, e por extensión en calquera lugar onde o persoal de cadro lle poida presta-los seus servicios.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal contratado para traballar na factoría de Ríos (Vigo), existente no momento do asinamento, e rexistrado no libro de matrícula, e a todos aqueles que se incorporen con posterioridade á dita factoría, quedando excluído deste artigo o persoal ó que fai referencia o artigo 1º, 3 C do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1998, sen prexuízo da súa publicación no BOP. A súa vixencia será dun ano (1 de xaneiro de 1998 ó 31 de decembro de 1998).

Entenderase prorrogado, de ano en ano, a non ser que calquera de ámbalas partes solicite, en forma legal, a súa revisión ou rescisión cunha antelación mínima de tres meses á data da súa expiración ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 4º.-Compensación de melloras.

As condicións establecidas no presente convenio forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente. Calquera disposición legal, convencional e obrigatoria que no futuro se estableza, tan só será de aplicación se no seu conxunto e cómputo anual resultase superior ás aquí pactadas.

Artigo 5º.-Garantías persoais.

Respectaranse, a título individual, as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e en cómputo anual.

Artigo 6º.-Aplicación do convenio.

Constitúese unha comisión mixta como órgano de interpretación e conciliación do presente convenio.

A comisión mixta estará composta por catro membros, dous representantes dos traballadores e dous representantes da empresa, os cales, de entre deles, elixirán un secretario que actuará de moderador.

Cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes respecto á interpretación das súas cláusulas serán sometidas ó dictame obrigatorio da dita comisión, como trámite previo e necesario a calquera denuncia do convenio.

Esta comisión poderá solicitar asesoramento no caso de discrepancia ós organismos competentes, (AGA, SMAC, etc.).

A convocatoria de reunión da comisión mixta poderá ser requirida por calquera das partes, reunión que se celebrará nun prazo máximo de 72 horas. A comisión deberá resolver nun prazo máximo de 15 días posteriores á reunión.

No suposto de non existir acordo, levantarase acta cos resultados das interpelacións, elevándoas á autoridade laboral competente.

Capítulo II

Condicións de traballo

Sección primeira

Organización do traballo

Artigo 7º.-Competencia.

A organización do traballo, consonte o prescrito neste convenio e na lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

A organización do traballo ten por obxecto acadar na empresa un nivel adecuado de productividade baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Iso é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes: dirección e traballadores.

Sen mingua da facultade aludida no parágrafo primeiro, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente.

A organización do traballo estenderase ás cuestións seguintes:

1º A esixencia da actividade normal.

2º A adxudicación dos elementos necesarios (máquinas ou tarefas específicas) para que o traballador poida acadar, como mínimo, as actividades a que se refire o número anterior.

3º Fixación tanto dos «índices de desperdicios» como da calidade admisible, ó longo do proceso de fabricación de que se trate.

4º A vixilancia, atención e limpeza da maquinaria encomendada, téndose en conta, en todo caso, na determinación da cantidade de traballo e actividade a rendemento normal.

5º A realización, durante o período de organización do traballo, de modificación de métodos, tarifa, distribución do persoal, cambio de funcións e variacións técnicas, de máquinas e material, sobre todo cando, respecto a estas últimas, trate de obter e buscar un estudio comparativo.

6º A adaptación das cargas de traballo, rendemento e tarifas ás novas condicións que resulten de aplica-lo cambio de determinado método operatorio proceso de fabricación, cambio de materia, maquinaria

ou calquera outra condición técnica do proceso de que se trate.

7º A fixación de fórmulas claras e sinxelas para a obtención dos cálculos e retribucións que corresponden a todos e cada un dos traballadores afectados de forma e maneira que, sexa cal for o grupo profesional deles e posto de traballo que ocupen, poidan comprendelas con facilidade.

Artigo 8º.-Modalidade de incentivos.

Procedemento para a implantación dos sistemas de organización de traballo. Para implantación dun novo sistema de rendementos de acordo coa prima ou incentivos, fixación da actividade normal e óptima e cambio dos métodos de traballo, procederá da seguinte forma:

1. A dirección da empresa deberá informar previamente do novo sistema que pretende implanta-lo comité de empresa.

2. No suposto de que non houbese acordo entre a dirección e os representantes dos traballadores para a implantación dun novo sistema de rendementos, ámbalas partes poderán, de común acordo, recorrer a unha arbitraxe externa.

3. Non producido o acordo esixido nin solicitada a arbitraxe externa, a implantación do novo sistema de rendemento ou de traballo deberá ser aprobado pola autoridade laboral, logo de informe da Inspección de Traballo e do comité de empresa; deberá dictarse a resolución no prazo de quince días contados desde a solicitude formulada pola dirección da empresa.

Artigo 9º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos ou dos servicios prestados por un traballador ou grupo responderá ás condicións fixadas pola empresa nas normas, planos, esbozos ou instruccións, etc., que se desen para realiza-lo traballo. Se por causas imputables ós traballadores, os productos ou servicios non se axustasen ás normas de calidade fixadas, poderán motivar actuacións correctivas, se se derivasen de neglixencia, omisión ou falta de aplicación do traballador, debidamente comprobadas e segundo a gravidade do caso.

Artigo 10º.-Mobilidade do persoal.

Por razóns técnicas, organizativas ou de producción, ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial, establécese a mobilidade do persoal da seguinte maneira:

-Mobilidade funcional: poderá levarse a cabo no interior dos grupos profesionais, cando iso non implique traslado de localidade. Exercerán de límite para ela, os requisitos de idoneidade e aptitude necesarios para o desempeño da tarefas que se lle encomenden ó traballador obxecto da mobilidade funcional.

-Mobilidade xeográfica: poderá levarse a cabo nos centros de traballo de Rodman Polyships, S.A. e,

por extensión, a calquera traballo que se realice no municipio de Vigo.

Os traballadores serán avisados, no caso de desprazamentos, cunha antelación de 24 horas, salvo nos casos de necesidades urxentes de producción ou forza maior.

Ós traballadores obxecto de tal mobilidade seranlles garantidos os seus dereitos económicos e profesionais, de acordo co presente convenio. Para os tipos de traslados permanentes informarase o comité de empresa.

Os comités de empresa e delegados sindicais se os houbese, poderán solicitar información sobre as decisións adoptadas pola dirección da empresa, en materia de mobilidade, así como da xustificación e causa delas, véndose obrigada a empresa a facilitala.

Capítulo III

Clasificación do persoal

Artigo 11º.-Clasificación profesional.

Os traballadores afectados polo presente convenio, en atención ós oficios que desenvolvan e de acordo coas definicións que se especifican no artigo seguinte, serán clasificados en grupos profesionais dentro do seu oficio.

Artigo 12º.-Definición dos grupos profesionais.

A pertenza a un determinado grupo profesional vén definida polos seguintes factores:

a) Autonomía. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta a maior ou menor dependencia xerárquica no desempeño da función que se desenvolva.

b) Mando. Factor para a valoración do cal deberá de terse en conta:

I) Capacidade de ordenación de tarefas.

II) Capacidade de interrelación.

III) Natureza do colectivo.

IV) Número de persoas sobre as que se exerce o mando.

c) Responsabilidade. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta tanto o grao de autonomía de acción do titular da función, como o grao de influencia sobre os resultados e importancia da conveniencia da xestión.

d) Coñecementos. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta, ademais da formación técnica necesaria para cumprir correctamente o cometido, o grao de coñecemento e experiencia adquiridos, así como a dificultade na adquisición dos ditos coñecementos ou esixencias.

e) Iniciativa. Factor para a valoración do cal deberá terse en conta o maior ou menor sometemento a directrices ou normas para a execución da función.

f) Complexidade. Factor do que a valoración estará en función do maior ou menor número, así como do maior ou menor grao de integración dos diversos factores antes enumerados na tarefa ou posto encomendado.

En función dos factores anteriores, os grupos profesionais serán os seguintes:

Grupo profesional 11. Criterios xerais.

Operacións que se executen segundo instruccións concretas, claramente establecidas, cun alto grao de dependencia, que requiren preferentemente esforzo físico e/ou atención e que non necesitan de formación específica, pero si dun período de adaptación.

Formación. Coñecementos a nivel de formación elemental.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Actividades manuais en acondicionamento e/ou envasado.

-Operacións elementais de máquinas sinxelas, entendendo por tales aquelas que non requiren adestramento e coñecementos específicos.

-Operacións de carga e descarga manuais ou con axuda de elementos mecánicos simples.

-Operacións de limpeza.

-Tarefas que consisten en efectuar recados, encargos, transporte manual, levar ou recoller correspondencia.

-Etcétera.

Grupo profesional 10. Criterios xerais.

Funcións que consisten en operacións realizadas seguindo un método de traballo preciso e concreto, con alto grao de supervisión, que normalmente esixen coñecementos profesionais de carácter elemental.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Actividades de axuda en proceso de elaboración de productos.

-Actividades operatorias en acondicionamento e/ou envasado con regulación e posta a punto.

-Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, mecánica, pintura, etc., de traballadores que se inician na práctica delas.

-Labores elementais en laboratorio.

-Vixilancia de edificios e locais sen requisitos especiais e sen armas.

-Funcións de recepción que non esixan cualificación especial ou coñecemento de idiomas.

-Traballos de reprografía.

-Traballos sinxelos e rutineiros de mecanografía, arquivo, cálculo, facturación ou similares de administración.

-Etcétera.

Grupo profesional 9. Criterios xerais.

Funcións consistentes na execución de operacións que, aínda cando se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas e cunha responsabilidade que está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada profesionalmente por unha formación específica deste carácter ou pola experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquellas actividades que, por analoxía, son equiparables ás seguintes:

-Operatoria de máquinas complexas de envasado e/ou acondicionado.

-Tarefas de albanelería, electricidade, carpintería, pintura, mecánica, etc., con capacidade suficiente para realiza-las tarefas normais do oficio.

-Tarefas de arquivo, rexistro, cálculo, facturación ou similares, que requiran algún grao de iniciativa.

-Vixilancia xurada ou con armas.

-Telefonista sen dominio de idiomas estranxeiros.

-Operadora de télex.

-Telefonista-recepcionista sen dominio de idiomas estranxeiros.

-Funcións de pagamento e cobramento a domicilio.

-Tarefas de gravación e perforación en máquinas de recollida de datos.

-Tarefas de lectura, anotación, vixilancia e regulación baixo instruccións detalladas dos procesos industriais ou da subministración de servicios xerais de fabricación.

-Traballos de mecanografía, con boa velocidade e esmerada presentación, que poidan levar implícita a redacción de correspondencia segundo formato ou instruccións específicas.

-Tarefas de axuda en almacéns que, ademais de labores de carga e descarga, impliquen outras complementarias dos almaceneiros.

-Tarefas de transporte e paletización, realizadas con elementos mecánicos.

-Labores de calcado de planos.

-Realización de análises sinxelas e rutineiras de fácil comprobación e funcións de toma e preparación de mostras para análises.

-Etcétera.

Grupo profesional 8. Criterios xerais.

Funcións existentes na execución de operacións que, aínda cando se realicen baixo instruccións precisas, requiren adecuados coñecementos profesionais e aptitudes prácticas, e cunha responsabilidade que está limitada por unha supervisión directa e sistemática.

Formación. A formación básica esixible é a equivalente a graduado escolar, completada cunha experiencia profesional en Rodman Polyships, S.A. de polo menos 15 anos no grupo profesional 9.

Grupo profesional 7. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade delas, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación. Formación básica, equivalente a BUP ou ben educación xeral básica, complementada con formación específica de carácter profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Operador de ordenador.

-Taquimecanógrafa, que alcance 100 palabras por minuto de taquigrafía e 240 pulsacións en máquina, con boa presentación de traballo e ortografía correcta, capaz de redactar directamente correo de trámite segundo indicacións verbais.

-Redacción de correspondencia comercial, cálculo de prezos á vista de ofertas recibidas, recepción e tramitación de pedidos e facer propostas de contestación.

-Tarefas que consisten en establecer, baseándose en documentos contables, unha parte da contabilidade.

-Cálculo de salarios e valoración de custos de persoal.

-Tarefa de análises físicas, químicas e biolóxicas e determinacións de laboratorio realizadas baixo supervisión, sen que sexa necesario sempre indicar normas e especificacións, implicando ademais o coidado dos aparellos e a súa homologación, preparación de reactivos necesarios, obtención de mostra e extensión de certificados e boletíns de análises.

-Tarefas de albanelería, carpintería, electricidade, pintura, mecánica, etc., con capacitación ó máis alto nivel, que permita resolver tódolos requirimentos da súa especialidade.

-Tarefas de despacho de pedidos, revisión de mercadorías e distribución con rexistro en libros ou máquinas para o efecto do movemento diario.

-Tarefas de delineación.

-Conducción ou conducción con reparto, con permiso de conducción de clase C, D ou E, entendendo que poden cambia-la actividade de conducir co reparto de mercadorías.

-Funcións de control e regulación nos procesos de producción que xeran transformación de producto.

-Tarefas de regulación e control que se realizan indistintamente en diversas fases e sectores de proceso.

-Vendedores sen especialización.

-Etcétera.

Grupo profesional 6. Criterios xerais.

Traballos de execución autónoma que esixan, habitualmente, iniciativa e razoamento por parte dos traballadores encargados da súa execución, comportando baixo supervisión a responsabilidade delas, podendo ser axudados por outro ou outros traballadores.

Formación. Formación básica, equivalente a BUP ou ben educación xeral básica, complementada con formación específica de carácter profesional e cunha experiencia profesional en Rodman Polyships, S.A. de polo menos 15 anos no grupo profesional 7.

Grupo profesional 5. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo a realización das funcións a integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe ademais a realización de tarefas que , aínda sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en BUP, completados cunha experiencia ou unha titulación profesional a primeiro nivel superior ou polos estudios específicos necesarios para desempeña-la súa función.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Tarefas que consisten no exercicio de mando directo á fronte dun conxunto de operarios dos denominados oficios clásicos (albanelería, carpintería, pintura, electricidade, mecánica, etc.).

-Tarefas de traducción, corresponsalía, taquimecanografía e teléfono con dominio dun idioma estranxeiro.

-Programador de informática.

-Tarefas de contabilidade consistentes en reuni-los elementos subministrados polos axudantes e confeccionar estados, balances, custos, provisións de tesourería e outros traballos análogos, en función do plan contable da empresa.

-Tarefas que impliquen a responsabilidade da vixilancia e aplicación dos medios e medidas de seguridade.

-Tarefas de confección e desenvolvemento de proxectos, segundo instruccións.

-Responsabilidade da supervisión, segundo especificacións xerais recibidas, da execución práctica das tarefas de análises nun conxunto de laboratorios.

-Actividades que impliquen a responsabilidade dunha quenda ou dunha unidade de producción que poidan ser secundadas por un ou varios traballadores do grupo profesional inferior.

-Vendedores especializados.

-Etcétera.

Grupo profesional 4. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo a realización das funcións de integrar, coordinar e supervisa-la execución de varias tarefas homoxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúe ademais a realización de tarefas que , aínda sen implicar ordenación de traballo, teñen un contido medio de actividade intelectual e de relacións humanas.

Formación. Coñecementos equivalentes ós que se adquiren en BUP, completados cunha experiencia profesional en Rodman Polyships, S.A., de polo menos 15 anos no grupo profesional 5.

Grupo profesional 3. Criterios xerais.

Funcións que consisten en integrar, coordinar e supervisa-la execución de tarefas heteroxéneas coa responsabilidade de ordena-lo traballo dun conxunto de colaboradores.

Inclúese, ademais, a realización de tarefas complexas, pero homoxéneas que, aínda sen implicar mando, esixen un alto contido intelectual, así como aquelas que consisten en establecer ou desenvolver programas ou aplicar técnicas seguindo instruccións xerais.

Formación. Coñecementos equivalentes a formación académica de grao medio, completada cun período de prácticas ou experiencia adquirida en traballos análogos.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións técnicas a nivel académico medio, que consisten en colaborar en traballos de investigación, control de calidade, estudios, vixilancia ou control en procesos industriais ou en servicios profesionais ou científicos de asesoramento.

-Analista de aplicacións de informática.

-Responsabilidade de ordenar e supervisa-la execución de tarefas de producción, mantemento, servicios ou administración do conxunto deles.

-Responsabilidade dunha unidade homoxénea de carácter administrativo ou do conxunto de servicios administrativos.

-Inspectores ou supervisores da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 2. Criterios xerais.

Inclúense as funcións que consisten na realización de actividades complexas con obxectivos definidos e con alto grao de esixencia nos factores de autonomía e responsabilidade; dirixen normalmente un conxunto de funcións que comportan unha actividade técnica ou profesional especializada.

Formación. Equivalente a titulación académica superior ou ben de grao medio, completada cunha dilatada experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analoxía, son asimilables ás seguintes:

-Realización de funcións que impliquen tarefas de investigación ou control de traballos con capacitación para estudiar e resolve-los problemas que se susciten.

-Supervisión técnica dun proceso ou sección de fabricación ou da totalidade do proceso.

-Supervisión técnica dun grupo de servicios ou da totalidade deles e mesmo tódolos procesos técnicos.

-Coordinación, supervisión e ordenación de traballos administrativos heteroxéneos.

-Responsabilidade da explotación dun ordenador.

-Análises de sistemas de informática.

-Delegados da rede de vendas.

-Etcétera.

Grupo profesional 1. Criterios xerais.

Inclúense neste grupo aqueles postos que requiren un alto grao de autonomía, coñecementos profesionais e responsabilidade que se exercen sobre un ou varios sectores da empresa partindo de directrices xerais moi amplas e debendo darlle conta da súa xestión a algunha das persoas incluídas no grupo O.

Formación. Equiparable ós niveis académicos superiores, completados con estudios específicos e dilatada experiencia profesional.

Exemplos. Neste grupo profesional inclúense todas aquelas actividades que, por analogía, son asimilables ás seguintes:

-A funcións consistentes en planificación, ordenación e supervisión dos servicios.

-As consistentes en ordenación e supervisión de sistemas, procesos e circuítos de traballo.

-O desenvolvemento de tarefas de xestión e de investigación a alto nivel coa programación, desenvolvemento e responsabilidade polos resultados.

-A responsabilidade do control, planificación, programación e desenvolvemento do conxunto de tarefas de informática.

-Etcétera.

Grupo profesional O. Criterios xerais.

Os traballadores pertencentes a este grupo proxectan, organizan, dirixen e coordinan as diversas actividades propias do desenvolvemento da empresa. A súas funcións comprenden a elaboración da política de organización, as formulacións xerais da utilización eficaz dos recursos humanos e dos aspectos materiais, a orientación e o control das actividades da organización, conforme o programa establecido, á política adoptada; o establecemento e mantemento de estructuras productivas e de apoio e o desenvolvemento da política industrial, financeira ou comercial.

Toman decisións ou participan na súa elaboración. Desempeñan altos postos de dirección ou execución dos mesmos niveis nos departamentos, divisións, grupos, fábricas, plantas, etc. en que se estructura a empresa e que responden sempre á particular ordenación de cada unha.

Capítulo IV

Vacantes e postos de nova creación, ascensos, cadros de persoal e escalas

Artigo 13º.-Vacantes e postos de nova creación.

A provisión para cubrir vacantes, así como para postos ou prazas de nova creación, axustarase ás normas legais xerais sobre colocación e ás especiais para os traballadores así considerados.

A dirección da empresa determinará os criterios e/ou probas selectivas que se vaian realizar para a provisión e a documentación que haxa que achegar.

A empresa comunicaralle ó comité de empresa o posto que se vai cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. O comité de empresa velará pola súa aplicación obxectiva.

Terán dereito preferente para a provisión, en igualdade de méritos, os traballadores fixos da empresa.

No caso de falecemento ou invalidez total, por accidente laboral dun traballador de cadro de persoal, terán preferencia para ocupa-lo dito posto, a viúva ou fillo do dito traballador.

En todo caso, a provisión de prazas que se refiran a postos de traballo que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas será feita directa e discrecionalmente pola dirección da empresa.

Ó persoal afectado por invalidez permanente parcial, para o seu traballo habitual, declarada por reso

lución firme da autoridade competente, e durante a vixencia deste convenio, tratarase de facilitarlle un traballo apropiado ás súas novas condicións sempre e cando non poida realiza-lo traballo que anteriormente ó accidente viña desempeñando.

Artigo 14º.-Período de proba.

O ingreso dos traballadores fixos considerarase feito a título de proba, cun período que será variable segundo a índole dos postos que se vaian cubrir e que en ningún caso poderá exceder do tempo fixado na seguinte escala:

-Grupos profesionais 1 e 2: seis meses.

-Grupos profesionais 3, 4 e 5: tres meses.

-Grupos profesionais 6, 7, 8 e 9: un mes.

-Grupos profesionais 10 e 11: quince días.

Só se entenderá que o traballador está suxeito ó período de proba se así consta por escrito. Durante o período de proba, a empresa e o traballador poderán resolver libremente o contrato sen aviso previo e sen dereito a indemnización ningunha.

Transcorrido o prazo de proba, os traballadores ingresarán como fixos no cadro de persoal computándose para tódolos efectos o período de proba. A situación de incapacidade laboral transitoria interromperá o cómputo deste período, que se reanudará a partir da data da incorporación efectiva ó traballo.

Artigo 15º.-Ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou confianza, tales como as que realizan os traballadores dos grupos profesionais do 1 ó 5, ambos inclusive, así como as que realiza o inspector, delegado, conserxe, cobrador, gardiáns, vixilantes, ATS, secretaria de dirección, almaceneiros, serán de libre designación pola empresa.

2. Para o ascenso do resto dos traballadores, a empresa establecerá un concurso-oposición de acordo cun sistema de carácter obxectivo, tomando como referencia as seguintes circunstancias: titulación adecuada, valoración académica, coñecemento do posto de traballo, historial profesional, ter desempeñada función de superior grupo profesional e superar satisfactoriamente as probas que para o efecto se establezan.

En parellas condicións de idoneidade, atribuiráselle o ascenso ó máis antigo.

O sistema confeccionado pola dirección será preceptivamente dictaminado polo comité de empresa. Quedará aberta ós traballadores a vía de reclamación ante a Inspección de Traballo.

Para os efectos de asegura-la representación do comité de empresa nos procedementos a través dos cales se produzan os ascensos, este designará un

representante que participará no tribunal de concurso-oposición, con voz e sen voto. Así mesmo fará constar en acta, levantada para o efecto, as súas salvidades.

Ámbalas partes comprométense a desenvolve-lo previsto neste artigo, en canto ó sistema e prazos. A revisión de categorías realizarase no mes de xuño.

Artigo 16º.-Cadro de persoal.

A empresa confeccionará cada ano o cadro do seu persoal fixo e noutras condicións laborais, sinalando o número de traballadores que comprende cada oficio e grupo profesional.

Sen prexuízo da promoción do persoal existente pola vía do ascenso, a empresa poderá amortiza-las vacantes que se produzan.

Previamente á amortización dunha vacante, informarase o comité de empresa, para os efectos oportunos.

Artigo 17º.-Escala.

A empresa confeccionará anualmente as escalas do seu persoal en dúas modalidades diferentes:

a) Xeral, que agrupará a todo o persoal en función da data de ingreso.

b) Especial, que agrupará os traballadores por oficio e grupo profesional.

Na confección deberá especificarse: nome e apelidos, data de nacemento, data de ingreso, grupo profesional, data de alta nel e data do próximo vencemento do complemento de antigüidade.

A orde de cada traballador na escala virá determinada pola data de alta no grupo profesional, no caso de igualdade, por antigüidade na empresa e, no caso de igualdade, pola idade do traballador.

As escalas serán publicadas para coñecemento do persoal, que terá un prazo de 30 días a partir da data de publicación, para reclamar perante a empresa. Se a empresa non contestase en 60 días á reclamación, enténdese que acepta esta.

Artigo 18º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa estarán obrigados a poñelo en coñecemento dela, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

-Grupos profesionais 1 e 2: dous meses.

-Grupos profesionais 3, 4, 5, 6 e 7: un mes.

-Grupos profesionais 8, 9, 10 e 11: quince días.

O incumprimento, por parte dos traballadores, da obriga de avisar coa indicada antelación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación deste o importe do salario dun día por cada día de atraso no aviso.

A empresa estará obrigada a liquidar, ó finaliza-lo prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados en tal momento. O incumprimento desta obriga impu

table á empresa levará aparellado o dereito do traballador de ser indemnizado co importe dun día por cada día de atraso na liquidación. Non existirá tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito se o traballador non avisou coa antelación debida.

Capítulo V

Xornada de traballo; horario; horas extraordinarias; traballos en domingo, festivos e nocturnos, vacacións e licencias varias

Artigo 19º.-Xornada anual de traballo.

A xornada laboral anual será de 1.755 horas para o ano 1998.

Artigo 20º.-Horario.

O horario de traballo establécese, con carácter xeral, para a totalidade do persoal, coa exclusiva excepción do persoal de vixilancia de factoría e persoal con contratos que recollan horarios diferentes, e durante os doce meses do ano como a continuación se indica:

De luns a venres de 8 a 13 horas e de 14 a 17.15 horas.

As horas que se citan son indicativas do efectivo comezo e remate do traballo, polo que a non presentación no posto de traballo á hora de comezo indicada ou o seu abandono antes do remate, terá a consideración de infracción por incumprimento do convenio.

O exceso de xornada semanal sobre a establecida legalmente, destínase á recuperación de pontes e exceso de vacacións.

Establecerase de común acordo o calendario laboral para o ano 1998.

Artigo 21º e 22º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extras aquelas que excedan da duración da xornada de traballo a que se refire o artigo anterior.

A iniciativa do traballo en horas extras correspóndelle á empresa e a libre aceptación ou denegación ó traballador, coa excepción daqueles casos en que a súa non realización lle produza á empresa graves prexuízos e/ou impida a continuidade da producción e/ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros análogos, a non realización dos cales produza evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como en caso de risco de perda de materias primas.

As horas extras motivadas por causa de forza maior e as estructurais notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente entre empresa e comité de empresa, para os efectos de obte-la reducción de recargas de cotización.

Horas extras estructurais son aquelas necesarias por perdas ou períodos puntas de producción, ausencias impostas, cambio de quenda, mantemento ou

traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades, probas, manobra de buques, botaduras, varadas e outros supostos similares.

21.1. Horas extras normais.

Son as realizadas desde as 6 ás 22 horas e que excedan da xornada normal do traballador. O seu valor establécese na táboa anexa.

21.2. Horas extras nocturnas.

Son as comprendidas entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte. O seu valor establécese na táboa anexa, no cal está incluído o plus de nocturnidade.

21.3. Horas extras en domingos ou festivos.

O seu valor establécese na táboa anexa.

21.4. Xornada completa en domingos ou festivos.

Será aboada cun incremento do 10% sobre o salario base, CPNA e plus de asistencia e puntualidade; non se traballa o día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. Se o día seguinte fose xornada de sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o apartado 21.3.

21.5. Xornada completa de noite.

Será aboada cun incremento do 25% sobre o salario base, CPNA e plus de asistencia e puntualidade. Nesta porcentaxe está incluído o plus de nocturnidade. Non se traballa o día seguinte, considerándose este como permiso retribuído. Se o día seguinte fose sábado, domingo, festivo ou ponte, a xornada realizada será considerada como horas extras, segundo o apartado 21.2.

21.6. Traballos en sábado ou días de ponte.

As horas de traballo realizadas durante estes días pagaranse como horas extras, conforme o establecido no apartado 21.1 e 21.2.

O 50% das horas extras realizadas por cada traballador, de luns a venres, serán compensadas por tempo de descanso retribuído, a razón de 1,25 horas por cada hora; acumularanse para ser desfrutadas en días ou medios días.

Unha vez acumuladas as horas dun mes, as ditas horas poderán ser desfrutadas dentro dun prazo de 3 meses. No caso de non poder desfrutalas no dito prazo, estas seríanlle aboadas ó traballador na nómina do mes seguinte de remata-lo dito prazo de 3 meses.

Exemplo. Horas realizadas no mes de xaneiro:

Desfrutaranse dentro dos tres meses seguintes de febreiro, marzo e abril.

No caso de non poder desfrutalas por saturación de traballo, estas serían aboadas na nómina de maio.

O departamento de Recursos Humanos terá informados, o traballador e comité de empresa, das horas acumuladas por mes.

Artigo 23º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal afectado polo presente convenio será de 30 días naturais para tódolos traballadores.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico e será o seu desfrute obrigatorio.

A empresa poderá organizar quendas de vacacións en función da carga e urxencia dos traballos en curso que hai que realizar.

Todo o persoal será informado cun mínimo de dous meses ó comezo das súas vacacións, do período que lle corresponde.

Establecerase, de común acordo, o calendario laboral para o ano 1998.

Artigo 24º.-Licencias retribuídas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior, poderá faltar ó traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e durante o tempo que a continuación se expón:

1. Quince días naturais en caso de matrimonio.

2. Tres días naturais por nacemento de fillo legalmente recoñecido, que poderán ser prorrogados por un día máis en caso de xustificada enfermidade, cando o traballador necesite realizar un desprazamento para o efecto, garantíndose que destes tres días, dous serán laborables.

3. Catro días naturais por falecemento de cónxuxe, fillos, pais, sogros e irmáns, que poderán ampliarse a un día máis, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

4. Dous días laborables por falecemento de avós, avós políticos, noras, xenros, netos, cuñados, que poderán ampliarse a catro días naturais, cando medie necesidade de desprazamento para o efecto.

5. Tres días naturais en caso de grave enfermidade dos familiares comprendidos nos apartados 3 e 4.

6. Durante un día por traslado do seu domicilio habitual.

7. Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que dispoña en canto á duración da ausencia e compensación económica.

8. Falecemento por accidente durante a xornada laboral dun compañeiro de traballo: todo o persoal o resto da xornada laboral.

9. Por enterramento dun traballador de Rodman Polyships, S.A.: unha representación dos traballadores ata un máximo de cinco, polo tempo necesario para a asistencia ó enterramento.

10. Un día natural por matrimonio de pais, irmáns, fillos e netos.

Artigo 25º.-Licencias sen soldo.

Avisando coa debida antelación e aceptado pola empresa de non supoñer unha alteración importante dos medios productivos, o traballador poderá solicitar licencia sen soldo por causa xustificada ou ampliación das do artigo 24º.

A duración desta licencia será a necesaria e para determinar entre empresa e traballador.

Artigo 26º.-Asistencia a consultas médicas.

O traballador, logo de aviso e xustificación posterior polo facultativo, poderá faltar ó traballo ou ausentarse del con dereito a toda a súa remuneración por un máximo de tres horas para a asistencia á consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social; e polo tempo imprescindible, no caso de asistencia a consulta de especialista da Seguridade Social.

Tamén, poderán faltar ó traballo para asistir a consultas de médicos privados, logo de aviso e xustificación posterior, cun máximo de 3 horas, como no caso de asistencia á consulta de facultativos da Seguridade Social.

Artigo 27º.-Excedencias.

Haberá que aterse ó disposto no artigo 46 do Estatuto dos traballadores, e artigo 9º da Lei orgánica de liberdade sindical.

Capítulo VI

Retribución de persoal

Artigo 28º.-Sistema retributivo.

As retribucións anuais do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base e os complementos e pluses deste.

Artigo 29º.-Pagamento de retribucións.

O pagamento de retribucións realizarase mensualmente a través das diversas entidades bancarias.

Os días de cobramento fixaranse de común acordo no calendario laboral de cada ano.

En canto ós anticipos haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente; solicitaranse con 48 horas de anticipación.

Artigo 30º.-Descrición das retribucións.

As retribucións anuais do persoal estarán formadas polos seguintes conceptos:

A) Salario base.

B) Complemento persoal non absorbible.

C) Plus de antigüidade.

D) Plus de asistencia e puntualidade.

Artigo 31º.-Salario base.

A táboa de salario base mínima anual para 1998 por cada grupo profesional é a seguinte:

-Grupo 1 3.562.569.-Grupo 2 2.993.013.-Grupo 3 2.518.068.-Grupo 4 2.377.144.-Grupo 5 2.235.632.-Grupo 6 2.129.472.-Grupo 7 2.024.952.-Grupo 8 1.961.937.-Grupo 9 1.898.648.-Grupo 10 1.666.460.-Grupo 11 1.577.522.

Artigo 32º.-Axuda de custos de manutención.

Establécese para 1998 unha axuda de custos de manutención de 400 ptas. por día de asistencia ó traballo. Esta axuda de custos aplicaráselle soamente ó persoal que preste os seus servicios no horario de luns a venres de 8 a 13 horas e de 14 a 17.15 horas.

Artigo 33º.-Complemento persoal non absorbible.

Co fin de salvagarda-lo dereito adquirido polos traballadores a título persoal, en función da súa procedencia de orixe, a empresa continuará aboando en concepto de complemento persoal non absorbible (CPNA). Estas cantidades non poderán ser absorbidas ou compensadas por outros conceptos retributivos, salvo acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 34º.-Plus de antigüidade.

Establécese un plus de antigüidade, para tódolos traballadores, de 36.000 pesetas/ano por quinquenio, pagadoiro en doce mensualidades de igual contía e calculado en función da data de alta na empresa da seguinte forma:

Alta do 1 ó 15: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes en que se cumpre o quinquenio.

Alta do 16 a fin de mes: a antigüidade considérase desde o día 1 do mes seguinte en que se cumpre o quinquenio.

Artigo 35º.-Plus de asistencia e puntualidade.

Aboarase un plus de asistencia e puntualidade, consistente nun 6,7% calculado sobre a suma do salario base e o CPNA, e pagadoiro en doce mensualidades de igual contía.

A súa percepción estará suxeita á normativa que se recolle como anexo I do presente convenio.

Artigo 36º.-Gratificacións extraordinarias.

As retribucións que perciban os traballadores por tódolos conceptos antes enumerados terán a consideración de retribucións brutas anuais e, polo tanto, inclúen 2 pagas extraordinarias que serán distribuídas en doce meses.

Artigo 37º.-Axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a poboacións distintas daquela onde radique o centro de traballo, percibirán:

a) Unha axuda de custos para manutención e aloxamento de acordo co seguinte criterio e distribución:

-Realizando unha comida fóra e durmindo no seu domicilio: 1.810 ptas.

-Realizando dúas comidas fóra e durmindo no seu domicilio: 3.085 ptas.

-Por durmir e almorzar fóra de domicilio: 3.937 ptas.

b) Os gastos de locomoción serán por conta da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis idóneo.

Se entre empresa e traballador se acorda que o desprazamento sexa en vehículo propio do traballador, establécese unha compensación de 32 ptas. por km, co que quedan cubertos tódolos factores do custo, excepto a peaxe de autoestrada.

c) Se o desprazamento ou viaxe non orixina gasto ningún por locomoción, manutención aloxamento, etc., por asumilo a empresa na súa totalidade, a empresa non aboará ningunha cantidade en concepto de locomoción, axuda de custos, etc.

Se por realización de traballos dentro da localidade onde se encontra o centro de traballo, o traballador se encontrase realizando horas extraordinarias de acordo cos artigos 21º e 22º deste convenio, na que se vise imposibilitado de desprazamento ó seu domicilio para efectua-los xantares ou ceas, a empresa aboará por cada unha delas a cantidade de 816 ptas. Polo suposto do almorzo aboará a cantidade de 255 ptas.

Artigo 37º bis.-Viaxes en xeral.

1. Por día en que se durma fóra do domicilio, aboaráselle ó traballador o valor de dúas horas extras, pagadas como tales horas extras, sen compensalas por tempo de descanso mailas horas traballadas que excedan de 8 h 15 m.

2. Se o traballo se desempeña en países con vida especialmente dura, en países como Angola, Mozambique, etc., gratificarase por día en que se durma fóra do domicilio con 3.060 ptas. máis horas traballadas que excedan de 8 h 15 m.

3. As horas de viaxe consideraranse todas como horas normais traballadas, excepto sábados, domingos, festivos e pontes, que serán consideradas como horas extras.

4. Cando o traballador vaia navegando 24 ou máis horas nun buque en garantía, efectuando reparacións, con aloxamento e manutención a bordo, con

siderarase traballada a xornada completa nos días laborables, e ademais recibirá unha gratificación de 5.100 ptas./día.

Ós sábados, domingos, festivos e pontes, daráselle-lo mesmo tratamento, en canto ás horas, como se se traballase en factoría, recibíndose así mesmo a cantidade de 5.100 ptas. por día como gratificación.

Artigo 37º bis 1.-Traballos suxeitos a mobilidade xeográfica.

A todo traballador da factoría de Ríos que preste os seus servicios na factoría de Moaña, seralle aplicado o horario establecido no artigo 20, é dicir, traballará de 8 h a 13 h, e de 14 h a 17.15 h polo que a non presentación no posto de traballo á hora de comezo indicada, ou o seu abandono, antes do seu remate, terá a consideración de infracción, por incumprimento do convenio.

Todo traballador suxeito ó presente convenio que no seu traslado a ese centro de traballo se vexa obrigado á utilización da autoestrada de peaxe (ponte de Rande) percibirá como compensación a cantidade de 1.375 ptas. por día de traballo.

Aboaráselles a tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio, que presten os seus servicios na factoría de Moaña, a cantidade de 100 ptas. por cada día de asistencia ó traballo.

Artigo 38º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos.

Se, maila os medios dispostos e medidas tomadas, se presentase de forma puntual un traballo considerado tóxico, penoso ou perigoso, aboaráselle ó persoal afectado e polo tempo que dure este traballo un complemento do 10% do salario base de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 39º.-Roupa de traballo.

A empresa proverá gratuitamente o persoal que polo seu traballo o necesite das seguintes pezas de roupa de traballo anuais, para o seu uso obrigatorio:

Persoal obreiro de laminación: 3 fundas.

Resto de persoal obreiro: 2 fundas.

Persoal empregado: 2 fundas ou batas.

Ó persoal de novo ingreso faráselle entrega de dúas fundas no momento de inicia-los seus servicios na empresa, salvo que o seu contrato sexa temporal.

Para aqueles traballos que o requiran, por unha especial sucidade, disporase dun stock de fundas para tal cometido, sendo a súa limpeza responsabilidade da empresa. Especialmente refírese a engraxe de guindastre, limpeza de cárteres, limpeza de tanques, montaxe de tubos impregnados en aceite e traballos a criterio do xefe de departamento.

Entregáraselle un par de botas de seguridade a aquel persoal que, dunha forma sistemática, realice

traballos nos que teñan risco de accidente nos pés, a criterio da dirección de producción ou traballen en zonas de combustibles ou aceites.

Ó persoal de laminación entregaránselle dous pares de calzado adecuado. Ó resto do persoal entregaráselle un par de botas.

A empresa, así mesmo, dotará de roupa e calzado impermeable: guantes, polainas, guantes de goma, etc. ó persoal que o necesite.

A entrega das pezas anteriormente indicadas será sempre efectuada contra entrega das que hai que repoñer.

A empresa escoitará o comité de empresa en canto á calidade das pezas de roupa.

Artigo 40º.-Seguro de vida, invalidez e accidente.

Manterase o seguro colectivo de vida, invalidez e accidente, por conta da empresa durante a vixencia do presente convenio. Os valores asegurados para 1998, son os seguintes:

Falecemento: 1.800.000 pesetas.

Invalidez absoluta e permanente: 1.800.000 pesetas.

Morte por accidente: 3.6º0.000 pesetas.

Morte por accidente de circulación: 5.400.000 pesetas.

Artigo 40º bis.-Fondo social.

Créase un fondo social que estará composto por unha achega do 2,8 por mil mensual, calculado sobre o salario bruto de cada traballador, e que será achegado pola totalidade dos traballadores suxeitos ó presente convenio, achegando a empresa ó dito fondo unha cantidade mensual do 4,5 por mil. Este fondo será xestionado por dous representantes da empresa, e dous representantes dos traballadores, quedando pendente a creación duns estatutos que regulen a distribución destes fondos.

Capítulo VII

Réxime disciplinario

Artigo 41º.-Sancións.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa, de acordo coa gradación de faltas e sancións que se establecen nos artigos seguintes.

Os expedientes disciplinarios que puidesen existir no momento de asinamento do convenio quedarán prescritos ó seu asinamento.

Artigo 42º.-Gradación das faltas.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase atendendo á súa importancia, trascendencia e intención, en leve, grave ou moi grave.

Artigo 43º.-Faltas leves.

Considéranse faltas leves as seguintes, entre outras:

1. O incumprimento inxustificado do horario de traballo cando non supoña falta grave.

2. Non notificar previamente ou dentro das 24 horas seguintes á falta a razón da ausencia ó traballo, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. O abandono do posto de traballo sen causa fundada, aínda cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia del se lle orixinase prexuízo dalgunha consideración á empresa ou fose causa de accidente ós seus compañeiros de traballo, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

4. Pequenos descoidos na conservación do equipo e do material.

5. Non utilización da roupa de traballo obrigatoria.

6. Non atende-lo público, compañeiros, subordinados ou superiores coa corrección e dilixencia debidas, se é o caso.

7. Non lle comunicar á empresa os cambios de residencia e domicilio.

8. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa. Se tales discusións producisen escándalo notorio, poderán se consideradas como faltas graves ou moi graves.

9. Faltar ó traballo un día ó mes sen causa xustificada.

10. Falta de aseo e limpeza persoal.

Artigo 44º.-Faltas graves.

Considéranse faltas graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de tres faltas non xustificadas de puntualidade, superiores a cinco minutos, na asistencia ó traballo nun período de trinta días naturais e de seis faltas, calquera que sexa o atraso, no mesmo período.

2. Ausencia sen causa xustificada, por dous días durante un período de trinta días naturais. Abondará unha soa falta cando tivese que relevar a un compañeiro ou cando, como consecuencia dela, se lle causase prexuízo dalgunha consideración á empresa, sen avisala durante a primeira hora de traballo.

3. Non comunicar, coa puntualidade debida, os cambios experimentados na familia que poidan afectar á Seguridade Social. A falta maliciosa nestes datos considérase como falta moi grave.

4. Entregarse a xogos ou distraccións nas horas de traballo.

5. A simulación de enfermidade ou accidente.

6. A desobediencia ós seus superiores en calquera materia de traballo. Se implicase quebranto mani

festo da disciplina ou dela se derivase prexuízo notorio para a empresa, poderá ser considerada como falta moi grave.

7. Disimula-la presencia doutro traballador, fichando, contestando ou asinando por el.

8. Neglixencia ou desidia no traballo que afecte á boa marcha do servicio.

9. A imprudencia en acto de traballo, se implicase risco de accidente para o traballador, para os sus compañeiros ou perigo de avaría para as instalacións, poderá ser considerada como moi grave. En tódolos casos, considerarase imprudencia en acto de servicio o non uso da roupa de seguridade e aparellos de seguridade de carácter obrigatorio.

10. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada, así como empregar ferramentas da empresa para usos propios.

11. A embriaguez fóra de acto de servicio vestindo o uniforme da empresa, sempre que polo uniforme poida identificarse a empresa.

12. A reincidencia en falta leve (excluída puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e feita comunicación escrita.

13. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

Artigo 45º.-Faltas moi graves.

Considéranse como faltas moi graves as seguintes, entre outras:

1. Máis de doce faltas non xustificadas de puntualidade, cometidas nun período de seis meses ou vintecatro durante un ano.

2. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas e o furto ou roubo, tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante o traballo en calquera outro lugar.

3. Facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en primeiras materias, útiles, ferramentas, maquinaria, aparellos, instalacións, edificios, enxoval e documentos da empresa.

4. A condena por delicto de roubo, furto, estafa ou malversación cometidos fóra da empresa, ou por calquera outra clase de feito que poida implicar para esta desconfianza respecto ó seu autor, e, en todo caso, a de duración superior a seis anos dictada polos tribunais de xustiza.

5. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que produza queixas xustificadas dos seus compañeiros de traballo.

6. A embriaguez habitual ou toxicomanía se repercute negativamente no traballo.

7. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa ou revelarlles, a elementos estraños a ela, datos de reserva obrigada.

8. Os malos tratos de palabra ou obra, abuso de autoridade, falta grave de respecto e consideración ós xefes, compañeiros e subordinados, ou ós seus familiares.

9. Causar accidentes graves por neglixencia ou imprudencia.

10. Abandona-lo traballo en posto de responsabilidade.

11. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal do traballo sempre que non estea motivada polo exercicio de dereito ningún recoñecido polas leis.

12. O orixinar frecuentes rifas e loitas cos compañeiros de traballo.

13. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de se ter producido a primeira.

14. O abuso de autoridade que se puidese cometer por parte dos mandos ou con delegación de mando será sempre considerado como falta moi grave e sancionarase en consecuencia, entendendo polo dito abuso cometer un feito arbitrario con infracción manifesta e deliberada dunha norma ou precepto legal que prexudique notoriamente a un inferior.

15. As faltas inxustificadas de asistencia ó traballo, durante 3 días consecutivos ou 5 alternos, nun período de 30 días.

Artigo 46º.-Réxime de sancións.

Correspóndelle á empresa a facultade de impoñer sancións nos termos do estipulado no presente convenio.

A sanción das faltas, calquera que sexa a súa gravidade, requirirá comunicación escrita e motivada ó traballador.

No caso de sancións graves ou moi graves, a empresa antes de impoñe-la sanción escoitará ó traballador e ó comité de empresa as alegacións pertinentes.

Artigo 47º.-Sancións máximas.

As sancións máximas que poderán impoñerse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

a) Por faltas leves: amoestación verbal, amoestación por escrito, suspensión de emprego e soldo ata dous días.

b) Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

c) Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo, nos supostos en que a falta fose cualificada dun grao máximo.

Artigo 48º.-Prescrición.

A facultade da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días, a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión.

Capítulo VIII

Seguridade e saúde

Artigo 49º.-Comité de seguridade e saúde.

O comité de seguridade e saúde e ó órgano paritario e colexiado destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

1.1. Serán funcións do dito comité, a observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde no traballo. Os representantes da empresa e dos traballadores participan na planificación, programación, organización e control relacionado coa mellora nas condicións de traballo, e a protección da seguridade e saúde dos traballadores. Tamén participan na avaliación a posta en práctica dos plans e programas de prevención de riscos da empresa.

Tamén poderán proporlle á empresa a adopción de medidas disciplinarias en contra dos traballadores que infrinxan as normas de seguridade e saúde.

1.2. Composición do comité de seguridade e saúde: o comité estará formado polos delegados de prevención dunha parte, e polo empresario ou os seus representantes, en número igual ó dos delegados de prevención da outra. O número de delegados de prevención establécese en función do número de traballadores da empresa, e correspóndenlle nesta caso tres delegados, é dicir, o comité de seguridade e saúde estará composto por seis membros, ou sexa, tres por cada parte.

1.3. O comité de seguridade e saúde reunirase trimestralmente, e sempre que o solicite algunha das súas representacións. O comité adoptará as súas propias normas de funcionamento.

1.4. O comité de seguridade e saúde coñecerá as actividades dos servicios de prevención, que poden ser propios ou concertados cunha empresa especializada externa.

1.5. No tocante ás súas competencias e facultades, así como ás obrigas da empresa e dos traballadores, aplicarase o que determine a Lei de prevención de riscos laborais e o seu regulamento de desenvolvemento.

Artigo 50º-51º.-Servicios de prevención.

Os servicios de prevención poden ser popios ou alleos. Os servicios de prevención proporcionaranlle á empresa o asesoramento e apoio no que se refire a:

a) Establecemento dun mapa de riscos.

b) O deseño, aplicación e coordinación dos plans e programas de actuación preventiva.

c) A avaliación dos factores de risco que poidan afectar á seguridade e saúde dos traballadores, nos termos previstos na lei.

d) A determinación das prioridades na adopción das medidas preventivas adecuadas e a vixilancia da súa eficacia.

e) A información e formación dos traballadores.

f) A prestación dos primeiros auxilios e plans de emerxencia.

g) A vixilancia da saúde dos traballadores en relación cos riscos derivados do traballo.

O servicio médico de empresa quedará integrado nos servicios de prevención. Outras funcións dos servicios de prevención son:

1. Estudio e vixilancia das condicións de traballo e ambientais para obter e conserva-los valores óptimos posibles de ventilación, iluminación, temperatura e humidade nos locais de traballo.

2. Determinar e previ-los factores de microclima laboral en canto poidan ser causantes de efectos nocivos para a saúde dos traballadores.

3. Promoción e conservación en boas condicións dos servicios hixiénicos xerais, vestiarios, lavabos, duchas, retretes, auga potable, residuais e outros análogos.

4. Vixilancia da saúde dos traballadores para detectar precozmente e individualiza-los factores de risco e deterioración que poidan afectar á saúde destes.

5. Recoñecementos previos á admisión de novos traballadores.

6. Recoñecementos médicos anuais.

7. Recoñecementos para verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador, tendente a protexelo.

8. Estudio e valoración de riscos que poidan afectar ás traballadoras en situación de embarazo ou parto recente, ós menores e os traballadores especialmente sensibles a determinados riscos.

9 Diagnóstico das enfermidades profesionais e a súa prevención.

10. Investigación das causas de enfermidade ou accidente de traballo.

11. Preparación dos traballadores seleccionados para as prácticas de auxilios e urxencias, e colaboración directa na organización de equipos de salvamento.

No non previsto nestes artigos aplicarase o que determina a Lei de prevención de riscos laborais 31/1995, do 8 de novembro, e o Regulamento dos servicios de prevención, Real decreto 39/1998, do 17 de xaneiro.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 52º.-Comité de empresa.

O comité de empresa é o órgano representativo e colexiado do conxunto dos traballadores da empresa.

O comité de empresa, para o seu mellor funcionamento na defensa dos intereses dos traballadores, ós que representa, poderá organizarse nas comisións que considere pertinentes.

O comité de empresa disporá, durante a vixencia do presente convenio, dun local de uso exclusivo, dotado dos seguintes elementos: arquivo, máquina de escribir, teléfono con liña local, mesas, cadeiras e calefacción.

Artigo 53º.-Reunións comité e dirección.

Por petición motivada do comité ou da dirección da empresa celebrarase unha reunión mensual, cunha orde do día que será coñecida por ámbalas partes cunha semana de antelación.

Artigo 54º.-Competencias do comité de empresa.

1. Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes competencias:

1.1. Recibir información, que lle será facilitada trimestralmente sobre a evolución xeral do sector económico ó que pertence a empresa, sobre a situación da producción e vendas da entidade sobre o seu programa de producción e evolución probables do emprego na empresa.

1.2. Anualmente coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, de cantos documentos se lles dean a coñecer ós socios.

1.3. Emitir informe con carácter previo á súa execución pola empresa, sobre as reestructuracións de cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais e as reduccións de xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións empresariais e sobre os plans de formación profesional da empresa.

1.4. Emitir informe en función da materia que se trate:

a) Sobre a implantación ou revisión do sistema de organización do traballo e calquera das súas posibles consecuencias, estudios de tempos, establecemento de sistema de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

b) Sobre a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa cando iso supoña calquera incidencia que afecte o volume de emprego.

1.5. Ser informados do modelo ou modelos de contrato de traballo que habitualmente utilice a empresa.

1.6. Coñece-las estatísticas sobre o índice de absentismo e as súas causas, os accidentes de traballo e enfermidades profesionais e as súas consecuencias, así como os índices de sinistralidade.

1.7. Exercer un labor de vixilancia sobre as seguintes materias:

a) No cumprimento das normas vixentes en materia laboral e de Seguridade Social, así como o resto dos pactos, condicións e usos de empresa en vigor, formulando, se é o caso, as accións legais oportunas ante a empresa e os organismos ou tribunais competentes.

b) Na calidade da docencia e da efectividade dela nos centros de formación e capacitación da empresa.

c) Da vixilancia e control das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo da empresa.

1.8. Participar, como regulamentariamente se determine, na xestión de obras sociais establecidas na empresa en beneficio dos traballadores ou dos seus familiares.

1.9. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e o incremento da productividade na empresa.

Artigo 55º.-Capacidade e sixilo profesional.

1. Recoñéceselle ó comité de empresa capacidade como órgano colexiado para exercer accións administrativas ou xudiciais en todo o relativo ó ámbito da súa competencia, por decisión maioritaria dos seus membros.

2. Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto observarán sixilo profesional en todo o referente ós números 1, 2, 3 e 4 do apartado 1 do Art. 64 do Estatuto dos traballadores, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado.

Artigo 56º.-Selección de persoal.

O comité velará non só para que nos procesos de selección de persoal se cumpra a normativa pactada, senón tamén polos principios de non discriminación, igualdade de sexos e fomento dunha política racional de emprego.

Artigo 57º.-Outras cuestións sindicais.

Para o funcionamento do comité de empresa, así como para a regulación de asembleas, folga, peche patronal e demais cuestións sindicais, haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Artigo 57º bis.-Tutela da liberdade sindical e represión das conductas anti-sindicais.

En canto á tutela da liberdade sindical e represión das conductas sindicais, haberá que aterse ó esta

blecido nos artigos 12 e 13 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, e demais lexislación vixente.

Artigo 58º.-Garantías.

As garantías son as que regula a lexislación vixente e, ademais, as seguintes:

a) Ningún membro do comité de empresa ou delegado sindical poderá ser despedido ou sancionado durante o exercicio das súas funcións nin dentro do ano seguinte ó da expiración do seu mandato, salvo que este se produza por revogación ou demisión e sempre que o despedimento ou a sanción se baseen na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación, sen prexuízo, polo tanto, do establecido no artigo 54 do Estatuto dos traballadores. Se o despedimento ou calquera outra sanción por supostas faltas graves ou moi graves obedecese a outras causas, deberá tramitarse expediente contradictorio, no que serán oídos, á parte do interesado, o comité de empresa e o delegado do sindicato ó que pertenza, se o houber. No suposto de despedimento de representantes legais dos traballadores, a opción corresponderalles sempre a eles, sendo obrigada a readmisión se o traballador optase por esta.

b) Posuirán prioridade de permanencia na empresa ou centro de traballo, respecto dos demais traballadores nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

c) No poderán ser discriminados na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón do desempeño da súa representación.

d) Poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social, comunicándolle todo iso previamente á empresa e exercendo tales tarefas de acordo coa normativa vixente.

e) Disporán do crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determine.

Os membros do comité de empresa, pertencentes a unha mesma central sindical, poderán acumular total ou parcialmente nun ou varios dos seus membros o crédito de horas mensuais retribuídas que a lei determina con carácter persoal ou individual.

O acordo de acumulación de horas seralle comunicado á empresa mediante escrito asinado por tódolos interesados.

f) Sen supera-lo máximo legal, poderán ser consumidas as horas retribuídas de que dispoñen os membros do comité, co fin de preve-la asistencia deles a cursos de formación sindical organizados polos seus sindicatos, institutos de formación ou outras entidades, congresos, etc. e outros actos convocados pola súa central sindical.

g) Por solicitude dos sindicatos, con autorización escrita dos traballadores interesados, a empresa descontará na nómina mensual destes, o importe da cota sindical correspondente, que se ingresará na conta corrente que designe cada sindicato.

Artigo 59º.-Seccións sindicais e dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto na lexislación vixente.

Artigo 60º.-Lexislación vixente.

En todo o non previsto neste convenio haberá que aterse ó que dispón a legalidade vixente.

Artigo 61º.-Partes negociadoras.

O presente convenio foi negociado entre o comité de empresa e a dirección desta.

Capítulo X

Contratos para a formación

Artigo 62º.-Contrato para a formación.

Aplicarase todo o que determina a Lei 63/1997, do 26 de decembro.

ANEXO I

GrupoHoras extras

normais

Horas extras nocturnas,

domingos e festivos

11.992,002.160,00

21.860,002.098,00

31.798,002.036,00

41.736,001.974,00

51.674,001.912,00

61.612,001.850,00

71.550,001.787,00

81.538,001.705,00

91.476,001.630,00

101.406,001.549,00

111.340,001.474,00

ANEXO II

Plus de asistencia e puntualidade (mes)

1. Asistencia.

Enténdese como a presencia real no traballo. Salvo as seguintes razóns, que haberá que xustificar documentalmente polos días indicados:

-Licencias retribuídas segundo os artigos 24º e 26º.

-Accidente: ausencia por accidente de traballo.

-Ausencia por falecemento de tíos.

Á parte dos descontos por tempo non traballado descontarase do plus:

1.1. Por falta desde comezo xornada:

-Por 1 falta: 10%.-Por 2 faltas: 30%.

-Por 3 faltas: 70%.-Por 4 faltas: 100%.

1.2. Por saídas dentro de xornada:

-Por 1 saída: 10%.-Por 2 saídas: 30%.-Por 3 saídas: 70%.-Por 4 saídas: 100%.

Dentro do marco da negociación do convenio colectivo de Rodman Polyships, S.A. para o ano 1998, ámbalas partes negociadoras acordaron que as baixas continuadas inferiores a 7 días só se terán en conta para efectos de plus do mes no que comezou a dita baixa.

2. Puntualidade.

Enténdese como entrada real ó traballo de acordo coas quendas e horarios establecidos.

Haberá un horario de entrada da quenda, e unha segunda e única opción, media hora máis tarde, con desconto do tempo indicado e considerada como falta de puntualidade.

Á parte dos descontos por tempo non traballado descontarase por falta de puntualidade:

-1 falta: se nos dous meses naturais anteriores non tivo ningunha: cero.

Se tivo falta: 10%.

-2 faltas: 25%.

-3 faltas: 50%.

-4 faltas: 100%.

Os descontos por a) b) e c) serán acumulativos dentro do mes e deducidos do plus de asistencia e puntualidade aboada no mes.

ANEXO III

Acordo puntual entre o comité de empresa

e a dirección da empresa

Se por necesidades probadas de producción, derivadas das esixencias da carga de traballo, a empresa se vise na necesidade de modifica-lo horario de traballo durante a xornada diaria, para atende-la obra ou obras xurdidas de forma excepcional, poderá solicitar dos gremios correspondentes o número de traballadores necesarios, correspondendo estes á dita necesidade productiva.

A empresa respectará as alegacións, motivos e inconvenientes que os traballadores afectados puidesen expoñer de forma razoable, salvo cando iso non lle produza graves prexuízos á obra.

Os traballadores afectados nestes supostos non traballarán máis de 10 horas dentro da mesma xornada.

Esta modificación puntual no horario cesará no momento en que desaparezan as causas que motivaron a dita modificación no horario establecido con carácter xeral para todo o cadro de persoal (Art. 20) do convenio colectivo.

A empresa comunicaralles ó traballador ou traballadores afectados, así como ó comité de empresa coa suficiente antelación, a necesidade de aplica-lo aquí regulado, motivos e previsión de prazo de obra.

As horas realizadas en exceso á xornada normal, como son as mencionadas anteriormente, terán a consideración de horas extras e o seu pagamento efectuarase, tal como establecen os Arts. 21-22 do convenio colectivo.

Tódalas horas realizadas en sábados, domingos, festivos e pontes serán aboadas na súa totalidade como horas extraordinarias.

3302