Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos da Asociación Gallega de Mejilloneros.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron deposiados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Mejilloneros que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas persoas físicas ou xurídicas, con domicilio social na Comundade Autónoma galega, que se dediquen única e exclusivamente á producción e comercialización do mexillón.

Asinan a acta de constitución: representantes da Sociedad Cooperativa Limitada Mejilloneros de Galicia (Socomgal), e representantes da Asociación de Productores Mejilloneros de Cabo de Cruz, entre outros José Rouco Camiña e Ramón Rodríguez Rodríguez.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3491