Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto con trámite de urxencia, do servicio de limpeza das oficinas de emprego da provincia de Lugo.

A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 1/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: limpeza das oficinas de emprego de Lugo.

b) División por lotes e número:

c) Lugar de execución: oficinas de emprego de Lugo, Becerreá, Burela, Chantada, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.

d) Prazo de execución: desde o 16 de maio ata o 31 de decembro de 1998, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: 3.166.950 ptas., IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 126.678 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Delegación Provincial.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 70-3º andar.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: (982) 29 43 43.

e) Telefax: (982) 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70-3º, ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes:

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Delegación Provincial.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 70-3º.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán ó dispor dos licitadores nas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 30 de marzo de 1998.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

2181