Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.121

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se renova a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Enmacosa, con domicilio na Rúa das Conchas, 8, 36960 Sanxenxo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2, 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio

para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12.h e 18.3º.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo resolveu:

Renovarlle a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorio de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Enmacosa, con domicilio na Rúa das Conchas, nº 8, 36960 Sanxenxo (Pontevedra), polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, nas áreas de:

-HA área de control de formigón en masa ou armado e os seus materiais constituíntes: cemento, áridos, auga, aceiro para armaduras, adicións e aditivos co número 15023HA92.

-SE área de ensaios de laboratorio de mecánica do solo co número 15024SE92.

-ST área de mostras inalteradas, ensaios e probas in situ de solos co número 15025ST92.

-SV área de solos, áridos, mesturas bituminosas e os seus materiais constituíntes en viais co número 15026SV92.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

2182