Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCION do 20 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Empresarios y Profesionales del Ayuntamiento de Sanxenxo.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na sección de mediación, arbitraxe e conciliacion desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Empresarios y Profesionales del Ayuntamiento de Sanxenxo que abranguen os seguintes ámbitos:

Territorial: municipal.

Profesional: Empresarios y Profesionales del Ayuntamiento de Sanxenxo.

Asinan acta de constitución: Santigo Banet López de Rego e tres persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 20 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

3078