Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.119

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 35 e 54/98.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia poden interpoñer recurso ordinario perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos que de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

-Expediente nº: 35/98.

Acta nº: 1431/97.

Titular: Jesús Barreiro, S.L.

NIF/DNI: B-15.473.044.

Enderezo: Neaño, s/n, Cabana de Bergantiños.

Materia: S.H.

Data Res.: 27-2-1998.

Sanción: 260.100 ptas.

-Expediente nº: 54/98.

Acta nº: 1636/97.

Titular: Congravi, S.L.

NIF/DNI: B-15.462.286.

Enderezo: Lg. Pazos, Padrón.

Materia: S.H.

Data Res.: 27-2-1998.

Sanción: 0 ptas.

A Coruña, 17 de marzo de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

2963