Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Martes, 21 de abril de 1998 Páx. 4.087

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, DO convenio colectivo da empresa Citroën Hispania, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Citroën Hispania, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo Sindicato Independiente de trabajadores de Citroën en Pontevedra (SITC), en data 10-3-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 23 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo 1998

Título I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Partes contratantes.

O presente convenio colectivo foi negociado e subscrito pola empresa Citroën Hispania, S.A. e o Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën en Pontevedra (SITC), recoñecéndose como interlocutores válidos para os efectos do artigo 87.1 da Lei do Estatuto dos traballadores (LET), co ámbito territorial e persoal que máis abaixo se indica.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

De acordo co establecido no artigo 83.1º LET, o ámbito territorial do convenio é o dos centros de traballo da empresa Citroën Hispania, S.A., existentes na actualidade na provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal pertencente ó cadro de persoal da empresa coas excepcións que a normativa vixente prevé.

Con respecto ó persoal con contrato de duración determinada, seralle de aplicación o presente convenio colectivo, excepto naqueles aspectos del que colisionen coa temporalidade dos ditos contratos.

Artigo 4º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do día 1 de xaneiro de 1998, a excepción daqueles aspectos do articulado que conteñen vixencias concretas.

Terá unha vixencia dun ano, expirando o 31 de decembro de 1998 o, se é o caso, naquelas datas en que así se indique expresamente.

Artigo 5º.-Prórroga e denuncia.

Este convenio prorrogarase pola tácita de ano en ano, de non mediar denuncia expresa por escrito dunha parte ante a outra, con tres meses de antelación ó seu vencemento.

Artigo 6º.-Condicións e compensación de melloras.

As condicións contidas neste convenio colectivo establécense co carácter de mínimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que en cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 7º.-Comisión paritaria do convenio.

En cumprimento do disposto no Art. 85.2º e) LET, a partir da entrada en vigor deste convenio crearase unha comisión paritaria para a interpretación do convido, integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

As reunións desta comisión celebraranse cada tres meses, salvo apreciación de urxencia por algunha das representacións. Entre a solicitude de reunión e a súa celebración mediará un prazo de 48 horas como mínimo.

Consideraranse como acordos da comisión aqueles que fosen aprobados por maioría dentro das dúas partes; as discrepancias serán reflectidas en acta. En caso de non haber acordo, farase que se reflictan as diferencias. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e asesoramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección resolverá o que considere procedente no prazo de oito días e notificarállelo a aqueles, por se deciden acudir coa súa reclamación ante a instancia competente.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Título II

Persoal

Artigo 8º.-Cadros de persoal.

A empresa dará a coñecer no transcurso do mes de marzo de cada ano un rexistro do persoal ó servicio dela, ordenado polo seu número e facendo consta-los seguintes datos: nome e número do traballador, data de antigüidade na empresa, categoría laboral e a súa antigüidade nela e servicio en que traballa. Así mesmo, cando algún traballador motivadamente o requira, expediráselle un documento no que se exprese a profesión ou oficio e funcións que desempeñou durante a súa permanencia na empresa.

Unha copia deste rexistro seralles entregada ós representantes legais dos traballadores xunto cun anexo no que figurará un resumo do número de compoñentes de cada categoría.

Estes datos referiranse á situación laboral e profesional dos traballadores no 1 de xaneiro de cada ano de publicación do rexistro.

Respecto ás bases de cotización á Seguridade Social, haberá que aterse ó disposto na normativa legal vixente.

Artigo 9º.-Persoal de novo ingreso (período de proba).

A) Ó persoal de novo ingreso faráselle un contrato de traballo por escrito, debendo quedar no seu poder unha copia del.

Os períodos de proba para o persoal de novo ingreso serán os seguintes:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Técnicos non titulados: 2 meses.

-Administrativos: 1 mes:

-Subalternos: 1 mes.

-Aprendices e profesionais de oficio: 1 mes.

-Peóns e especialistas: 2 semanas.

As contratacións baixo a modalidade de contrato en prácticas terán un período de proba mínimo de dous meses.

B) Citroën Hispania, S.A. entregaralle á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deban celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato a excepción do número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afecta-la intimidade persoal.

A copia básica entregaráselles nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato ós representantes legais dos traballadores, que a asinarán para efectos de acreditaren que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviarase á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM a copia básica remitirase, xunto co contrato, á oficina de emprego. Nos restantes supostos remitirase exclusivamente a copia básica.

Citroën Hispania, S.A. notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo, a copia básica das cales foi entregada, así como as denuncias correspondentes, no prazo dos dez días seguintes a aquel en que tivese lugar.

Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións da empresa sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como dos supostos de subcontratación.

Os representantes legais dos traballadores observarán sixilo profesional, non podendo utiliza-la dita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Citroën Hispania, S.A., con ocasión da extinción do contrato, ó lles comunicar ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o aviso previo da súa

extinción, deberá xuntar unha proposta do documento de liquidación das cantidades debidas.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder ó asinamento do recibo da liquidación, facéndose constar nel o feito do seu asinamento en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se a empresa impedise a presencia do representante no momento do asinamento, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

Calquera modificación que puidese experimenta-la normativa legal vixente suplía a conseguinte adaptación do texto do presente apartado en idéntico sentido.

Artigo 10º.-Contratación eventual.

De conformidade co establecido no artigo 15.1º b) da Lei do Estatuto dos traballadores, as partes acordan a aplicación da vixencia máxima dos contratos alí establecidos na medida pactada no convenio sectorial do metal.

Artigo 11º.-Conversión de contratos.

De acordo co establecido na disposición adicional primeira da Lei 63/1997, do 26 de decembro, a empresa poderá proceder á conversión de contratos de duración determinada ou temporais en contratos para o fomento da contratación indefinida, regulados na norma citada.

Artigo 12º.-Categorías.

O persoal de Citroën Hispania, S.A. estará encadrado nas categorías profesionais que determina a ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica e de conformidade coas definicións que figuran nos seus anexos. Á parte das diferentes categorías existentes na actualidade na empresa, esta poderá crear outras que supoñan unha adaptación ás súas propias características.

En tal sentido, as categorías de especialistas e profesionais quedan estructuradas como segue:

-Especialistas.

-Especialistas cualificados de 3ª.

-Especialistas cualificados de 2ª.

-Especialistas cualificados de 1ª.

-Profesionais de 3ª.

-Profesionais de 2ª.

-Profesionais de 1ª.

-Profesionais técnicos.

As citadas categorías de persoal horario están amparadas polo sistema de clasificación profesional anexo a este convenio colectivo.

Artigo 13º.-Comisión de seguimento do sistema de clasificación profesional do persoal horario.

Créase unha comisión de seguimento de clasificacións profesionais, constituída por un representante de cada sindicato con presencia no comité de

empresa, que deberá de ser membro de tal órgano representativo ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa. A comisión é competente para a exposición e resolución das dúbidas de interpretación que poidan formularse e, en xeral, para o seguimento da aplicación deste sistema.

Artigo 14º.-Postos especiais do persoal horario.

Aínda dentro dunha determinada categoría existen postos de traballo de diferente valor que son retribuídos de maneira distinta, mediante a prima de cualificación de posto. Nos casos especiais en que aínda non é tecnicamente posible a medición do traballo e a aplicación dun incentivo directo, cunha prima de cualificación de posto, como son os xefes de equipo especialistas, a empresa manterá as primas fixas de cualificación de posto actualmente establecidas e que de acordo coas posibilidades dos servicios técnicos irán sendo substituídas polos sistemas de incentivos.

En calquera caso e para un mesmo posto e un mesmo rendemento, a retribución que no seu día resulte destes incentivos non deberá ser inferior á que globalmente se veña percibindo coas primas fixas de cualificación de posto.

Artigo 15º.-Xefes de equipo especialistas.

Dentro dos postos especiais citados no artigo anterior, defínese este como o do traballador que, coa categoría de especialista, asume o control do traballo dun grupo de especialistas ou peóns, baixo as ordes dun superior xerárquico, debendo estar en condicións de efectuar traballos manuais por suplencia do persoal ó seu cargo, ou cando as circunstancias o requiran.

Neste caso, cando un traballador desempeña tales funcións durante un período dun ano consecutivo ou durante tres alternos, se despois cesa na súa función, manteráselle, con carácter de mínima, a prima de cualificación establecida para o dito posto, ata que polo seu ascenso a superior categoría quede superada.

Artigo 16º.-Traslados.

A) Traslados interiores.

A empresa poderá efectua-los traslados interiores que sexan necesarios por razóns organizativas de traballo, se ben procurará, dentro do posible, atende-las peticións de traslado a outros postos de traballo que sexan solicitados polo persoal do cadro.

Cando por razóns organizativas sexa necesario trasladar persoal dalgúns talleres a liñas de montaxe, terminación, pintura, fosfatación e embutición (grandes e pequenas prensas), farase por orde de antigüidade na empresa entre o persoal daqueles talleres, empezando polos de menor antigüidade. Se o traballador ó que pola súa antigüidade lle corresponde ser trasladado estivo xa nalgún destes talleres por un período mínimo de dous anos ou ten limitacións determinadas polo servicio médico da empresa que lle impidan o traballo nos ditos talleres, o traslado efectuarase na persoa que o siga en antigüidade. Quedan á marxe desta norma os especialistas cualificados e profesionais.

Os traballadores especialistas que ocupen postos de traballo tóxicos, de liña de montaxe de vehículos ou de grandes prensas, serán trasladados, a petición propia, a outros postos que non presenten estas características e substituídos por persoal de novo ingreso, sempre que se produza contratación exterior, de acordo coas seguintes normas:

1ª Levar máis de tres anos nun dos ditos postos.

2ª A orde de preferencia para o traslado será:

a) Postos tóxicos.

b) Liña de montaxe de vehículos ou grandes prensas.

3ª Dentro de cada grupo darase preferencia á maior antigüidade no posto.

Por razóns organizativas, o número máximo de traslados por este último motivo quedará limitado a vinte cambios mensuais, dos que catro serán de postos tóxicos, e, dezaseis dos restantes postos.

En tódolos traslados a que fai referencia o presente apartado A), teranse en conta as aptitudes que sexan necesarias para o bo desempeño do posto.

B) Traslados a outros centros de traballo.

Haberá que aterse á normativa legal vixente, excepto que a empresa non faga uso do dereito de sanciona-las faltas moi graves co traslado forzoso a distinto centro de traballo que supoña cambio de domicilio.

C) Traslados especiais.

O 31 de decembro de 1998 ningún especialista pintor de cabinas de revestimentos terá máis de 5 anos de antigüidade no posto. Todos aqueles pintores de cabinas de revestimentos que pola expresada circunstancia fosen trasladados a outros postos, transcorridos polo menos tres anos, poderían ser novamente destinados a aquela actividade por un período non superior a dous anos. O indicado anteriormente non rexerá para aqueles traballadores que voluntariamente acepten a permanencia nos ditos postos.

Durante 1998 efectuarase a substitución de polo menos o 20% dos traballadores do taller de aplicación de insonorizante (I.S.S.), non contabilizándose para tal porcentaxe o cadro de persoal de traballadores con permanencia voluntaria en tales postos.

Así mesmo, no taller de aplicación de Tectyl e durante 1998, manterase o criterio de substitución daqueles traballadores cunha permanencia efectiva no posto que supere dezaoito meses.

Artigo 17º.-Ascensos.

A) Ascenso automático a categoría superior.

Para as categorías que se indican a continuación, os traballadores ascenderán automaticamente cando leven nelas os seguintes períodos de tempo:

-Auxiliar de organización a técnico de organización de segunda, un ano.

-Calcador ou auxiliar delineante a delineante de segunda, un ano.

-Auxiliar administrativo a oficial de segunda administrativo, un ano.

-Auxiliar de laboratorio a analista de segunda, un ano.

-Dependente auxiliar a dependente, un ano.

B) Existindo vacantes por baixas de persoal no cadro.

A empresa convocará concursos que permitan clasifica-lo persoal para cubrir por ascenso o 100% das vacantes producidas por baixas de persoal, salvo que a vacante sexa amortizada ou poida ser cuberta por un traballador excedente de igual categoría.

C) Existindo vacantes por aumento de cadro de persoal.

As vacantes que se produzan por este motivo cubriranse nun 50% por concurso e nun 50% por libre designación da empresa. Se non puidesen ser cubertas as vacantes por este sistema de promoción interna, a empresa recorrerá á contratación.

D) Xunta de control de cualificación.

Para os concursos previstos nas letras B) e C), constituirase unha xunta de control composta por:

1 representante do servicio de formación.

1 membro do comité de empresa da mesma especialidade e categoría, se existise; de non ser así, o da especialidade e categoría máis similar.

1 membro do comité de empresa da categoría superior ou similar no caso de non existir aquel.

1 representante do servicio onde se produza a vacante.

As probas dos concursos serán teórico-prácticas e consistirán nun exame das aptitudes profesionais.

En caso de igual puntuación, daráselle prioridade á maior antigüidade do traballador na súa categoría.

Para cada concurso a empresa confeccionará un programa e un baremo de puntuación, oída a xunta de control de cualificación. O programa permitiralles ós traballadores preparárense, ben asistindo ós cursos internos, se os houber, ben por preparación libre. A convocatoria para realiza-las probas será feita pública, polo menos, cunha antelación de 30 días.

Poderán presentarse ós concursos para cubrir prazas nos grupos obreiro, administrativo e técnico, nas súas diversas categorías, os traballadores que teñan unha antigüidade mínima de doce meses na categoría inferior correspondente ós postos que se vaian cubrir dentro do grupo profesional respectivo.

Unha vez cualificadas as probas profesionais polo servicio de formación, someteranse á Xunta de Control de Cualificación para a súa verificación. Dentro da xunta de control, o servicio de formación posuirá o voto de calidade.

No caso de que ningún candidato fose considerado apto nos concursos convocados, corresponderalle á empresa proceder a cubri-la dita vacante.

E) Exceptúanse do réxime de ascensos especificado nos apartados B) e C) na súa totalidade, os ascensos a xefes de 1ª e 2ª administrativos e de organización e, en xeral, os ascensos que impliquen exercicio de autoridade ou mando sobre outras persoas e os postos de confianza da empresa, así como o ascenso de peón a especialista.

F) Para os efectos establecidos nos apartados B) e C), o cadro de persoal a considerar será o existente en profesionais, técnicos ou administrativos, no momento de producirense vacantes por variación de cadro de persoal.

Título III

Réxime de traballo

Artigo 18º.-Xornada laboral.

Establécese que a xornada será a mesma en horas efectivas de traballo en cómputo anual para todo o persoal, excepción feita da xornada a tempo parcial que se establecerá nos correspondentes contratos de tal natureza.

O número de horas efectivas de traballo en cómputo anual será de mil setecentas cincuenta e dúas horas, non entrando no cálculo deste cómputo de horas ningún tipo de descanso (incluso os retribuídos).

O persoal a quendas disporá dun día de permiso ou a parte proporcional correspondente se traballase neste réxime por período inferior a un ano, retribuído segundo o Art. 20º, que se desfrutará individualmente na data en que se desexe se as necesidades do servicio o permiten.

Non obstante o anterior, a empresa, en función das súas necesidades organizativas ou productivas, terá a facultade de establece-lo desfrute colectivo do dito día con ocasión da confección do calendario laboral de cada ano.

Para efectos de xornada máxima legal semanal realizarase o cálculo correspondente tomando en consideración o cómputo anual. Ámbolos contratantes acordan que a xornada pactada, o calendario laboral e horarios en vigor son aplicación da normativa legal vixente.

Cando o persoal a quendas traballe unha xornada durante a cal non lle corresponda traballar ó de quenda central, nos servicios e talleres destes últimos estableceranse, a criterio dos correspondentes responsables, reténs de asistencia segundo as necesidades que aqueles aprecien. Ós afectados por estes reténs compensaránselle-las horas traballadas coas do día da semana que elixan, de acordo coas necesidades do servicio.

Artigo 19º.-Vacacións.

O período de vacacións será de trinta días naturais.

Artigo 20º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración polo tempo e os motivos que máis abaixo se indican. A remuneración á que aquí se fai referencia consistirá en salario convenio e antigüidade, adicionándose para o persoal horario a prima de producción

correspondente ós días ou horas de licencia coincidentes con xornadas laborables.

Matrimonio: 15 días naturais.

Nacemento fillo: 3 días laborables, que se poderán desfrutar dentro dos sete días seguintes ó parto. En caso de necesidade de desprazamento, serán 4 días.

Falecemento:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: 5 días naturais.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 3 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 3 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 3 días naturais.

-De tíos (irmáns dos pais do traballador ou do seu cónxuxe): 1 día natural.

Se existe necesidade de desprazamento nestes catro últimos casos, corresponderá un día natural máis.

Enfermidade grave:

-De pais, fillos e cónxuxe do traballador: ata 3 días naturais (valorando circunstancias de cada caso). En caso de necesidade de desprazamento, corresponderá un día máis.

-De avós, netos e irmáns do traballador: 2 días naturais.

-De pais, avós, netos e irmáns do cónxuxe: 2 días naturais.

-De xenros, noras e cónxuxe do irmán do traballador: 2 días naturais.

Se existe necesidade de desprazamento nestes tres últimos casos, corresponderán dous días naturais máis.

Matrimonio: de pais, fillos, irmáns e netos: 1 día natural.

Traslado de domicilio habitual: 1 día natural.

Cumprimento de deber público: polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, con posterior xustificación.

Artigo 21º.-Excedencias.

As excedencias concederanse de acordo co establecido na ordenanza laboral siderometalúrxica e LET.

A empresa admitirá o excedente nun prazo de quince días a partir da data en que expire a súa excedencia, sempre que o solicitase dentro do prazo regulamentario e que se encontre en condicións de aptitude para o seu traballo habitual.

Ó serlle concedida a excedencia daráselle ó traballador un certificado do servicio médico da empresa no que consten as súas condicións de aptitude ou limitacións para o traballo, sempre que aquel o solicite.

Se un traballador, trancorrido como mínimo o 75% do tempo de excedencia concedido, solicitase o seu reingreso, admitirase a súa solicitude para a primeira vacante que exista da súa categoría.

O comité de empresa poderá solicitar que se lle dea coñecemento dos rexeitamentos que se producisen na solicitude de reingreso dos excedentes.

Artigo 22º.-Xubilación.

Co fin de propicia-la consolidación da empresa e os seus postos de traballo, así como a eventual posibilidade de creación de novos empregos, establécese a xubilación obrigatoria á idade de 65 anos, tendo en conta que os traballadores da empresa, en xeral, alcanzan a esa idade as condicións para causar dereito á pensión de xubilación co 100% da base reguladora.

En consecuencia, cumpridos os 65 anos, o traballador causará baixa na cadro de persoal da empresa, salvo que non reúna o tempo mínimo de carencia para causar dereito á pensión de xubilación; neste caso poderá continuar traballando polo tempo indispensable para iso.

Título IV

Réxime de retribucións

A. Tempos e rendementos.

Artigo 23º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados ata a data polos servicios técnicos da empresa, podendo ser: estimados, provisionais e definitivos. Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la primeira cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por apreciación.

Consideraranse como tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operario.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballo na segunda cronometraxe, que se realizará axiña que as condicións mecánicas e operatorias se encuentren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe para os postos individuais, nin de doce para as liñas e traballos colectivos.

Artigo 24º.-Revisión dos tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos casos seguintes:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operatorio, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise do posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gamas e follas de análises.

e) Nos postos considerados como de tempos variables por circunstancias alleas a eles, como retoque de chapa por transporte, recuperación de pezas porosas, etc., os tempos serán revisados periódica e sistematicamente sen alcanzaren nunca a consideración de definitivos.

Nos casos de discrepancia individual haberá que aterse ó que se establece no artigo 10 da ordenanza de traballo siderometalúrxica.

Artigo 25º.-Aplicación dos tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización de traballo non aconselle o contrario.

Cando un traballador deba pasar dun posto productivo a outro productivo non parecido, facilitaráselle que no novo posto consiga o seu Kb habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o primeiro mes o valor do Kb obtido nas últimas tres semanas, sen supera-lo Kb medio obtido nos dous últimos meses no posto anterior.

Esta compensación, que durará como máximo un mes, deixará de facerse se o traballador non mellora diariamente o seu Kb. Se o cambio se produciu despois dos dez primeiros días laborables do mes, ou dura menos dunha semana, impedíndolle chegar a un Kb razoable, pagaráselle todo o mes segundo o Kb proporcional que resultaría de seguir, en todo el, o mesmo progreso observado nos días de aprendizaxe.

Se traballa en grupos colectivos, cobrará o Kb que obteña o grupo, e para que o dito Kb non baixe con motivo da falta de práctica do novo traballador, emitiránselle a este solicitudes de crédito de aprendizaxe diarias, en función das horas doutros traballadores productivos que haxa que empregar para complementa-lo posto do novo traballador.

Estas solicitudes seranlle aboadas, así mesmo, segundo o Kb medio que obteña o grupo ata un máximo de vinte horas para cambio de posto dentro dun mesmo grupo ou cando xa traballase no dito grupo, e, ata un máximo de corenta horas, nos demais casos.

Proporcionaráselle a todo traballador, se o solicita, o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima, e nas liñas, o das operacións asignadas ó dito traballador, especificado por operacións, así como o programa de producción por modelos.

Artigo 26º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado Kb = 0'75, equivalente a 45 minutos hora, para efectos do disposto na normativa legal vixente, así como para os efectos disciplinarios oportunos.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador, para efectos do preceptuado no artigo

54.2º, apartado e) LET, o que viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podéndose considerar como período para determina-lo dito rendemento normal un mínimo dun mes e un máximo dun ano. Cando non existe medio de comparación propio dun posto de traballo, considerarase como rendemento normal o que obtivesen outros traballadores no mesmo posto ou similar.

O período de tempo para determinar que existe continuidade no baixo rendemento a que se refiere o dito artigo 54.2º, apartado e) LET, será diferente segundo se trate dun traballador ou ben afecte a un grupo de traballadores, máxime, se como consecuencia diso se derivase escándalo ou producise indisciplina ou incitación a outros traballadores a secundar tal actitud.

No que se refiere a traballadores que ocupan postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento, que éste se producise no período dun mes después de ter sido apercibido.

Artigo 27º.-Comisión paritaria de tempos.

Constitúese unha comisión paritaria de tempos integrada por un representante de cada sindicato con presencia no comité de empresa, que haberá de reuni-la calidade de integrante de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos representantes da empresa, uns e outros cos seus respectivos suplentes.

As discrepancias que ó respecto xurdan haberán de ser sometidas necesariamente ó estudio da comisión. Esta reunirase unha vez ó mes e, excepcionalmente, cando por maioría se aprecie a urxencia dun problema. As horas de tales reunións non serán computables dentro das do crédito sindical.

Ós compoñentes da dita comisión impartiráselles, se se xulga preciso, sesións formativas de introducción no sistema de cronometraxe.

Anexo ó apartado A. Tempos e rendementos.

1. A velocidade das liñas de montaxe non se variará dentro dun mesmo reparto.

2. En canto á información sobre os repartos (operacións que se van realizar e o seu tempo), que poderá ser escrita ou verbal, e como ampliación ó indicado ó respecto no Art. 25º Aplicación dos tempos, facilitarase:

-Nº de vehículos previstos que se van producir por xornada dentro de cada período.

-Composición por modelos, prevista en cada liña.

-En canto ás opcións importantes, sexan estas pola súa cantidade ou polo tempo de realización, dado que afectan a un número reducido de traballadores, informarase delas verbalmente ós afectados.

3. Así mesmo, e con independencia de seren oídos os representantes dos traballadores en tódolos casos que consideren que existe unha aplicación de tempos e rendementos incorrecta, estes temas deberán ser tratados pola comisión paritaria de tempos.

4. En xeral, nos aspectos de información sobre cambios de reparto ou cambios de programación substanciais, afondarase no sentido de que exista unha maior comunicación e información nos talleres afectados.

B. Condicións económicas.

Artigo 28º.-Retribución do persoal horario.

Componse de salario convenio, prima de producción (nos casos establecidos) e prima de cualificación de posto (nos casos establecidos).

As táboas contidas nos artigos 29 e do 32 ó 36 deste mesmo texto increméntanse nun 2,7% sobre os valores existentes o 31-12-1997.

Artigo 29º.-Salario convenio.

O salario convenio que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o seguinte:

Ptas./horaPtas./día-Aprendices332,652.661,20-Peóns453,793.630,32-Especialistas476,843.814,72-Especialistas cualificados de 3ª483,073.864,56-Especialistas cualificados de 2ª489,293.914,32-Especialistas cualificados de 1ª495,513.964,08-Profesionais de 3ª559,804.478,40-Profesionais de 2ª587,374.698,96-Profesionais de 1ª614,014.912,08-Profesionais técnicos638,915.111,28

Nota.-En tanto non se integren no novo sistema de Clasificación Profesional, mantense a categoría de:

-Especialistas cualificados488,163.905,28

Artigo 30º.-Homoxeneización das horas de pagamento dos conceptos fixos do persoal horario.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican os conceptos salariais fixos (salario convenio e antigüidade), o total de horas/ano polas que se aboan estes conceptos distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

En consecuencia, as horas que hai que ter en conta para a homoxeneización no aboamento dos conceptos fixos en 1998, son:

Horas ordinarias ano2.680

Vacacións 240

Pagas extras 480

Total3.400

Media por paga 242'86

As diferencias de horas ordinarias de conceptos fixos que haxa que aplicar en cada paga, se axustarán á táboa seguinte:

Período pagaHoras

Homoxen.

Horas Ordins.

Concept. fixos

Horas por

Extras/Vacac.

Diferencias

(*)

Xaneiro242'86248 -5'14
Febreiro242'86224 +18'86
Marzo242'86248 -5'14
Abril242'86240 +2'86
Maio242'86248 -5'14
Xuño242'86240 +2'86
Extra242'84240 +2'84
Xullo242'8620840 -5'14

Período pagaHoras

Homoxen.

Horas Ordins.

Concept. fixos

Horas por

Extras/Vacac.

Diferencias

(*)

Agosto242'8664184 -5'14
Setembro242'86240 +2'86
Outubro242'86248 -5'14
Novembro242'86240 +2'86
Extra242'84240 +2'84
Decembro242'8623216 -5'14

3.400'002.6807200

NOTAS:

1. As diferencias (*) aplicaranse sempre, sumándose ou restándose ás horas devengadas en cada mes.

2. O concepto de diferencias incluiranse en nómina nunha rúbrica independente, coa denominación de: Homog. conceptos fixos.

3. As perdas de horas de aboamento valoraranse como ata a data, deducíndose das que correspondan por calendario.

4. Como consecuencia da homoxeneización das horas de pagamento dos conceptos fixos, a cotización á Seguridade Social efectuarase por cómputos de 30 días por mes, de igual forma que no persoal mensual.

Artigo 31º.-Primas de producción.

As primas de producción devengaranse e aplicaranse segundo o establecido no artigo 37º deste texto.

A información e o cálculo de rendemento (tiras de Kb) realizarase mensualmente.

Artigo 32º.-Primas de producción directa.

O minuto producido terá un valor de 4,9874 ptas. ata 54 minutos/hora (Kb = 0,90) e de 5,4205 ptas. para os minutos/hora que excedan de 54, ou, o que é o mesmo, aplicaranse as fórmulas seguintes:

-Ata Kb 0,90 prima=299'25 x Kb ptas./hora.

-Desde Kb 0,91 prima=(325'23 x Kb) - 23,38 ptas./hora.

Artigo 33º.-Primas de producción indirecta.

Pagaranse de acordo co coeficiente de rendemento obtido e mediante a aplicación da fórmula seguinte:

-Prima en ptas./hora=(224,02 x coef.) + 85,87.

Artigo 34º.-Primas de cualificación de posto de peóns e especialistas.

Devénganse sobre os tempos establecidos no artigo 37º e a partir, como é habitual, do rendemento Kb = 0,75, cos valores seguintes:

1 0,0785 ptas./minuto producido.

2 0,1370 ptas./minuto producido.

3 0,2736 ptas./minuto producido.

4 0,5270 ptas./minuto producido.

5 0,7418 ptas./minuto producido.

6 1,0323 ptas./minuto producido.

7 1,2847 ptas./minuto producido.

8 1,5727 ptas./minuto producido.

9 1,8629 ptas./minuto producido.

A prima fixa de cualificación de posto establécese en:

Para xefes de equipo especialistas: 127,76 ptas./hora.

Artigo 35º.-Primas de postos non cronometrados.

A prima fixa para os postos non cronometrados establécese nos seguintes valores:

Aprendices: 192,50 ptas./hora.

Peóns: 193,51 ptas./hora.

Especialistas (tódalas categorías): 213,65 ptas. /hora.

Profesionais de 3ª: 238,42 ptas./hora.

Profesionais de 2ª: 247,42 ptas./hora.

Profesionais de 1ª: 254,72 ptas./hora.

Profesionais técnicos: 254,72 ptas./hora.

Artigo 36º.-Prima de período de descanso.

O período de descanso (bocadillo) do persoal horario a quendas retribuirase segundo a seguinte fórmula:

P = 299,25 x 0,60 = 179,55 ptas./hora.

Artigo 37º.-Aplicación das primas de producción en persoal horario.

Aplicaranse sobre:

a) Tempos efectivos de traballo, co valor correspondente ó rendemento realizado individual ou colectivamente.

b) Tempos improductivos, ó valor mínimo garantido (Kb = 0,60).

c) Vacacións, 30 días ou a súa proporción.

d) Pagas extraordinarias de xullo e Nadal, 25 días ou a súa proporción.

e) Horas de licencias retribuídas, conforme o artigo 20.

Para os apartados c), d) e e), aplicarase o valor que sexa media das primas de producción obtidas nos tres últimos meses traballados.

Artigo 38º.-Homoxeneización das horas de pagamento das primas de producción.

Co fin de homoxeneiza-lo número de horas sobre as que se aplican as primas de producción, o total de horas/ano polas que se aboan as ditas primas distribúese uniformemente entre as 14 pagas anuais actuais.

Para que a homoxeneización sexa uniforme tanto para o traballo a quendas como para o quenda central, as horas correspondentes ó descanso por bocadillo, propio do persoal a quendas, non se toman en consideración para efectos do seu cómputo como diferencias de horas, aboándose segundo o artigo 36.

En consecuencia, as horas que se van ter en conta para a homoxeneización no aboamento das primas de producción en 1998, son:

Horario traballo

a quendas

Horario quenda

central

Horas ordinarias ano1.751,501.752
Vacacións 240 240
Pagas extras 400 400
Total2.391,502.392
Media por paga 170,821 170,86

As diferencias de horas ordinarias de prima de producción que se van aplicar en cada paga axustaranse ás bases seguintes:

Horario traballo a quendasHorario quenda central

Período

paga

Horas

Homox.

Horas Ord.

Prima Prod.

Horas por

extras/vacacións

Diferencias

(*)

Horas Homox.Horas Ord.

Prima Prod.

Horas por

extras/vacacións

Diferencias

(*)

Xaneiro170,821155,0015,821170,8616010,86
Febreiro170,821155,0015,821170,8616010,86
Marzo170,821162,758,071170,861682,86
Abril170,821155,0015,821170,8615218,86
Maio170,821155,0015,821170,8615218,86
Xuño170,821170,500,321170,861682,86
Extra170,821200-29,179170,84200-29,16
Xullo170,821139,5040-8,679170,8614440-13,14
Agosto170,82146,50184-59,679170,8648184-61,14
Setembro170,821170,500,321170,861682,86
Outubro170,821162,758,071170,8616010,86
Novembro170,821162,758,071170,8616010,86

Horario traballo a quendasHorario quenda central

Período

paga

Horas

Homox.

Horas Ord.

Prima Prod.

Horas por

extras/vacacións

Diferencias

(*)

Horas Homox.Horas Ord.

Prima Prod.

Horas por

extras/vacacións

Diferencias

(*)

Extra170,821200-29,179170,84200-29,16
Decembro170,821116,251638,571170,861121642,86

2.391,5001.751,5064002.392,001.7526400

NOTAS:

As diferencias (*) aplicararanse sempre, sumándose ou restándose ás horas de traballo efectivo realizadas en cada mes.

O cálculo do valor da prima en vacacións e pagas extras, así como das diferencias que se van aplicar en cada paga, efectuarase como habitualmente consonte amedia do realizado nos tres últimos meses traballados.

Nesta hipótesis de días de traballo en cada mes, consideraranse:

3.1. Para o persoal a quendas:

15 días no mes de decembro.

3.2. Para a quenda central:

19 días en abril, 19 días en maio, 21 días en xuño, 21 días en setembro, 20 días en outubro, 20 días en novembro e 14 días en decembro.

Artigo 39º.-Prima de puntualidade e asistencia.

É un complemento destinado a premia-la asiduidade e puntualidade ó traballo de todo o persoal.

A) Persoal horario.

Aplicarase sobre as horas ordinarias segundo práctica habitual, fixándose o seu valor en 8,98 ptas./hora para tódalas categorías.

B) Persoal mensual.

Fíxase o seu valor en 13.108 ptas./ano para tódalas categorías.

As condicións xerais de aplicación da prima de puntualidade e asistencia son as seguintes:

-Considérase para estes efectos como tempo de traballo o así definido en LET.

-Computarase e devengarase por meses naturais, con exclusión de pagas extras e vacacións.

-Cada falta de puntualidade ou asistencia ó traballo, considerada inxustificada, determinará a perda dun 25% da prima do mes correspondente.

-As ausencias ou faltas de puntualidade por I.T. (incapacidade temporal) ou permisos regulamentarios non suporán deducción ningunha.

Artigo 40º.-Prima de presencia.

Con obxecto de premia-la presencia continuada no traballo, establécese a prima de presencia para tódolos traballadores da empresa, con suxeición ós seguintes criterios:

1. A prima devengarase por meses naturais completos en situación de alta no cadro de persoal.

2. O traballador que non faltase ó traballo durante o mes percibirá unha prima de 3.617 ptas. por cada unha das doce mensualidades ordinarias que será aboada na nómina correspondente.

O persoal horario terá un complemento de 993 ptas./mes.

No terán a consideración de ausencias para os efectos desta prima:

-As vacacións oficiais.

-Os permisos regulamentarios retribuídos.

-Os descansos derivados de recuperación voluntaria.

3. Para os traballadores a tempo parcial, a prima mensual calcúlase rateándoa conforme a xornada de traballo pactada.

Artigo 41º.-Prima por réxime de traballo a quendas.

É un complemento salarial de posto de traballo aplicable ó persoal en réxime de traballo de quendas rotativas de mañá e tarde.

Devéngase sobre as horas efectivas de traballo e sobre o número de horas que sexan a media de pagas extraordinarias regulamentarias e vacacións. O seu valor fíxase en 36.080 ptas./ano en 1998, o que significa 16,03 ptas./hora.

Artigo 42º.-Traballos tóxicos, penosos ou perigosos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica en canto á determinación dos postos de traballo que teñen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade, pero fixando a contía de 17,85 ptas./hora para todo o persoal afectado por este concepto.

Artigo 43º.-Antigüidade.

Mantense o criterio de trienios para todo o persoal ó que as normas regulamentarias recoñece o dereito

a percibi-la antigüidade e aboarase de acordo cos seguintes tipos:

-Personal horario: 7,42 ptas./hora por trienio=59,36 ptas./día.

-Personal mensual: 25.228 ptas./ano por trienio.

O tope máximo que se vai considerar por este concepto será o de nove trienios.

O complemento por antigüidade devengarase a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada trienio se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño, e a partir de 1 de xullo do ano respectivo nos casos en que o vencemento teña lugar no segundo semestre.

Artigo 44º.-Horas extraordinarias.

Cuando as circunstancias técnicas e productivas así o esixisen, a empresa poderá establece-la realización de horas extraordinarias estructurais ata os límites legais (80 horas por traballador e ano).

A posible realización deste tipo de horas extraordinarias estructurais será voluntaria e terá carácter xeral.

A empresa deberá comunicarlles ós traballadores afectados a necesidade de traballar en horas extraordinarias cunha antelación suficiente, e cando menos deberá efectuarse 24 horas antes do día en que deban realizarse, salvo naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes; neste caso considerarase obrigatoria a prestación.

O valor da hora extraordinaria será de 0,78464 ptas. por cada 1.000 ptas. do salario anual nos conceptos: salario convenio, antigüidade e prima de producción, se é o caso, que individualmente correspondan.

Artigo 45º.-Gratificacións extraordinarias.

As pagas extraordinarias de xullo e Nadal serán aboadas a razón dunha mensualidade equivalente a 30 días cada unha delas, de conformidade co establecido nos artigos 30º, 37º e 38º, se é o caso.

A empresa aboará as ditas pagas extraordinarias completas a tódolos traballadores que estivesen en situación de IT (incapacidade temporal) no semestre anterior, en tanto subsista a obriga de cotizar á Seguridade Social, tomando como prima base a media dos tres últimos meses traballados.

Artigo 46º.-Retribución do persoal mensual e táboa de retribucións mínimas.

A) Os soldos do persoal mensual serán incrementados nun 2,7% sobre os existentes o 31-12-1997.

B) A táboa de retribucións mínimas para o persoal mensual, non obstante, increméntase nun 3%, quedando coas contías seguintes por categorías:

Grupo subalterno.

-Cabo de gardas: 2.813.694 ptas./ano.

-Dependente principal 2.583.446 ptas./ano.

-Cociñeiro principal: 2.583.446 ptas./ano.

-Vixilante: 2.410.763 ptas./ano.

-Cociñeiro: 2.410.763 ptas./ano.

-Almaceneiro: 2.314.823 ptas./ano.

-Chofer: 2.314.823 ptas./ano.

-Dependente: 2.314.823 ptas./ano.

-Cociñeiro auxiliar: 2.199.700 ptas./ano.

-Ordenanza: 2.199.700 ptas./ano.

-Telefonista: 2.199.700 ptas./ano.

-Dependente auxiliar: 2.161.329 ptas./ano.

Grupo administrativo.

-Xefe administrativo de 1ª: 3.504.591 ptas./ano.

-Xefe administrativo de 2ª: 3.120.691 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 1ª: 2.813.694 ptas./ano.

-Oficial administrativo de 2ª: 2.391.577 ptas./ano.

-Auxiliar administrativo: 2.199.700 ptas./ano.

Grupo técnico.

*Técnicos de taller:

-Xefe de taller: 3.504.591 ptas./ano.

-Mestre de taller: 3.235.814 ptas./ano.

-Contramestre: 3.120.691 ptas./ano.

-Encargado: 2.813.694 ptas./ano.

*Técnicos de oficina:

-Delineante proxectista: 3.120.691 ptas./ano.

-Delineante de 1ª: 2.813.694 ptas./ano.

-Delineante de 2ª: 2.583.446 ptas./ano.

-Auxiliar delineante: 2.353.198 ptas./ano.

-Reproductor e arquiveiro planos: 2.199.700 ptas./ano.

*Técnicos de organización:

-Xefe de organización de 1ª: 3.504.591 ptas./ano.

-Xefe de organización de 2ª: 3.235.814 ptas./ano.

-Técnico de organización de 1ª: 2.928.819 ptas./ano.

-Técnico de organización de 2ª: 2.660.200 ptas./ano.

-Auxiliar de organización: 2.410.763 ptas./ano.

*Técnicos de laboratorio:

-Xefe de laboratorio de 1ª: 3.504.591 ptas./ano.

-Xefe de laboratorio de 2ª: 3.120.691 ptas./ano.

-Analista de 1ª: 2.813.694 ptas./ano.

-Analista de 2ª: 2.583.446 ptas./ano.

-Auxiliar de laboratorio: 2.353.198 ptas./ano.

*Técnicos titulados:

-Enxeñeiro: 3.302.556 ptas./ano.

-Licenciado: 3.302.556 ptas./ano.

-Axudante enxeñeiro: 3.302.556 ptas./ano.

-Perito-enxeñeiro técnico: 2.774.133 ptas./ano.

-Diplomado: 2.774.133 ptas./ano.

-Graduado social: 2.774.133 ptas./ano.

-Axudante técnico sanitario: 2.774.133 ptas./ano.

-Asistente social: 2.774.133 ptas./ano.

Artigo 47º.-Revisión salarial.

Se o 31 de decembro de 1998 o IPC do dito ano superase o 2,7%, unha vez constatada de maneira que dea fe tal circunstancia polo Instituto Nacional de Estatística, procederase a unha revisión salarial consistente na elevación dos niveis salariais individuais existentes o 31-12-1997, con efectos a partir do mes en que o IPC superase o dito 2,7%, e a súa contía será o exceso entre o IPC real do conxunto de 1998 e o citado 2,7%. Os correspondentes novos niveis servirían de base para a negociación de salarios de 1999.

Artigo 48º.-Pagamento de nóminas e recibo de salarios.

A liquidación das nóminas de todo o persoal levarase a efecto a finais do mes seguinte ó que correspondan, cubrindo a mensualidade de atraso cunha entrega diferida, por tempo indefinido, equivalente a unha mensualidade neta teórica, calculada cos valores e horarios do convenio colectivo vixente.

Como consecuencia do acordado no convenio colectivo para 1993 relativo ó cambio de pagamento quincenal a mensual no persoal horario, para aqueles traballadores que ingresasen con anterioridade ó mes de maio de 1993 a entrega adiada por tempo indefinido terá un valor equivalente a mes e medio.

Así mesmo, establécese como recibo individual de salarios o modelo actualmente vixente.

Título V

Previsión e política social

Artigo 49º.-Formación.

O desenvolvemento permanente da competencia e profesionalidade do conxunto do persoal, como elemento clave para afrontar adecuadamente o reto que supón a necesaria mellora continua da nosa competitividade, é un obxectivo fundamental dentro da estrategia xeral da empresa establecida no proxecto de empresa 2000.

O plan de formación 1998 responde ás necesidades de formación derivadas do obxectivo xeral descrito anteriormente e prevé unha programación da orde de 165.000 horas, (no se inclúe neste cómputo a formación de persoal de novo ingreso, así como a relacionada co sistema de clasificación profesional

do personal horario) e que abarca as diferentes áreas de formación:

-Automatismos e novas tecnoloxías.

-Organización e métodos.

-Calidade.

-Informática e microinformática.

-Management.

-Tecnoloxía do automóbil.

-Formación específica de procesos productivos.

-Prevención de riscos laborais.

Este plan supón un custo superior ós 450 millóns de pesetas.

A selección para a asistencia ós diferentes cursos obedecerá a criterios obxectivos en función das finalidades sinaladas anteriormente.

Polo menos trimestralmente, a empresa facilitará información á comisión de seguimento sobre tódolos aspectos do plan de formación e a súa avaliación de resultados. A dita comisión de seguimento do plan de formación estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes, membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa.

A comisión establecerá o seu propio calendario de reunións.

Todas aquellas accións do plan de formación susceptibles de seren subvencionadas e que cumpran os requisitos esixidos pola lexislación vixente en cada momento serán obxecto dun proxecto formativo do que o comité de empresa será informado oportunamente.

Artigo 50º.-Bolsas de estudio.

A empresa concederá anualmente bolsas de estudio por un importe de 4.995.000 pesetas.

33 de 30.000 ptas. para carreiras superiores.

22 de 20.000 ptas. para carreiras medias.

120 de 12.000 ptas. para estudios de formación profesional de 1º e 2º grao.

420 de 5.000 ptas. para estudios de EXB/ESO, BUP e COU

5 de 5.000 ptas. para outros estudios.

Atenderanse, en primeiro lugar, as solicitudes para estudios propios do persoal, e, no caso de quedaren bolsas de estudio sen conceder, éstas serán aplicadas ós fillos dos traballadores.

Para percibi-lo importe das bolsas de estudio será imprescindible presenta-lo resgardo de matrícula e as cualificacións do curso.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión das bolsas de estudio que estará integrada

por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 51º.-Seguro de viaxes.

A empresa manterá os seguros de accidentes que actualmente ten establecidos para o persoal que, por necesidades do servicio, teña que desprazarse a unha localidade distinta da da súa residencia habitual.

Artigo 52º.-Seguro de vida.

A empresa manterá o seguro colectivo de vida que ó seu cargo ten actualmente establecido para todo o persoal do cadro de persoal.

O capital asegurado será equivalente ó salario anual, entendiendo por tal, se é o caso, o salario convenio, prima de producción e antigüidade, tomando como referencia o nivel salarial de 1º de xaneiro de cada ano.

Este seguro garante os riscos alternativos seguintes:

-Morte natural: aboamento do capital asegurado.

-Morte por accidente: aboamento de dúas veces o capital asegurado.

-Gran invalidez: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente absoluta: aboamento do capital asegurado.

-Incapacidade permanente total: aboamento do capital asegurado, adquiríndose o dereito no momento de causar baixa na cadro de persoal da empresa e do recoñecemento legal de tal situación.

A cobertura deste seguro alcanza a totalidade da cadro de persoal fixo da empresa en situación de activo, entendendo tamén como tal a situación legal de IT (incapacidade temporal), ata o máximo previsto no artigo 131 bis.2 da Lei xeral da Seguridade Social segundo redacción dada por Lei 42/1994, do 30 de decembro. Para iso, é imprescindible que os afectados, no mes de xaneiro de cada ano, informen e xustifiquen ante a empresa a súas circunstancias. Nestes casos, os capitais asegurados manterán o nivel que tiñan no momento de finaliza-la obrigatoriedade de cotización da empresa á Seguridade Social.

Artigo 53º.-Mutualidade de previsión social.

A achega da empresa á mutualidade de previsión social durante a vixencia do presente convenio fíxase no 49% das cotas para cubri-los fins actuais regulamentarios establecidos nos estatutos e Regulamento de prestacións, aprobados en data 10 de setembro de 1996.

Artigo 54º.-Vivendas.

Citroën Hispania, S.A., para 1998 destinará a cantidade de cinco millóns de pesetas recuperados do

fondo creado en 1981, máis outros cinco millóns de pesetas en concepto de achega excepcional en 1998, como dotación para préstamos destinados á construcción, adquisición ou reparación de vivenda propia que se utilice ou se vaia utilizar como domicilio familiar.

As características principais destes préstamos serán as seguintes:

-Importe máximo 750.000 ptas.

-Prazo de devolución 10 anos.

-Xuros: 4%.

A concesión dos préstamos farase en función da antigüidade na empresa, da situación familiar e dos recursos económicos dos solicitantes.

Constitúese unha comisión paritaria para a concesión dos préstamos que estará integrada por catro representantes titulares e catro suplentes designados pola empresa, e catro vocais titulares e catro suplentes membros do comité de empresa ou delegados sindicais, pertencentes a cada un dos sindicatos con presencia no comité de empresa. A comisión estará presidida por un dos representantes da dirección con voto de calidade.

Artigo 55º.-Financiamento de vehículos.

Establécese para 1998 un sistema de venda de vehículos fabricados por Citroën e comercializados pola súa rede coas condicións xerais seguintes:

-Prezo do vehículo: tomando en consideración os descontos fixados para os traballadores de Citroën Hispania, S.A., segundo modelo.

-Entrada: unha cantidade igual ó importe do imposto de matriculación; en caso de reducción ou supresión deste imposto, como mínimo o 10% do prezo do vehículo ó traballador.

-Financiamento: a un máximo de seis anos (72 pagamentos de igual contía).

-Xuros: 4,5%.

-Forma de pagamento: mediante desconto en nómina (mensualidades).

-Formalización do financiamento: formalizarase en todo caso a través dos departamentos correspondentes da empresa e a entidade financeira.

Modalidade de financiamento:

Un crédito, con amortización (principal máis xuros) entre un e seis anos, a elección do traballador, en períodos de anos completos, a razón de doce pagamentos por ano.

Este sistema é aplicable, así mesmo, a vehículos de ocasión, pero a un prazo máximo de 5 anos (60 pagamentos).

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2º do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima dun ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 10 de marzo de 1999.

Artigo 56º.-Anticipos para compras no economato.

Para realizar compras no economato concederanse anticipos ós traballadores da empresa que o soliciten, que se descontarán na forma habitual.

As contías dos ditos anticipos serán:

-Familia numerosa 66.500 ptas.

-Demais traballadores 56.000 ptas.

Este artigo, segundo o prevido no parágrafo 2º do artigo 4º deste texto, ten unha vixencia máxima dun ano desde a data da sinatura do presente convenio colectivo, é dicir, ata o 10 de marzo de 1999.

Artigo 57º.-Prevención de riscos laborais.

Citroën Hispania, S.A., consciente da súa responsabilidade no ámbito industrial e persoal en relación co seu cadro de persoal, formula, como prioridades, a compatibilidade do seu obxecto social coa calidade de vida de tódolos traballadores, a mellora das condicións de traballo, a formación en materia preventiva dos riscos laborais e o respeto ó medio ambiente. Para iso, Citroën Hispania, S.A. proverá os medios precisos ó seu alcance en colaboración cos traballadores.

Mantense, como principio de xestión da seguridade en fábrica, a integración da prevención de riscos laborais no conxunto de actividades e decisións. Con este fin, cada sector e servicio, coa colaboración do servicio de prevención, elaborará o seu propio plan anual de prevención, os cales serán a base do programa anual de actividades de prevención da factoría de Vigo.

A Lei 31/1995, do 8 de novembro, e o seu desenvolvemento regulamentario, constitúese como a norma básica de actuación para tódalas partes implicadas en materia de prevención de riscos laborais, con independencia doutras normas ou compromisos que se poidan alcanzar coa representación dos traballadores.

Para 1998 establécese especificamente o seguinte:

Con obxecto de analiza-la situación e evolución do centro en materia de prevención de riscos laborais, o director da factoría reunirase co comité de seguridade e saúde cuadrimestralmente, salvo causa de forza maior.

O comité de seguridade e saúde disporá dun crédito aberto de 25.000.000 de pesetas para atende-las demandas que requiran investimento, unha vez valoradas e aceptadas. No prazo de 15 días serán asignados os recursos precisos. Para pequenas melloras de ata 250.000 pesetas, existe un procedemento que permite a súa rápida execución.

Continuarase potenciando as accións xerais de información e sensibilización do persoal en materia de prevención de riscos laborais, mediante apoios gráficos (sinais, carteis, etc.), escritos (manuais, normas, catálogos, CITHISPA 2000, etc.) e audiovisuais.

Facúltase os delegados de prevención para emitiren boletíns de avarías de seguridade que serán cursados co visto e prace do servicio de prevención.

O comité de seguridade e saúde manterá reunións mensuais coa xerarquía dos talleres onde se considere necesario. Nas ditas reunións analizaranse as situacións observadas polos delegados de prevención nas visitas levadas a cabo ós talleres, especialmente en materia de riscos potenciais, uso de pezas de protección persoal, prácticas inseguras, etc.

Continuaranse mellorando os mecanismos necesarios para previ-los posibles riscos laborais derivados da posta en servicio de novas instalacións. O persoal técnico que interveña no deseño e implantación de novas instalacións recibirá unha formación específica sobre seguridade de máquinas.

Periodicamente, o servicio de prevención analizará con cada servicio e sector o grao de cumprimento do plan anual de prevención.

Continuarase co desenvolvemento da ergonomía na empresa, e co fin da adecuación dos postos de traballo ás características persoais de cada traballador desenvolveranse os mecanismos de estudio, análises e mellora das condicións de traballo dos postos existentes na factoría. O persoal técnico recibirá formación específica na análise e deseño ergonómico de postos de traballo.

Realizarase unha campaña de prevención de accidentes in itínere e no fogar.

Os membros do comité de seguridade e saúde observarán o sixilo profesional a que fai referencia o Art. 65 LET sobre todas aquellas cuestións ou datos dos que teñan coñecemento en función da súa designación ou nomeamento, en especial absténdose de trasladalos fóra do ámbito empresarial, excepción feita daqueles órganos da Administración competentes por razón da materia para su inspección e control.

O plan de formación da empresa incluirá a formación teórica e práctica suficiente en materia preventiva, tanto en aspectos xerais como específicos do posto de traballo ou función desenvolvida. Prestaráselle especial atención ó persoal de nova incorporación. Impartirase unha sesión voluntaria de sensibilización á prevención, específica de cada sector ou servicio, ó 25% do persoal nas condicións habituais. O plan de formación incluirá a correspondente ós delegados de prevención.

Potenciaranse as accións necesarias para asegura-la coordinación das actividades empresariais e a información de riscos nos traballos realizados por provedores exteriores, todo iso dentro do marco da normativa de prevención para provedores exteriores de Citroën Hispania, S.A.

Continuarase a desenvolve-lo plan de avaliación de riscos dos diferentes postos representativos da fábrica, co fin de comproba-la adecuación das medidas de prevención e protección tanto colectivas como individuais existentes.

Continuarase a redacción e aplicación do plan de emerxencia, que conterá as medidas necesarias de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación do persoal en caso de emerxencia.

Título VI

Acción sindical

Artigo 58º.-Utilización do crédito de horas polos membros do comité de empresa e delegados sindicais fóra da súa xornada de traballo.

A petición será feita á xerarquía directa, quen cubrirá un documento de desprazamento para membro do comité ou delegado sindical e o porá a disposición do interesado na portería.

Se por circunstancias excepcionais de difícil previsión tivese necesidade de entrar en factoría fóra da súa xornada de traballo e, consecuentemente, non puidese prevelo con anterioridade, poderá solicitar na portería o desprazamento correspondente, que será cuberto polo persoal de vixilancia, tendo que entregar copia del á saída, unha vez finalizada a súa xestión.

As convocatorias por iniciativa da dirección non se imputan sobre o crédito das 40 horas.

Artigo 59º.-Procedemento de resolución de conflictos.

A representación dos traballadores e a empresa obríganse a someter á comisión constituída para o efecto todas aquelas diverxencias que poidan ser obxecto de formulación de conflicto colectivo. As ditas diverxencias, debidamente documentadas, serán obxecto de estudio da comisión ó longo das reunións que ámbalas partes coiden precisas co fin de teren un exhaustivo coñecemento do tema. En caso de desacordo, queda salvagardada a tutela xudicial efectiva.

A dita comisión estará constituída por un membro de cada unha das seccións sindicais con presencia no comité de empresa, que terá que reunir necesariamente a condición de membro de tal órgano ou delegado sindical, e outros tantos membros da empresa.

A propia comisión establecerá as normas do seu funcionamento.

Disposición transitoria

Se por necesidades excepcionais de programación e dentro do límite legal do artigo 34.1º do Estatuto dos traballadores fose preciso realizar xornadas complementarias voluntarias, estas levaríanse a cabo en xornada de sábado pola mañá. Para iso, a empresa exporía motivadamente a necesidade da súa realización ante o comité de empresa cunha antelación mínima de 15 días; o órgano representativo, unha vez oído, emitirá informe preceptivo no improrrogable prazo de 7 días co fin de que a empresa poida proceder a llelo comunicar a tódolos traballadores.

As ditas xornadas exclusivamente realizaríanse unha vez alcanzado o nivel técnico máximo de ins

talacións e esgotado o límite, a título colectivo, de horas extraordinarias, retribuíndose o 95% destas.

Aqueles traballadores que traballasen cinco sábados poderán desfrutar un día de permiso individual ó longo de 1999 á súa libre elección, de acordo coas necesidades do seu taller ou servicio.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Regulación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio e demais normativa de índole xeral, as partes contratantes expresamente conveñen en que o texto da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, do 29 de xuño de 1970, se aplicará a título de dereito dispositivo en tanto que as ditas materias non estean reguladas por normativa expresa.

Segunda.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral, no exercicio das atribucións que lle son propias, invalidase algún dos pactos do convenio, quedaría este sen efecto, debendo ser reconsiderado de novo na súa totalidade, para o que se han de reuni-las partes contratantes.

O presente convenio colectivo para o ano 1998 foi asinado en Vigo o día 10 de marzo de 1998, pola representación da empresa e o Sindicato Independiente de Trabajadores de Citroën en Pontevedra (S.I.T.C.).

Pola empresa:

Andrés F. Alonso Pico, Eloy Álvarez Pérez, Roberto Caamaño Cabanes, José M. Fernández Barbeitos, Antonio Garrote Cobelo, José J. González Estévez, José Mª López González, Miguel A. Puyme Rey.

Por S.I.T.C.:

Antonio Álvarez Rodríguez, Juan Cantos Oliva, Domingo Fernández Valcárcel, Francisco González Novoa, Sergio López Pérez, José L. Ocampo González, Mª Elena Quintas Piñeiro.

Anexo ó convenio

Sistema de clasificación profesional

do persoal horario

(Acordado en convenio colectivo para 1996)

Categorías do persoal horario

É obxectivo común de tódolos integrantes da empresa, plasmado no proxecto empresa 2000, alcanza-lo nivel de competencia, profesionalismo e motivación que os proxectos da empresa esixen.

As permanentes evolucións tecnológicas, que afectan tanto ó producto como ás instalaciones, así como a modernización da organización do traballo fan necesaria a evolución constante das competencias de tódalas persoas da empresa.

O desenvolvemento da competencia e progresión profesional estará baseado en catro piares:

a) O desenvolvemento profesional de cada persoa.

b) O desempeño eficaz de diferentes tarefas

c) A xestión de carreiras

d) Un plan de formación personalizado.

O desenvolvemento profesional estará aberto a tódolos traballadores de Citroën, para o que se porán en servicio os seguintes medios:

1. Sistema de clasificación profesional.

Establécese un sistema de clasificación profesional que permita un desenvolvemento de carreira fluído e continuo e que lles facilite ós traballadores fixos en cadro de persoal a mellora das súas competencias cara a unhas máis amplas posibilidades de evolución.

Consistirá en:

a) Amplia-lo número de categorías profesionais do persoal horario pasando a:

Especialistas: das 2 actuais a 4.

Profesionales: das 3 actuais a 4.

b) Implantar un novo método de valoración de postos máis sinxelo e adaptado ás novas necesidades e profesionalidade derivada da evolución tecnolóxica, que permita:

-Valorar no seu xusto termo os requirimentos profesionais dos postos, independentemente das súas condicións físico-ambientais, e facilitando a ampliación de categorías profesionales, se é o caso.

-Optimiza-la xestión mediante unha mellor adaptación do persoal ós postos de traballo.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade para exercer postos dun nivel de complexidade superior.

Farase unha identificación das competencias e potencial de tódolos traballadores, co fin de orientar e planifica-las accións complementarias para o seu desenvolvemento profesional (formación, adaptación home-posto, etc...).

Por outro lado, desenvolverase o concepto de polivalencia funcional, que se define como a aptitude para dominar completamente unha etapa lóxica na fabricación dun automóbil ou dun proceso productivo.

Enténdese por etapa lóxica na fabricación dun automóbil o conxunto ordenado e relacionado de tarefas dunha ou varias especialidades, propias da técnica de fabricación do automóbil (loxística, control, mantemento, fabricación, etc...).

Enténdese por proceso productivo un conxunto de operacións de producción que teñen por obxecto

obter ou transformar un elemento funcional dun vehículo (carrocería, panel de lado, portas, asentos, etc.).

A polivalencia funcional deberá permitir avanzar en:

-A evolución cualitativa das tarefas.

-O traballo en equipo.

-A apreciación do potencial e a mellora da xestión na previsión de empregos e cualificacións.

1. Sistema de clasificación profesional.

1.1. Valoración de postos.

Como consecuencia da aplicación do método de valoración, os postos quedarán clasificados en 9 niveis de complexidade, identificándose desde o primeiro nivel C1, ata o máis alto, C9.

Clasificación dos postos

ProfesionaisNivel de complexidade 9(C9)
Nivel de complexidade 8(C8)
Nivel de complexidade 7(C7)
Nivel de complexidade 6(C6)
Non profesionais
Nivel de complexidade 5(C5)
Nivel de complexidade 4(C4)
Nivel de complexidade 3(C3)
Nivel de complexidade 2(C2)
Nivel de complexidade 1(C1)

1.2. Correlación entre a clasificación de postos, as novas categorías e as categorías actuais:

Nivel de

complexidade

Novas categorías

profesionais

Categorías profesionais

actuais

C9Profesional técnico
C8Profesional de 1ªOficial 1ª
C7Profesional de 2ªOficial 2ª
C6Profesional de 3ªOficial 3ª
C5Especialista cualificado de 1ª
C4Especialista cualificado de 2ªEspecialista cualificado
C3Especialista cualificado de 3ª
C2EspecialistaEspecialista
C1PeónPeón

1.3. Novas táboas salariais (valores 1995 segundo artigo 26 convenio colectivo):

ActualNovo

CategoríaSalario

convenio

CategoríaSalario

proposto

Profesional técnico1.972.202
Oficial de 1ª1.892.202Profesional de 1ª1.892.202
Oficial de 2ª1.810.058Profesional de 2ª1.810.058
Oficial de 3ª1.725.092Profesional de 3ª1.725.092
Especialista cualificado de 1ª1.509.480

ActualNovo

CategoríaSalario

convenio

CategoríaSalario

proposto

Especialista

cualificado

1.504.364Especialista cualificado de 2ª1.509.480
Especialista cualificado de 3ª1.489.480
Especialista1.469.480Especialista1.469.480
Peón1.398.420Peón1.398.420

1.4. Criterios de aplicación do novo sistema de clasificación.

No momento da aplicación do novo sistema de clasificación procederase de acordo cos seguintes criterios:

Familia de especialistas.

Ós especialistas con contrato indefinido asignaráselle-la categoría profesional que corresponda ó posto ocupado no momento da aplicación deste sistema.

Non obstante, nos casos en que a súa categoría profesional actual fose superior á que resultase da aplicación do novo sistema, respectaráselle a súa categoría actual, garantíndolle en todo caso a retribución que viñese percibindo.

En caso de ocupar no futuro postos de complexidade superior, a diferencia económica resultante será absorbible ata onde alcance.

Tendo en conta que o novo sistema prevé, entre outras posibilidades, a promoción a categoría superior a través da polivalencia funcional, a todos aqueles traballadores polivalentes cunha condición de remuneración que supuxese o incremento na súa cualificación de posto, á aplicación deste novo sistema integraráselles, e se é o caso, complementaráselle-lo o seu salario ata o nivel que corresponda á súa nova categoría e o posto terá a cualificación que corresponda segundo o sistema de valoración actualmente vixente.

Familia de profesionais.

Partindo das categorías actuais, aplicaranse os novos principios de promoción na medida en que os traballadores vaian evolucionando na súa profesionalidade.

2. Procedemento de evolución profesional do persoal horario.

O desenvolvemento profesional do persoal horario está baseado na capacidade do traballador para exercer unha función dun nivel de complexidade superior, ó que pode acceder, en función da dispoñibilidade de postos, como consecuencia de:

-A evolución do propio posto ocupado.

-A mobilidade funcional.

Así mesmo, no caso de non existiren postos de complexidade superior, poderá acceder en función

da capacidade que demostre o traballador para exercer varios postos como consecuencia do desenvolvemento da polivalencia funcional.

Esta progresión profesional está favorecida por unha reorientación e unha formación profesional facilitadas durante todo o desenvolvemento da carreira.

2.1. Principios de progresión ata a categoría especialista cualificado de 1ª.

A progresión profesional ata a categoría especialista cualificado de 1ª baséase na capacidade do traballador para exerce-lo posto ou a función dun nivel de complexidade superior ó desempeñado.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-Una vez implantado e aplicado o sistema de clasificación profesional durante 1996 e situado o persoal horario nas categorías correspondentes ó novo sistema, nun prazo máximo de 5 anos nun nivel correspondente ó do posto exercido, e se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo son xulgadas satisfactorias, proporáselle a cada traballador un posto de nivel de complexidade superior ou unha función de polivalente.

-Unha formación práctica e técnica adaptada ó novo posto facilitará a integración nas novas funcións.

-A promoción ó nivel superior farase, despois dun período de proba de 3 meses, téndose demostrado a obtención de resultados óptimos tanto en calidade como en cantidade de traballo.

-Se a calidade, cantidade, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias e non permiten unha proposta de evolución, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito. Nesta entrevista abordaranse igualmente as posibilidades de reorientación e formación apropiadas.

2.2. Principios de progresión de especialista cualificado de 1ª á categoría profesional de 3ª.

A progresión profesional ata a categoría de profesional 3ª está baseada no recoñecemento do profesionalismo que permite continua-la evolución de carreira dos traballadores que demostren as mellores aptitudes.

Esta progresión desenvólvese da maneira seguinte:

-O acceso a esta categoría producirase mediante a superación dunha proba profesional que terá lugar en función dos postos dispoñibles, unha vez desempeñado satisfactoriamente durante polo menos 5 anos un posto de nivel de complexidade C5.

Para os traballadores con nivel de formación FP2, o mencionado prazo poderá reducirse a dous anos (só ata a categoría profesional de 3ª).

-No caso de non supera-la proba, impartiráselle ó interesado un complemento de formación que inte

gre, segundo as necesidades, formación xeral, técnica e tecnológica co obxecto de poder presentarse de novo á proba.

-Para os traballadores que alcancen a categoría de profesional de 3ª, existirá un procedemento de orientación profesional, baseado en test e entrevistas, que permiten coñece-las características persoais e profesionais de cada candidato, co fin de orientalo cara á vía de evolución máis apropiada.

Este procedemento de orientación profesional poderá así mesmo recomendar formacións susceptibles de mellora-los puntos débiles.

-Se a calidade, cantidade, custos, prazos, cumprimento da normativa de seguridade e nivel de participación no traballo non son satisfactorias, e, en consecuencia, non permiten realiza-la proba profesional, as razóns das insuficiencias serán precisadas no curso dunha entrevista co traballador e confirmadas por escrito.

2.3. Principios de progresión ata a categoría de profesional técnico.

Para o acceso ás categorías de profesional de 2ª, 1ª e profesional técnico seguirase o mesmo procedemento que se describiu para a categoría profesional de 3ª.

3301