Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a liña eléctrica, centro de transformación e rede de baixa tensión de Ludeiros, San Cristovo, no conello de Ramirás (Ourense). (Expediente IN407A 97/82-3 A.T.).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificación na r/ Sáenz Díez número 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outrubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria 1ª da indicada Lei 54/1997.

Na fase de información pública presentaron alegacións os titulares dos predios números 13 e 14 da relación de afectados nas que se solicitaba a variación do trazado da liña eléctrica para que esta discorrera ó longo dun camiño pulico. As ditas alegacións non poden ser estimadas xa que, segundo xustifica a empresa eléctrica, non se dan conxuntamente, na variante proposta, as condicións que establece o artigo 26.1º do Decreto 2619/1966, nin se acommpaña o consentimento dos novos propietarios que resultarían afectados.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funicións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

1. Autoriza-la Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos:

Liña eléctrica aérea, a 20 kV, de 1.164 m en conductor LA-56, derivada desde un apoio da L.M.T. ó centro de transformación (C.T.) do Pazo, con remate no C.T. proxectado en Ludeiros, con 50 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV.

Liña aérea, a 20 kV de 457 m en conductor LA-56, derivada desde eun apoio da L.M.T. a C.T. Covelas e remata no C.T. proxectado en San Cristovo, con 100 kVA e mesma r/t que o anterior.

Redes de baixa tensión no sector.

2. Declara-la de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará

implícita a utorización para o establecimento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios deles e zonas de servidume pública.

3. Que polo representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1996, do 18 de marzo, se dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 21-10-1997, que se publicou no DOG do 9-12-1997, no BOP de Ourense do 1-12-1997 e no xornal diario La Región do 18-11-1997.

Esta resolución non é definitiva en vía administrativa e contra dela poderase interpoñer recurso ordinario, perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día da súa notificación/publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Ourense, 9 de febeiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2886