Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/115-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. de Vilamartin, Penouta.

Situación: Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Descricións técnicas: liña M.T. aérea, a 20 kV de 94 m de lonxitude, en apoios de formigón, conductor LA-56, derivada desde o apoio, sen numerar, da L.M.T. existente en Arcos-Correxais e remata no C.T. aéreo proxectado en Penouta con 50 kVA, R.D.T. 15.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea de 160 m de lonxitude, do C.T. proxectado de Penouta, en conductor R.Z.; liña de baixa tensión aérea de 225 m de lonxitude do C.T. existente en caseta de Vilamartín I; e liña de baixa tensión aérea, de 763 m de lonxitude, en conductor R.Z., do C.T. existenten en caseta de Vilamartín II.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Ourense, 16 de febreiro de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

2884