Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xordos.
Situación: Bande.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 221 m de lonxitude sobre apoios de formigón, coa orixe no apoio número 99 da L.M.T. Conchas-Celanova e rematará no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA 20.000/380-220 V en Xordos. Redes de B.T. en Xordos.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Ourense, 16 de febreiro de 1998.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense
2862