Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/42-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. Ponte de Sar-Ponte Seca.

Situación: Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, en dobre circuíto, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3x(1x240) mm Al, con orixe no C.T. número 6 do Polígono das Fontiñas e final no C.T. Ponte Seca (expediente 30096). Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 12 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2863