Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Luns, 20 de abril de 1998 Páx. 4.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/41-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Lombao.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón (10) e tubulares metálicos (2) e con conductor LA-56, de 1.816 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Penavide (C.T. que hai que suprimir) e final no C.T. Lombao que se instalará. Liña derivada do apoio número 1 da anterior, sobre apoio de formigón, de 46 m de lonxitude e final no C.T. Penavide, que hai que instalar. Liña derivada do apoio número 9, sobre apoio de formigón, de 16 m de lonxitude e final no C.T. Castro que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie, sobre apoios de formigón de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV de Lombao, Penavide e Castro, con redes de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de lonxitudes respectivas de 555 m, 1.080 m e 510 m nos lugares de Muíño

do Vento, Lombao, Dosende, Castro, Vilar e Penavide.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 13 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

2738